Archivo del sitio

SEMANAS DAS CIENCIAS: Bioimpedanciometría

Actividade do alumnado do Ciclo co alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias.

6ª EDICIÓN DAS SEMANAS DAS CIENCIAS: RECREOS DINÁMICOS NA BIBLIOTECA

¿QUEN INVENTOU QUE?

No contexto das Semanas das Ciencias, convocouse o concurso ¿Quen inventou que?

Resultou gañadora Xiyao. ¡Noraboa para ela!

6ª EDICIÓN DAS SEMANAS DAS CIENCIAS

6ª EDICIÓN DAS SEMANAS DAS CIENCIAS. PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Monólogos científicos divulgativos

Un ano máis organizouse a semana da ciencia no centro, que en realidade prolongouse durante varias semanas, abranguendo case un mes.

O alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias prestouse a artellar unha sesión de monólogos moi interesantes centrados nunha ampla gama temática.

Moitas grazas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

4ª SEMANA DA CIENCIA. DECEMBRO 2020

IMG_4185

Ciencia

ciencia 2

CHARLA SOBRE PAXAROS

Como colofón á 3ª Semana da Ciencia (que comezara na derradeira semana de novembro e que nun principio non se contaba con que se fora estender ata rematar o trimestre)

, regresou de novo ao centro Manolo Rodríguez Mallo para impartir unha charla centrada nos paxaros islustrada de fermosísimas fotografías da súa autoría.

MONÓLOGOS CIENTÍFICOS

Estes monólogos científicos de carácter divulgativo foron impartidos maxistralmente por un grupo de alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias e de Ciencias Sociais que solventaron con creces os pequenos atrancos técnicos que se presentaron de xeito totalmente imprevisto.

O público destinatario era o alumnado de 3º ESO.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

PASAPALABRA CURRICULAR PARA 1º ESO

Case rematando a 3ª SEMANA DA CIENCIA celebrada con tanto éxito que se alongou varias semanas máis alá da derradeira de novembro (en principio íase limitar a eses cinco días lectivos), tivo lugar o concurso PASAPALABRA CURRICULAR no que concursaron representantes dos tres grupos de 1º ESO.

O equipo da biblioteca encargouse de organizar esta actividade destinada ao alumnado de 1º ESO. e con tal motivo foi recollendo do profesorado que imparte materias neste nivel  preguntas referidas aos contidos que foron traballados nos primeiros meses do curso.

Tales preguntas formuláronse de maneira brevísima e clara para facilitar as respostas exactas reducidas a unha palabra, un dato simple ou unha frase moi curta.

Un grupo do alumnado de 2º de Bacharelato actuaron como presentadores da proba.

O grupo que resultou gañador foi 1º ESO A, pero a noraboa élle merecida a todas as persoas que participaron pois o nivel foi moi alto.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.