Archivo del sitio

Lembrades cando eramos nenos?

Na titoría de 2ESO-A, a profesora Susana Suárez propúxolle ao alumnado indagar sobre as cousas que soñaban cando eran nenos, aquelo que facían e agora xa non, co obxectivo de reflexionar sobre as cualidades que deixaran no camiño e non potenciaran co paso do tempo.

Unha das alumnas escribiu este fermosísimo texto que queremos compartir con todos e todas vós.

Leticia Reiriz fala así:

“Cuando era pequeña solía meter los brazos dentro de la camiseta y decirle a la gente que los había perdido. Apagaba y encendía el juego cada vez que veía que iba a morir. Dormía abrazada a todos los peluches para que ninguno se ofendiera. Tenía ese boli de 6 colores y apretaba todos los botones a la vez para que salieran los 6 colores juntos. Llenaba el tapón de la botella de agua y lo bebía como si fuera un chupito. Esperaba detrás de una puerta para dar un susto a alguien pero pronto me iba porque tardaban mucho en venir. Me hacía la dormida para que mi padre me llevara en brazos a la cama. Solía pensar que la luna seguía mi coche. Miraba las gotas caer en la ventana y hacía como que era una carrera de gotas. Cuando me tragaba las pepitas de una fruta tenía miedo de que me fuera a crecer un árbol en la tripa.

¿Os acordáis cuando éramos niños y no podíamos esperar a ser mayores?”

Marabilloso, non é certo?

Grazas, Leticia, por animarnos a lembrar todos aqueles pensamentos inxenuos, raros, creativos e arriscados que tanto gobernaban a nosa vida cando eramos pequenos. Faría falla recuperar moitos deles, verdade?

IMG_9066

Anuncios

Marie Antoinette

María Antonieta (2006)

A protagonista principal é Kirsten Dunst que interpreta o papel da raíña de Francia, María Antonieta. A película comeza coa súa chegada á corte francesa de Versalles para casar co futuro rei Louis XVI.

Nese momento María Antonieta tiña 14 anos e comportábase como o que era, unha adolescente. Sofia Coppola, a directora,  preséntanos unha rapaciña presa nunha corte estranxeira entre as mans de xente que se aproveitaba da súa inxenuidade e do seu carácter caprichoso. O seu home non lle prestaba moita atención nin lle daba afecto namentres ela tiña que soportar unha gran presión da corte, que lle demandaba un herdeiro ao trono.

O relato remata coa caída do réxime monárquico na Revolución francesa: Luís XVI e María Antonieta tiveron un tráxico final na guillotina que non sae no film.

 Esta película apórtanos unha visión máis humana deste personaxe histórico ademáis de ofrecernos un gran atractivo visual (Óscar ao mellor deseño de vestuario 2006). Xulgade vós.