Archivo del sitio

O EQUIPO DOS RÓTULOS AGASALLADO

O profesorado da Biblioteca e Xela quixemos premiar o traballo do equipo de rapazas e rapaces de 1º ESO que duurante todo o curso, capitanead@s por David, dedicaron moitos dos seus tempos do recreo a serigrafiar as plaquiñas de madeira cos rótulos identificativos de todas as especies arbóreas que nos faltaban e de todas as especies arbustivas do espazo verde do noso instituto.

Aínda falta colocar a maioría delas no seu sitio, pero xa as temos todas feitas. Así que no vindeiro curso organizaremos unha pequena festa para inaugurar a instalación ao completo de todas.

Noraboa e moitas grazas a tod@s e a Xela e a José Manuel Longo tamén.

Acto de recepción do freixo e inauguración das novas placas identificadoras das árbores.

Tal e como estaba previsto, o martes 12 no segundo recreo, procedeuse a celebrar este acto tan entrañable para o que quixo actuar como mestra de ceremonias unha das profesoras que máis tempo leva traballando no instituto, Esther Dasilva.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Tras o saúdo inicial, lembrounos que hai uns anos, poucos, o Equipo da Biblioteca e o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, en colaboración con outros departamentos, decidiron recoller nun libro O Espazo Verde do IES Carril, que atoparedes en versión electrónica neste mesmo blog, todas as especies arbóreas e arbustivas que hai no Centro.

Contounos que cando se inaugurou o instituto xa contaba co carballo, que aparece no escudo, e mais os chopos -situados ao lado da cancha de baloncesto-… E que posteriormente se plantaron os castiñeiros,  situados ao lado da  pista deportiva onde se xoga ao fútbol,  traídos do seu eido do Carballiño polo profesor, xa xubilado, Luis Álvarez que ven sendo o pai do profe de mates Ulpiano.

A todo iso dixo que compría engadir o carballo que plantou Chouza coa colaboración de Artiaga e mais o arce doado por Teresa, cando se xubilaron respectivamente nos últimos anos.

E agora temos unha árbore máis, o freixo doado por Xela, que, como sabedes, tamén  está a piques de xubilarse. Este é o seu derradeiro ano na docencia.

Neste acto tamén se procedeu á inauguración de novas placas identificativas das árbores.

A continuación, tomou a palabra a nosa directora, Rosa Gómez, que recibeu oficialmente o freixo en nome de toda a comunidade educativa e salientou o esforzo de quen se encarga ao longo de moitos recreos na bibliotecas de confeccionar as placas identificadoras das árbores.

Logo foron lidos tres pezas literarias a cargo dunha profesora do equipo da biblioteca e das dúas profesoras compañeiras de departamento de Xela:

  • Pilar Conde: “Metáfora da ambiçao” de Francisco Manuel Melo.
  • Pili Capeáns: “El fresno” de María Filgueira García.
  • Paquita Barreira: “O carro”, de Manuel María.

de seguido escoitamos a Partita n.º 2 de Bach titulada “Sarabande”, interpretada ao violín por Helena Rodríguez, alumna de 2º de Bacharelato.

 

Pechou o acto, como non, Xela Cid quen con sabias palabras fixo un repaso agarimoso a tantos esforzos colectivos de antes e de agora, explicou por que elixíu un freixo e confesounos que ao mesmo tempo que a súa árbore pequena vaise arraigando no noso centro afacéndose a vivir entre nós e con nós, ela está a prepararse para vivir unha nova etapa vital emprendendo un camiño en sentido inverso ao do freixiño.

E ben seguro que lles vai ir de marabilla a Xela e a árbore de Xela.

No vestíbulo da entrada principal do instituto, a mesma xela preparou este fermoso mural no que se recollen imaxes e textos que fan alusión á preparaciéon deste acto.

 

 

Recepción do freixo de Xela o 12 de marzo

O espazo verde do IES Carril (está colgada neste blog a súa versión electrónica)  foi editado neste centro no ano 2016 para reflectir un longo proceso que, desde o ano 1994, transformou o solar no que se edificaron as instalación do instituto nun fermoso, diverso e acolledor espazo verde. Nos últimos tres anos chegaron novas incorporacións que non están recollidas, claro está, no noso libro: un carballiño, unha fotinia, un arce.

 

Desta volta tocounos un freixo que regala Xela Cid no seu derradeiro curso antes de se xubilar. E como había que plantalo en tempo, plantouse xa na primeira semana de febreiro. Vaia, que o plantaron entre Xela e mais un grupiño de 1º ESO capitaneados por Kevin e David, quen ademais se encargan con tesón de realizar os rótulos identificadores das árbores deseñados por Maica Fernández, e máis axudan ao profe Xosé Manuel Longo a colocalos despois no seu emprazamento correspondente.

 

Este vindeiro día 12 de marzo, no segundo recreo, celebrarase a recepción oficial do novo exemplar, se o tempo climatolóxico non se pon moi bravo, na parte traseira a onde dan as ventás dos despachos de dirección e máis as da aula de volume. Estades tod@s convidad@s.

bb9dd0bf-a211-478a-b942-4f9f8d976acf

O freixo no ESPAZO VERDE DO IES CARRIL

Pouco a pouco vai habendo novas incorporacións no ESPAZO VERDE DO IES CARRIL que non están recollidas, claro está, no noso libro co mesmo título.

Desta volta tocounos un freixo que regala Xela Cid. E como había que plantalo en tempo, plantouse. Vaia, que o plantaron entre Xela e mais un grupiño de 1º ESO capitaneados por Kevin e David, quen ademais se encargan con tesón de realizar os rótulos identificadores das árbores.

Pero o vindeiro día 12 de marzo celebrarase a recepción oficial do novo exemplar. Estades tod@s convidad@s.

Roteiro selectivo polo Espazo verde do IES Carril realizado por Xela Cid e Luciano Martínez

Martes, 27 na 4º e 5ª sesións: Roteiro selectivo polo Espazo verde do IES Carril realizado por Xela Cid (prof.) e Luciano Martínez (enxeñeiro agrónomo e pai de alumna). Alumnado implicado: 1º BAC A.

 

COÑECER ÁRBOLES. LER RÓTULOS

Finalmente, este venres 11 de maio, no 2º recreo, celebraremos a actividade que fora aprazada polos moitos días seguidos de chuvia que a nosa xenerosa climatoloxía nos regalara, alá polos meses de marzo e abril.

Venres,

 11 de maio,

2º recreo

 

No espazo situado tralas ventás dos despachos de dirección e continuando coa rotulación dos nomes das especies arbóreas incluídas no noso libro

O espazo verde do IES Carril

procederase a:

  • Presentación da instalación de nove placas serigrafiadas por Andrea Fresco, de 2º de Bach. A, e preparadas polo profesor José Manuel Longo.
  • Recepción dunha nova árbore, un arce, donada ao espazo verde do IES Carril pola profesora Tareixa Escariz.

Este acto acompañarase de

  • A execución dunha peza musical interpretada por Elena Rodríguez, de 1º de Bach. C
  • A lectura dun texto literario “ad hoc”.

Actividade organizada por:

  • Bibliomalveiras
  • Departamento de Bioloxía.
  • Departamento de Lingua Galega.
  • Departamento de Tecnoloxía.

Estades tod@s convidad@s

 

 

Un arce novo para o espazo verde do instituto

IMG_3957

Estaba programado para este venres 9 de marzo un acto para a recepción da última árbore do espazo verde do instituto, un arce regalado ao centro pola porofesora Tareixa Escariz, e máis a instalación de dez rótulos identificadores doutras tantas especies arbóreas, pero debido ao mal tempo houbo que pospoñelo.

Pouco a pouco, gracias ao traballo de Andrea Fresco (de 2º de Bacharelato de Ciencias) e máis ao do profesor de Tecnoloxía José Manuel Longo, vai medrando o número de rótulos que completan a información contida no noso libro O espazo verde do IES Carril. Así, tamén podemos ler as árbores e identificalas. Polo menos aprenderemos con pouco esforzo os seus nomes.

Con todo, Tareixa, Miguel Barros e Xela decidiron plantar o arce para que vaia enraizando antes de que chegue a primavera.

BIBLIOMALVEIRAS NOS ENCONTROS DO PLAMBE EN COMPOSTELA

Nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2016-2017, celebrados os días 16 e 17 de marzo de 2017 no Pazo de congresos de Santiago de Compostela, Bibliomalveiras presentou no segundo día dúas das nosas mellores actividades realizadas

no curso 2015-2016: O espazo verde do IES Carril

no curso 2016-2017: Performances musicais

 

 

Sinerxias dinamizadoras en Bibliomalveiras

Programa Encontros PLAMBE 2016-17

 

LENDO AS NOSAS ÁRBORES

IMG_0915

Case a piques de entrar na primavera, celebramos da man do Departamento de Ciencias unhas xornadas arredor das árbores con motivo do Día da árbore que se celebra o 21 de marzo.

Desde hoxe, está ao noso dispor no vestíbulo do primeiro andar a exposición “TRABALLANDO COAS ÁRBORES DO ESPAZO VERDE DO CENTRO”

 

IMG_0919

Este martes 14 de marzo, no 2º recreo procederase á plantación dun carballo, a árbore máis enxebre de Galiza, na zona verde do instituto O acto será realzado co son da banda de gaitas e percusión do centro e coa lectura de textos alusivos á efeméride que realizarán os membros do club de lectura Tira da páxina.

IMG_0918

Ademais terá lugar a inauguración da colocación dos primeiros letreiros identificadores das árbores, labor que se irá completando ao longo deste curso e do vindeiro. Isto ven sendo un paso máis para facilitar a  identificación das especies arbóreas e arbustivas da nosa guía O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL.

IMG_0916

Nos restantes días da semana tocará plantar arbustos e bulbos co alumnado de 1º ESO. Rematarase o traballo xa iniciado de calcos de codias e mais a medición da altura das árbores.

 

O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL na web das BIBLIOITECAS ESCOLARES de GALICIA

Imprimir

Neste mes da ciencia que é o de novembro, en Bibliomalveiras acabamos de recibir unha fermosa sorpresa desde a web das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, porque decidiron difundir o noso libro O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL como un exemplo de que desde a biblioteca se pode colaborar no traballo de exploración dos ámbitos científicos dos currículos.

Cómpre sentir ledicia e satisfacción polo que supón de recoñecemento dun traballo colaborativo ben feito.

NORABOA A TOD@S!

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/915

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/916

Pola nosa banda, desde Bibliomalveiras, aí andamos dándolle voltas conxuntamente cos departamentos de Ciencias, Tecnoloxía e Arte ao proxecto de producir e instalar os correspondentes rótulos identificadores de todas as especies arbóreas e arbustivas que viven no noso centro e que son as protagonistas do libro. Este é o paso seguinte que queremos dar neste eido.