Archivo del sitio

Outra composición artística arredor de Marie Curie

IMG_1962

O alumnado de 1º de Bacharelato coa súa profe Maika Fernández agasalláronnos cunha segunda imaxe fermosísima centrada na figura de Marie Curie, aplicando a técnica do debuxo en grellas.

IMG_1961

De momento está exposto no vestíbulo do centro, pero haille que ir buscando un espazo nalgunha das paredes do instituto. se cadra, ata o concello podería inspirarse nel para refacer dun xeito máis digno a placa da rúa que leva o nome desta extraordinaria muller.

Anuncios

Fallo do xurado do concurso MARIE CURIE E FAMILIA

NORABOA!

Ao grupo de 2º ESO B

que resultou gañador do concurso

MARIE CURIE E FAMILIA

e xa está a disfrutar do seu premio.

Parabéns do equipo de profes de Bibliomalveiras.

Resolución concurso MARIE CURIE E FAMILIA

árbore xenealóxica Sklodowska-Curie

IMG_1968IMG_1970

IMG_1954

Inauguramos a semana das ciencias dedicada a Marie Curie

Coincidindo co 150º aniversario do nacemento de Marie Curie (1867-1934) que se cumpría este martes, 7 de novembro, o equipo da biblioteca do IES “Miguel Ángel González Estévez” coordina unha semana da ciencia dedicada a honrar a figura de MARIA SKLODOWSKA, máis coñecida como MARIE CURIE tras casar con Pierre e tomar o apelido del.

Como este instituto está situado no Carril, precisamente na rúa Marie Curie, e xa que novembro é o mes das ciencias, decidiuse planificar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias arredor de tan ilustre científica. Ademais, esta muller de orixe polaca foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes (un de Física e outro de Química), e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Con tal motivo, estanse a desenvolver unha ducia de actividades enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas. De tal xeito,  combinaranse varias charlas; diferentes exposicións temáticas sobre a figura de Marie Curie, material de laboratorio, o impacto do radón na nosa contorna, as mulleres científicas e matemáticas; a proxeccións dunha película documental e convocatoria dun concurso no que participará todo o centro.

Para a ocasión, o alumnado de Bacharelato de artes coa súa profesora Águeda Lojo creou un magnífico cartel que luce na fachada da entrada principal do instituto desde as 12.45 h. da mañá de onte, cando quedou inaugurada pola directora do centro esta semana das ciencias.

De inmediato, se dou paso á interpretación dunha breve peza musical do Concerto nº 2 do compositor polaco Henryk Wieniawsky, a cargo da violinista Elena Rodríguez Oubiña, de 1º Bac. C.

 

E a continuación, realizouse unha lectura plurilingüe (en francés, galego, castelán, alemán, inglés, vasco, italiano e valenciano) dun texto extraído do diario epistolar de Marie Curie.

 

Na imaxe central do cartel, Ana Mª Dopico (alumna de 2º de Bacharelato de artes) quixo transmitir cunha imaxe impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina, xa que co seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde de toda a humanidade, aínda que definitivamente lle custara a súa propia, xa que morreu de leucemia.

IMG_20171107_180842_895.jpg

Tamén na tarde de onte, martes 7 de novembro, e dentro do horario escolar Manuel Chouza, profesor “emérito” do centro, acompañado pola profesora Xela Cid, protagonizou unha amena charla didáctica destinada a todo o alumnado de ciencias de Bacharelato e mais de 3º e 4º da ESO titulada Contra o ninguneo das mulleres científicas impúxose Marie Curie.

 

IMG_20171107_174927_498.jpg