Archivo del sitio

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

6ª EDICIÓN DAS SEMANAS DAS CIENCIAS

11 de febreiro. DÍA INTERNACIONAL DA MULLLER E A NENA NA CIENCIA

4ª SEMANA DA CIENCIA. DECEMBRO 2020

IMG_4185

Ciencia

ciencia 2

TABLA PERIÓDICA DAS CIENTÍFICAS

Image-1

TÁBOA PERIÓDICA DAS CIENTÍFICAS

MULLERES MATEMÁTICAS

O alumnado de 1º ESO A-1 está a traballar nun pequeno proxecto interdisciplinar nas materias de Matemáticas e LCL, investigando sobre 21 MULLERES MATEMÁTICAS para plasmar despois nos correspondentes documentos de audio (de entre 40 e 60 segundos) toda a información máis esencial que se debe saber para coñecer a cada unha delas.

A súa profesoara de Matemáticas, Xoana Alonso, facilitoulles este interesantísimo enlace ao arquivo elaborado polos seus compañeiros Alberto Fortes e Olalla Señoráns, para procurar información ao xeito, pero desde Bibliomalveiras consideramos que debemos compartir máis alá do obxecto deste proxecto

MULLERES MATEMÁTICAS-MULLERES NA CIENCIA

Ademáis, o produto final deste traballo quedará incorporado a este blog da biblioteca a modo de podcast na lapela de RADIO E TV.

Ainda que Bibliomalveiras xa colaborara antes noutros proxectos para visibilizar a contribución das mulleres ás ciencias promovendo concursos, instalando exposicións ou editando material impreso, esta será a primeira vez que o resultado do traballo se divulgue en audio a través deste blog.

 

Charlas do alumnado de Cultura Científica

O alumnado de 4º de ESO de Cultura Científica foi a cada unha das aulas de 3º ESO para impartir unha serie de charlas sobre 18 mulleres científicas das que prepararon unhas láminas que foron expostas no 1º piso.

IMG_2560

Prepararon estes traballos coa súa profe, Pili Capeáns, e ademais contaron coa colaboración das profesoras Melisa Fuentes e Tareixa Escariz para presentarllos ao alumnado de 3º nas súas clases de lingua castelá e galega, respectivamente.

 

Inauguramos a semana das ciencias dedicada a Marie Curie

Coincidindo co 150º aniversario do nacemento de Marie Curie (1867-1934) que se cumpría este martes, 7 de novembro, o equipo da biblioteca do IES “Miguel Ángel González Estévez” coordina unha semana da ciencia dedicada a honrar a figura de MARIA SKLODOWSKA, máis coñecida como MARIE CURIE tras casar con Pierre e tomar o apelido del.

Como este instituto está situado no Carril, precisamente na rúa Marie Curie, e xa que novembro é o mes das ciencias, decidiuse planificar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias arredor de tan ilustre científica. Ademais, esta muller de orixe polaca foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes (un de Física e outro de Química), e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Con tal motivo, estanse a desenvolver unha ducia de actividades enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas. De tal xeito,  combinaranse varias charlas; diferentes exposicións temáticas sobre a figura de Marie Curie, material de laboratorio, o impacto do radón na nosa contorna, as mulleres científicas e matemáticas; a proxeccións dunha película documental e convocatoria dun concurso no que participará todo o centro.

Para a ocasión, o alumnado de Bacharelato de artes coa súa profesora Águeda Lojo creou un magnífico cartel que luce na fachada da entrada principal do instituto desde as 12.45 h. da mañá de onte, cando quedou inaugurada pola directora do centro esta semana das ciencias.

De inmediato, se dou paso á interpretación dunha breve peza musical do Concerto nº 2 do compositor polaco Henryk Wieniawsky, a cargo da violinista Elena Rodríguez Oubiña, de 1º Bac. C.

 

E a continuación, realizouse unha lectura plurilingüe (en francés, galego, castelán, alemán, inglés, vasco, italiano e valenciano) dun texto extraído do diario epistolar de Marie Curie.

 

Na imaxe central do cartel, Ana Mª Dopico (alumna de 2º de Bacharelato de artes) quixo transmitir cunha imaxe impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina, xa que co seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde de toda a humanidade, aínda que definitivamente lle custara a súa propia, xa que morreu de leucemia.

IMG_20171107_180842_895.jpg

Tamén na tarde de onte, martes 7 de novembro, e dentro do horario escolar Manuel Chouza, profesor “emérito” do centro, acompañado pola profesora Xela Cid, protagonizou unha amena charla didáctica destinada a todo o alumnado de ciencias de Bacharelato e mais de 3º e 4º da ESO titulada Contra o ninguneo das mulleres científicas impúxose Marie Curie.

 

IMG_20171107_174927_498.jpg