Archivo del sitio

Mariño Ferro en Bibliomalveiras

VELORIO NO SAMAÍN

Un grupo de 2º de Bacharelato C (algunhas persoas son membros do club de lectura) realizou unha parodia dos velorios de antes, a onde se arrimaban as choronas para «pillar algo» cando non eran contratadas xa adrede polas familias dos finados.

A «defuntiña» é unha simpática boneca prestada pola profe de Matemáticas, Lucía López Lamas.

Só queda transmitirlles agradecementos e parabéns a partes iguais.

QUEDADA DO CLUB DE LECTURA POLO SAMAÍN

O martes, 26 de outubro os membros do club de lectura TIRA DA PÁXINA quedaron para xantar e gravar lecturas de medo con motivo do Samaín

Suxestións de lecturas en galego polo Samaín

CONTOS DO ALÉN EN BIBLIOMALVEIRAS

A semana pasada con motivo do día das bibliotecas que se celebra sempre o 24 de outubro, foron baixando por separado á biblioteca os tres grupos de 1º da ESO para seguir afondando no coñecemento da organización da biblioteca e na procura dos seus recursos.

 

Hoxe día 30 de outubro, sen embargo, os tres grupos asistiron conxuntamente en Bibliomalveiras a unha actividade que tamén é propia da biblioteca: a animación á lectura e á transmisión oral das historias da nosa cultura. Ademais, este acto permitiunos poñer en práctica o lema das bibliotecas escolares deste curso APRENDENDO A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR.

 

E así, co gallo da celebración do samaín e tendo en conta a cristianización desta festa pagá adicando este día aos «fieis defuntos» (que se celebra o día 2 de novembro segundo o santoral católico), o alumnado de Valores Éticos de 1º ESO B, xunto coa súa profe Pilar Conde, presentounos unha lectura de casos de LENDAS TRADICIONAIS ARREDOR DOS MORTOS.

 

Para ambientar a sesión, a biblioteca preparou unha escenografía ao xeito (ollo ás marabillosas cabazas, prendidas no interior, que forman parte das que se presentan ao concurso de cabazas do samaín do centro)

 

e @s artistas vestíronse para a ocasión con roupas negras: capas, panos, pañoletas…

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

As lendas do alén selecciondas do libro LENDAS GALEGAS DE TRADICION ORAL foron lidas, léronse e relatáronse de memoria outros relatos recollidos polo alumnado de Valores Éticos entre os seus familiares e, ao final, bastantes asistentes como público tamén quixeron compartir con nós historias que lles sucederan en primeira persoa ou que lles contaran na familia.

 

Nun momento dado, o público estaba tan metido en fariña escoitando a escuras estas lendas do máis alá que se sobresaltou un ouco co primeiro flash das fotos que fomos sacando.

E por certo, algo de maxia de ultratumba logramos: fixádevos como se lles viraron os ollos brancos a algunhas persoas…

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

LECTURAS ÁS ESCURAS

Pois si.
Ofrecéronse neste Samaín un grupo de alumnas do Bacharelato de Artes Escénicas, apoiadas pola súa profesora Susana Suárez, para deleitarnos case ás escuras cunhas lecturas literarias en castelán e galego que tiñan o seu aquel do alén.
AS ESCURAS5

AS ESCURAS6

AS ESCURAS4

AS ESCURAS3

AS ESCURAS

AS ESCURAS2