Archivo del sitio

MES DAS CIENCIAS

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

SUXESTIÓNS DE XANEIRO PARA 1º ESO

Erupcións volcánicas

Erupcións volcánicas  é o nome dun experimento realizado polo alumnado de Ciencias de 4º ESO destinado ao alumnado de 1º ESO, que tivo lugar o pasado venres 30 no distribuidor do 1º piso durante a 3ª sesión. Todo o alumnado estivo acompañado por todas as profesoras do Departamento de Ciencias: Pili Capeáns, Paquita Barreira e Xela Cid.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

TABLA PERIÓDICA DAS CIENTÍFICAS

Image-1

TÁBOA PERIÓDICA DAS CIENTÍFICAS

Ginkana xeolóxica. 1º ESO A e B

Luns, 26, 5ª Sesión: Ginkana xeolóxica. 1º ESO A desdobre + Sección bilingüe de 1º ESO A + B. Profesorado implicado: Paquita Barreira e Xela Cid.

CARLOS PUGA FALOUNOS DOS COGOMELOS

Este mércores 7 de novembro visitounos Carlos Puga, un dos membros fundadores da asociación micolóxica A Cantarela. Foi convidado polas profesoras de Ciencias para que lles explicara un pouquiño do moitísimo que el sabe sobre os cogomelos ao alumnado do Bacharelato de Ciencias. Á verdade, non era esta a súa primeira visita ao centro.

 

E claro que si, a charla resultou moi productiva e interesante para todas as persoas asistentes.

Mágoa que, dadas as limitacións do aforo, non a poideran compartir máis persoas.

 

COGOMELOS CON XELA

Neste outono, coma sempre, as profes do departamento de Ciencias organizaron no distribuidor do primeiro piso unha estupenda exposición centrada nos cogomelos que elas mesmas recolleron e clasificaron.

Dun xeito moi especial hai que recoñecer o entusiasmo de Xela na implicación da selección do material empregado para esta actividade.

Mesmo incluiu algunha peza literaria propia.

IMG_6468

Como vedes, nesta entrada do blog tendes a oportunidade de ler algún detalles. Desfrutade e aprendede.

Lectura plurilingüe do diario de Marie Curie

Para escoitar os podcast preme nas ligazóns.

Lectura Plurilingüe I                    Lectura Plurilingüe II

 

Inauguramos a semana das ciencias dedicada a Marie Curie

Coincidindo co 150º aniversario do nacemento de Marie Curie (1867-1934) que se cumpría este martes, 7 de novembro, o equipo da biblioteca do IES “Miguel Ángel González Estévez” coordina unha semana da ciencia dedicada a honrar a figura de MARIA SKLODOWSKA, máis coñecida como MARIE CURIE tras casar con Pierre e tomar o apelido del.

Como este instituto está situado no Carril, precisamente na rúa Marie Curie, e xa que novembro é o mes das ciencias, decidiuse planificar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias arredor de tan ilustre científica. Ademais, esta muller de orixe polaca foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes (un de Física e outro de Química), e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Con tal motivo, estanse a desenvolver unha ducia de actividades enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas. De tal xeito,  combinaranse varias charlas; diferentes exposicións temáticas sobre a figura de Marie Curie, material de laboratorio, o impacto do radón na nosa contorna, as mulleres científicas e matemáticas; a proxeccións dunha película documental e convocatoria dun concurso no que participará todo o centro.

Para a ocasión, o alumnado de Bacharelato de artes coa súa profesora Águeda Lojo creou un magnífico cartel que luce na fachada da entrada principal do instituto desde as 12.45 h. da mañá de onte, cando quedou inaugurada pola directora do centro esta semana das ciencias.

De inmediato, se dou paso á interpretación dunha breve peza musical do Concerto nº 2 do compositor polaco Henryk Wieniawsky, a cargo da violinista Elena Rodríguez Oubiña, de 1º Bac. C.

 

E a continuación, realizouse unha lectura plurilingüe (en francés, galego, castelán, alemán, inglés, vasco, italiano e valenciano) dun texto extraído do diario epistolar de Marie Curie.

 

Na imaxe central do cartel, Ana Mª Dopico (alumna de 2º de Bacharelato de artes) quixo transmitir cunha imaxe impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina, xa que co seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde de toda a humanidade, aínda que definitivamente lle custara a súa propia, xa que morreu de leucemia.

IMG_20171107_180842_895.jpg

Tamén na tarde de onte, martes 7 de novembro, e dentro do horario escolar Manuel Chouza, profesor “emérito” do centro, acompañado pola profesora Xela Cid, protagonizou unha amena charla didáctica destinada a todo o alumnado de ciencias de Bacharelato e mais de 3º e 4º da ESO titulada Contra o ninguneo das mulleres científicas impúxose Marie Curie.

 

IMG_20171107_174927_498.jpg