Archivo del sitio
Andrea Maceiras no Carril
Como o alumnado de 1º ESO leu A folla azul, de Andrea Maceiras (e mesmo hai quen leu tamén Volverás golfiño) esta autora quixo compartir unha sesión con estes rapaces e estas rapazas.
No libro cóntase que na selva amazónica do Brasil vive unha nena chamada Husu Aké, da tribo Tacaré. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré
causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñecementos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa.
Pero o conto complícase, claro…
A actividade resultou todo un éxito, malia que houbo que realizala no pavillón pequeno porque non temos salón de actos e na bilioteca, coas medidas sanitarias vixentes, non cabe tanta xente.
Na parte final, Andrea Maceiras asinou libros e recibíu uns agarimosos agasallos.
Para quen non os lera aínda, estes liros dela e máis algúns outros están á vosa disposición en Bibliomalveiras.
Suxestións de lecturas en galego polo Samaín
No día do libro, honramos a Luis Sepúlveda
O grupo de profes da biblioteca, quixemos organizar un pequeno audiolibro para colgalo neste blog, sen maior pretensión que estimular o gusto pola lectura aproveitando a ocasión do 23 de abril, día do libro.
Así que algunhas de nós apuntámonos á tarefa e convidamos a outras profes do instituto ás que lles apetecía participar.
Sepúlveda
Dáse a desafortunada circunstancia de que Luis Sepúlveda, o afamado autor chileno que vivía en Xixón, foi a primeira vítima do coronavirus en Asturias (pillouno nun congreso de escritores en Póvoa de Varzim) e tras loitar durante 40 días, finou o 16 deste mes de abril.
Sin título
Na súa memoria gravamos a lectura por capítulos da primeira metade da última obra deste escritor, publicada o ano pasado, e que se titula HISTORIA DE UNA BALLENA BLANCA. Trátase dun libro curto de 14 capítulos de ton naturalista e que claramente nos evoca MOBY DICK, de cuxo autor Herman Melville se cumprían douscentos anos do seu nacemento no ano pasado 2019.
Ademais, aínda que sexa no seu nome propio, podemos proxectalo á memoria de tantas vítimas anónimas desta noxenta pandemia que nos retén en confinamento.
Pretendemos que tomedes este pequeno audiolibro como un agasallo para vós, unha invitación máis a que leades e tamén como unha declaración de admiración por Luis Sepúlveda.
Convidamos a que busquedes o libro e leades en por vós os capítulos restantes, aínda que hai outras excelentes obras de Sepúlveda moi fáciles e atractivas.
Lembrade que en dúas entradas recentes deste blog, atoparedes varias canles para ler en liña e de balde.
As profes que participamos neste gratísimo enredo somos Pilar, Iria e a nosa queridísima profe emérita Tareixa (L. Galego), Marta (E.F.), Rosa e Matilde (Fr.) e Manuela (L.Castelá). Non poñemos os nomes en orde segundo os capítulos lidos, para ver se adiviñades pola voz antes do segundo segundo de cada gravación.
Lémosvos, pois, os primeiros sete capítulos, cada un leva arredor de 3 minutos.
Non seredes quen de ler os outros 7 que faltan?
lista
Lendo La canción de Shao Li
Este mércores, 7 de marzo, esperabamos en Bibliomalveira á escritora Marisol Ortiz para unha charla destinada ao alumnado de 2º de ESO que leu o seu libro La canción de Shao Li. Acompañado das súas súas profes de LCL, Marta Pámpano e Clara Piñeiro e mais de María Otero e Susana Suárez, protagonizaronn un bonito acto de lectura pública para encher a espera forzada por un imprevisto desafortunado.
Tira da páxina almorza en Bibliomalveiras
Poderíase dicir que o club de lectura «Tira da páxina» dou por clausurado  o presente curso cun almorzo diferente nun espazo diferente. Na mesa pousan os nutrintes do espírito e do estómago e tod@s irradian benestar (por iso a foto ten tanta luz, ou que pensabades!)
almorza Tira da páxina.jpg
No verán farán por separado (ou quen sabe) lecturas comúns.
Van ler unha novela que é unha das novelas máis novelas de todas as novelas Madame Bovary, de Gustave Flaubert.
E á volta das vacacións vannos sorprender con actividades moi atractivas dirixidas a quen nos queiramos deixar seducir un pouquiño.
ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS LITERARIAS
4 corazones
bodas de sangre
la Celestina
escarabajo
La ratonerabicicletasameixeiras 2ameixeiras 1