Archivo del sitio

Convocatoria de vídeos creativos

Desde o equipo de profes de Bibliomalveiras lanzamos unha convocatoria de vídeos creativos producidos en por vós e na casa, a partir de ideas orixinais, propias e inéditas cunha certa perspectiva artística.

Podedes participar a título individual ou en equipo. E dadas as circunstancias, serán moi ben acollidas as intervencións das familias, veciñanza e ¡como non! das vosas mascotas.

Por exemplo, poderiades crear vídeopoemas, vídeoadiviñas, vídeocontos, vídeobandadeseñada, vídeos narrativos exclusivamente con imaxes…

As propostas poden xirar arredor do confinamento e o COVID 19, das teletarefas, das notas da segunda avaliación… ou do que máis vos preste a vós.

É importante non esquecer que se non cumpristes 18 anos, precisades a autorización das vosas familias para difundir as vosas imaxes e identidades. Sempre podedes prescindir de vos gravar. Non tedes por que saír en pantalla, nin sequera gravar a vosa voz. Aínda que, se queredes e a familia volo permite, podedes gravarvos sen mostrar o rostro ou dando a cara.

O vídeo tedes que editalo vós e non ha ser moi extenso. Xa sabedes que resulta mellor poñer unha pinga doce nos labios que fartar a rebentar.

Cando teñades a peza editada, lembrade poñerlle un cartón iniciala co título e a autoría (é dicir, os nomes de quen participou creando a idea, gravando, posando, intervindo, editando…) mandarédela por https://wetransfer.com/ a bibliodasmalveiras@gmail.com

É a cousa máis faciliña do mundo. Aparece unha primeira páxina onde che di que te rexistres ou que te abones. Simplemente pechas a ventaniña e aparece isto:

wetransfer

 

Necesitamos que a persoa que manda o vídeo teña unha conta de correo calquera, porque valen todas . É capaz de enviar arquivos super pesados de ata 2 gigas!

A ver, ¿quen se anima?

Os traballos que enviedes serán publicados aquí para compartilos con todo o mundo que queira acceder ao blog.

Aquí vos deixamos uns exemplos que circulan desde antes ou nestes días nas redes sociais e que poden servir como referencia

A poesía está no aire!

A primavera semella inspirar ao noso alumnado. Aquí vos deixamos estes versos de Carlos Castellanos, alumno de 2ESO/C. Viva o amor!

El amor es un sentimiento,
el amor no es lo que sientes en la piel sino por dentro.
Te querré por mucho que sople el viento,
quiéreme aunque esté en un centro.
Tú eres todo lo que yo siento
bésame por un momento
te escribiré un verso
tan alto que recorrerá el universo.
Si te vas algún día te daré un beso,
niña bonita, para asegurar tu regreso.
Qué más da lo que diga la gente,
porque tú, preciosa, eres mi presente.
Perdóname cuando me pongo tonto,
porque si no me perdonas, moriré pronto.
Quiero tener dos hijos, música y estrellas,
porque, querida mía, la vida es bella.

Concurso de videopoemas

QUE É UN VIDEOPOEMA?

Un videopoema é un texto poético audiovisual.

conc videopoemas

BASES DO CONCURSO

  1. Pode participar todo o alumnado do instituto.
  2. O texto poético ten que ser orixinal.
  3. As fotografías, gravacións e/ou música teñen que ser propias ou sen dereitos de autor.
  4. O videopoema pode ser en galego, castelán, inglés ou francés.
  5. Pódese participar de maneira individual ou en grupos de ata tres persoas.
  6. Pódese participar con máis de un traballo.
  7. O videopoema deberá levar uns créditos finais nos que aparezan: nome e apelidos, curso, autoría das fotografías, gravacións e/ou música empregadas (o voso nome no caso de que sexan propias, as fontes de onde as tomáchedes no caso contrario).
  8. Tes que enviar o videopoema ao enderezo: bibliodasmalveiras@gmail.com indicando o voso nome, apelidos e curso.
  9. A data tope de envío e participación é o 31 de maio.
  10. O xurado valorará, entre outros, aspectos como a calidade (que boa técnica…), creatividade (que descoberta!) e  potencialidade (cantas suxestións xera…).
  11. Na última semana do curso proxectaranse os traballos e anunciarase a creación gañadora, que recibirá un premio.

As seguintes ferramentas poden axudarte na elaboración:

  • Para a gravación de son: Audacity
  • Para a edición audiovisual: Moviemaker
  • Bancos de imaxe e música libres de dereitos de autor: Souncloud

Aquí vos deixamos algúns exemplos de videopoemas que vos poden servir de inspiración:

 

Lembrades cando eramos nenos?

Na titoría de 2ESO-A, a profesora Susana Suárez propúxolle ao alumnado indagar sobre as cousas que soñaban cando eran nenos, aquelo que facían e agora xa non, co obxectivo de reflexionar sobre as cualidades que deixaran no camiño e non potenciaran co paso do tempo.

Unha das alumnas escribiu este fermosísimo texto que queremos compartir con todos e todas vós.

Leticia Reiriz fala así:

«Cuando era pequeña solía meter los brazos dentro de la camiseta y decirle a la gente que los había perdido. Apagaba y encendía el juego cada vez que veía que iba a morir. Dormía abrazada a todos los peluches para que ninguno se ofendiera. Tenía ese boli de 6 colores y apretaba todos los botones a la vez para que salieran los 6 colores juntos. Llenaba el tapón de la botella de agua y lo bebía como si fuera un chupito. Esperaba detrás de una puerta para dar un susto a alguien pero pronto me iba porque tardaban mucho en venir. Me hacía la dormida para que mi padre me llevara en brazos a la cama. Solía pensar que la luna seguía mi coche. Miraba las gotas caer en la ventana y hacía como que era una carrera de gotas. Cuando me tragaba las pepitas de una fruta tenía miedo de que me fuera a crecer un árbol en la tripa.

¿Os acordáis cuando éramos niños y no podíamos esperar a ser mayores?»

Marabilloso, non é certo?

Grazas, Leticia, por animarnos a lembrar todos aqueles pensamentos inxenuos, raros, creativos e arriscados que tanto gobernaban a nosa vida cando eramos pequenos. Faría falla recuperar moitos deles, verdade?

IMG_9066