Archivo del sitio

DÍA DA PAZ + TANXUGUEIRAS

Como colofón, elaboraron uns murais expresando noutras linguas as reflexións nas que propón a canción

CALIGRAMAS DA PAZ

Mil non, pero varios centos si

IMG_7739

Acadamos un número excelente de grullas. A bandada ís medrando pouco a pouco.

 

Sobre todo, cómpre agradecer ao alumnado de 1º ESO o éxito. Pero moitos outros grupos tamén colaboraron. E tampouco imos esquecer a implicación do profesorado.

Hai que destacar ao profe de mates, Víctor Castrillón Cimadevila, pois non so lle ensinou ao seu alumnado a confeccionar grullas, senón que el se encargou de realizar a grulla máis grnde e máis pequechiña de todas.

IMG_7806

IMG_7805

E así lucen todas as fermosas grullas de cores nunha escultura efímera colgante sobre o acdeso á porta de Bibliomalveiras.

Esta bandada de grullas da paz resultaron ser aves migratorias e xa atoparon un novo destino no MARZO SEN FRONTEIRAS que organiza o alumnado do ciclo superior que se celebrará no pavillón de FEXDEGA o vindeiro 27 de marzo.

Día da paz no 2019

Xusto dentro dunha semana estaremos a celebrar un novo DÍA ESCOLAR POLA PAZ E CONTRA A VIOLENCIA. Cada 30 de xaneiro rememórase así o aniversario da morte de Mahatma Gandhi de tal xeito que tendo presente a este gran personaxe tamén se poñen en valor os principios e valores que el defendeu de modo pacifista.

Desde Bibliomalveiras propoñemos unha serie de recursos relacionados con esta efeméride e cos contidos que representa. Pero tamén queremos achegar a quen pase polo corredor de acceso os principais símbolos da paz, o seu significado e maila súa pequena historia.

img_7747

img_7751.jpg

IMG_7741.jpg

img_7744

img_7746

Pero ademais, convidámosvos a facer unha chea de grullas de pael de diversas cores:

CHARLA CON EX DEPUTAD@S DO PARLAMENTO DE GALICIA

O alumnado de 2º ESO participou na tarde do martes, 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, nunha charla con tres ex deputados e unha ex deputada do Parlamento de Galicia:

– ROSA OUBIÑA SOLLA (PP de G)

Rosa O

– XULIO PARDELLAS DE BLAS (PSOE de G)

pardellas

– FRANCISCO TRIGO DURÁN (BNG)

paco

– JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO (Alternativa Galega de Esquerdas)

Fajardo.jpg

 

Esta actividade, organizada pola biblioteca e mais polas profesoras de  CC. SS. e de Oratoria foi solicitada en setembro ao Parlamento de Galicia para tal data co obxecto de poñer en valor a actividade parlamentaria, e a política e a negociación en xeral, como as mellores estratexias para a resolución de conflitos socias frente aos enfrentamentos, revoltas e guerras.

Previamente, cada grupo de alumnado visionara e comentara nas aulas un vídeo didáctico facilitado polo Parlamento

Enlace ao vídeo

 

IMG_3488

O acto iniciouno a directora quen despois dunha introducción presentou a tan distinguidos personaxes.

 

 

 

 

A continuación, foron intervindo en quendas de 10 minutos cada unha das persoas invitadas.

 

 

 

 

E na parte final do acto, foi o alumnado quen coas súas intervencións tomou a iniciativa dos temas abordados.

 

 

 

 

A prensa tamén se fixo eco desta actividade

 

La Voz de Galicia

 

 

 

 

DÍA da PAZ. Xaneiro de 2016

As alumnas auxiliares de Bibliomalveiras propoñen a lectura destes libros e ver estas películas:

folleto paz 2016

BIBLIOMALVEIRAS NO DÍA DA PAZ

Recomendacións de Bibliomalveiras sobre o tema da paz. Libros, cine e cómics para afondar nel.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmiguelangelgonzalez/system/files/diapaz.avi