Archivo del sitio

OS DEREITOS DAS MULLERES

HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN

Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.

A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.

No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.

MULLERES E CERÁMICA

Dentro do marco da reivindicación do 8M e para dar visibilidade ao traballo das mulleres, o grupo de profesorado de Igualdade do IES O Carril programou estas actividades que se desenvolverán en Bibliomalveiras.

Mércores 15 de marzo: charla-obradoiro coa ceramista carrilexa, afincada en Abalo, Mar Barral, quen é ademais alumna da primeira promoción do noso centro. Esta actividade está destinada ao alumnado de 3º e 4º ESO.

Venres 17 de marzo: conferencia «Investigando a tradición louceira de Bamio e o traballo das mulleres co barro» a cargo de diferentes integrantes do equipo de investigación Louceir@s de Bamio. Esta outra actividade está destinada ao alumnado de 1º e 2º ESO.

https://www.facebook.com/LouceirosdeBamio/?locale=es_ES

https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2FLouceirosdeBamio%2Fposts%2Fpfbid0BETNgaLSQKjvhnQzQJoeuEGDh2rbLfoTTByfgzcQ14aYNdC6Bih3rUpiFF4PHKdol&show_text=true&width=500

8 de marzo. Día das mulleres

Hai polo menos cinco mandamentos sociais, políticos e relixiosos cos que se somete ás mulleres, pero contra os que se rebelan moitísimas arredor do mundo aprendendo unhas das outras a desobecelos, aprendendo a desaprendelos:

Non protestarás.

Non gozarás.

Non existirás.

Non decidirás.

Non desagradarás.   

Cinco mandamientos que (mal)educan a las mujeres | Planeta Futuro | EL PAÍS (elpais.com)

INICIATIVA DO IES O CARRIL PARA O 8 DE MARZO

8M: Actividades organizadas polo profesorado do grupo de Igualdade do instituto do Carril

No marco da conmemoración do 8M o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES O Carril participou o venres 18 de marzo pola mañá nun encontro cos colectivos feministas “O Soño de Lilith” e “Feministas de Catoira” no auditorio municipal de Vilagarcía.

Daisy Alcalde e Alejandra Muñiz, representantes da asociación vilagarciana “O Soño de Lilith”, e Vanessa Pérez e Cristina Longo, voceiras de “Feministas de Catoira”, expuxeron a traxectoria das dúas asociacións, as súas motivacións e os obxectivos fundamentais do seu traballo para a concienciación a prol da igualdade e responderon ás preguntas dun alumnado que se amosou participativo e moi interesado. Explicaron e defenderon un feministo transversal onde a loita feminista vai da man da ecoloxía, do antirracismo e da defensa dos dereitos LGTBI+. Subliñaron, pois, a importancia de construír un mundo máis xusto sen opresións e no que as diferenzas non supoñan desiguais oportunidades, tratos ou dereitos.

Daisy Alcalde e Cristina Longo son antigas alumnas do noso instituto.

Este acto veuse a sumar ás actividades que nesta semana organizou o grupo de Igualdade do instituto do Carril, que acolle neste momento a exposición da V Edición de Festivala: mulleres creando, facilitada pola asociación “O Soño de Lilith” coa colaboración do concello de Vilagarcía.

Entre outras actividades, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o labor e as reivindicacións da asociación de mariscadoras “Amarcarril” da man de Inma Otero, Rita Vidal e Pupe Jueguen, que visitaron o centro o pasado xoves 17, achegando materiais divulgativos e mesmo ferramentas de traballo.

Os actos do 8M completaron o coñecemento da situación actual das mulleres coa análise da historia dos seus dereitos. Esta quere ser graficamente plasmada nun estudo do alumnado de 3º ESO, que está a elaborar a “Liña do tempo dos dereitos das mulleres” para reflectir o difícil camiño da reivindicación.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO «MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO»

NORABOA!!!

Dos premios deste concurso resultaron merecedoras

1. Ainhoa Fuentes Lorenzo (3ºESO B)
2. Desiré Raúl dos Anjos (3ºESO A)

As dúas recibiron os correspondentes agasallos conxuntamente coas personas que acadaron os premios dos concursos de fotografía «Mulleres traballando»

CONCURSO «MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO»

Recomendacións no Día da Muller

CARA AO 8 DE MARZO

Lecturas propostas, entre outras dos fondos da biblio, para encarar con fundamento e xeito este vindeiro 8 de maio:

IMG_8202.jpg