Archivo del sitio

TIRA DA PÁXINA 2022-2023. REPASO FINAL DE CURSO

Obradoiro do club de lectura impartido por Andrés de ASTORA CÓMICS

Sesións do club de lectura en marzo

Tira da páxina 2022-23

QUEDADA CLUB DE LECTURA «MANGA»

QUEDADA DO CLUB DE LECTURA POLO SAMAÍN

O martes, 26 de outubro os membros do club de lectura TIRA DA PÁXINA quedaron para xantar e gravar lecturas de medo con motivo do Samaín

Última quedada para ler e xantar do club de lectura TIRA DA PÁXINA

Este derradeiro martes lectivo do curso que remata, a xente máis nova do club de lectura TIRA DA PÁXINA (Mar, Aroa, Noa e Mateo) quedou a xantar e ler coas profes. Para a ocasión convidamos a Pilar Conde que se xubilou hai uns meses deixando tan ben artellado o club de lectura nas axeitadas mans de Inma como tan ben o levara nos anos anteriores.

En setembro, Inma poñerá de novo en marcha os motores da lectura con varias iniciativas moi interesantes.

Boas lecturas estivais!!!

Carapuchiña, de Bonäí Capote.

Para reflexionar a propósito das violencias machistas, no centro acordouse traballar este conto e desmontar o relato orixinal da Carapuchiña vermella.

O club de lectura TIRA DA PÁXINA tivo a ben facer esta achega gravando a lectura da peza.

Moitas gracias mozas!!!

Nova xeira de TIRA DA PÁXINA

Malia a pandemia, desde Bibliomalveiras (que é o fermoso nome da nosa biblio) queremos botar a andar de novo o club de lectura Tira da páxina.

As profesoras que coordinan neste curso o club son Pilar Conde (que xa o facía nos anos anteriores) e máis Inma Pérez.

Xa de inmediato iniciaranse as primeiras xuntanzas para establecer os integrantes do club. Contamos con que permanezan as persoas que xa pertencían ao club no curso pasado, pero queremos que se sumen outras alumnas e alumnos (especialmente entre o alumnado novo no centro queremos “recrutar” novos membros).

Neste curso, debido ás medidas de seguridade da Covid-19, as xuntanzas dos distintos subgrupos faranse na propia biblioteca durante os recreos, con frecuencia quincenal, para repartir os libros que se vaian ler e máis os cadernos persoais pero tamén para compartir impresións e suxestións.

Probablemente, algunhas destas quedadas realizaranse de modo telemático segundo vaia avanzando o curso e, desafortunadamente, quedan suspendidas as citas na hora do xantar dos martes.

As vantaxes para o alumnado que pertence no club de lectura son basicamente estas

  • Poderá levar emprestados máis libros da biblio e durante un maior número de días (agás no caso dos libros de lecturas obrigatorias das diferentes materias, claro)
  • Recibirá un caderno persoal para apuntamentos relacionados coas actividades do club.
  • Participará nas actividades de animación á lectura )como encontros con autoras e autores, difusión de propostas de lectura, realización de audios e vídeos promocionando libros ou entrevistando a diferentes persoas… ) organizadas polo propio club de lectura e pola biblioteca e mesmo polo profesorado de diferentes materias sempre que sexa posible.
  • As medidas de seguridade sanitaria impiden que polo momento se programen saídas e roteiros literarios, lecturas compartidas con outros centros educativos e as actividades como as que se viñan repetindo con tanto éxito participando en Marzo sen fronteiras e visitando á residencia de maiores de Vilagarcía.
  • Pola contra, impulsaranse iniciativas como gravacións de lecturas, booktrailers ou outras semellantes para seren difundidas a través do blog da biblioteca.

Haberá os seguintes subgrupos dentro do club

  • 1º ESO
  • 2º ESO
  • 3º+4º ESO
  • 1º+2º BAC

O máis importante, en todo caso, será desfrutar arredor da lectura. Animádevos!

PARTICIPANTES NA CONVOCATORIA DE VÍDEOS CREATIVOS

Faise obrigado crear unha entrada nova para mostrar os vídeos que participan na nosa convocatoria, xa que na entrada orixinal puxemos varios como referencias e non procede mesturar.

Moitísimas grazas pola vosa acollida. Hai unha chea de visitas á entrada da convocatoria.

E fainos moi felices publicar a primeira participación de Lara Melio, de 2º de Bacharelato C.

Noraboa, Lara!!!

 

 

Sara Lago e Iria Rodríguez, alumnas de 2º ESO do club de lectura TIRA DA PÁXINA, envían outro vídeo creativo basado nunha idea propia. Moitísimas grazas, rapazas. Quedou chulísimo.

Noraboa tamén a vós!

 

 

Seguimos en racha, o seguinte vídeo que subimos chegounos de Francia, bien sûr, porque alí está a nosa alumna do curso pasado Xaxa Rial, quen con coleguitas do noso centro de 2º de Bacharelato e outras persoas enredaron neste precioso e refrescante, moi refrescante vídeo. Moitas gracias por participar.

¡Noraboa!

 

 

Pois, pouco a pouco, a cousa vaise animando ben. Neste caso, hoxe envíanos a súa aportación a profe de Educación Física, Marta Taboada, quen acompañada pola súa filla Noa crearon una historia a partir dunha serie de libros infantiles. A súa proposta titúlase «Un cuento, una sorpresa»

 

Pois chegounos un vídeo moi colaborativo novo agora en maio. Envíao Judith Iglesias no nome dun grupo festeiro de alumnado de 2º de Bacharelato B ao que tamén ela pertenece: Carolina Conde, Moana Varela, Iago Zurita, Andrea Oliveira, Silvana Pereira, Miguel Filgueira, Federico Loureiro, Micaela López, Tanya Barcala, Juan Castro, Carla Castro, María Caeiro, Laura Costa e Adrián Abad.

Moitas grazas, mozas e mozos.

E noraboa, tamén para vós.