Archivo del sitio

24 de outubro: DÍA DAS BILIOTECAS

Celebrando o Día das Bibliotecas, reunimos aquí varios vídeos interesantes:

GALICIA LE: PLATAFORMA DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA

Para poder utilizar gratuitamente un número impresionante de recursos, basicamente libros en galego ou en castelán pero tamén vídeos, so necesitades formalizar un rexistro co voso DNI.

 

 

Así é esta biblioteca pública danesa

 

A quen non lle gustaría que este espazo de Albertslund, na área metropolitana de Copenhague, aparecera por arte de maxia na rúa Alcalde Rei Daviña, ou aínda moito mellor na rúa Marie Curie, no concello de Vilagarcía?

https://decoracion.trendencias.com/otros-espacios/si-eres-un-enamorado-de-la-decoracion-no-te-pierdas-la-biblioteca-publica-de-albertslund-en-copenhague

 

Bibliotecas 1- Fronteiras 0

 

No xornal El País de onte 8 de febreiro, publicouse unha peza moi interesante, que ben merece un ratiño, co seguinte titular:

Cuando la frontera entre Canadá y Estados Unidos es una biblioteca y no un muro

Los vecinos de dos pueblos hermanados discrepan sobre la barrera con México que planea Trump

 

biblioteca vs muro.jpg

É moi afortunada a contraposición do binomio biblioteca vs. muro, pois máis alá do caso pintoresco real que se da a coñecer resoan con forza as connotacións que evocan ambos conceptos contrarios en si mesmos se miren como se miren.

http://internacional.elpais.com/internacional/2017/02/07/estados_unidos/1486491766_660614.html

Bibliotecas fermosas do mundo

Ademáis de concentrar coñecemento, inspirar a creatividade e conservar organizado un patrimonio universal inconmensurable, moitas bibliotecas son en sí mesmas valores culturais impagables. Velaí algunhas destas: