Archivo del sitio

“As mulleres do porvir”, de Dorotea Bárcena, un texto dramático a propósito da violencia machista no s. XIX

A obra propón unha xuntanza de “zoom” entre Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán para resolver o asasinato dunha muller á que matou o seu marido.

Dorotea Bárcena, unha das grandes figuras da dramaturxia galega, escribíu a obra en 2003.

https://es.wikipedia.org/wiki/Dorotea_B%C3%A1rcena

O día 23 de novembro, ás portas do día contra as violencias machistas, o Consello da Cultura Galega (CCG) decicíu confluír o cabodano da morte de Dorotea Bárcena co bicentenario do nacemento de Concepción Arenal nun produto audiovisual que conecta estas dúas mulleres pioneiras coas outras dúas grandes escritoras do panorama estatal.

Vídeo-lector@s para o confinamento

Ben, como estamos de vacacións de Semana Santa ou algo así, Pilar, a coordinadora do club de lectura TIRA DA PÁXINA e máis Miguel e Manuela que colaboran con ela, propuxemos unha actividade máis ben lúdica, algo festeira se queredes, e que resulte estimulante, ao alumnado dos diversos grupos a partir de 2º ESO .

Como sabedes, nestes estraños días de confinamento estanse a producir nas casas excelentes pezas. Así que aí lanzamos o noso propio reto, sabedores de que ninguén mellor que estes rapaces e rapazas do club de lectura para regalar un pouquiño de literatura á xente do instituto do Carril, ás nosas familias e amizades e ao mundo en xeral.

O proxecto consiste en que individualmente ou agrupándose como poidan e gusten, escollan un texto breve da tradición oral ou dalgunha escritora ou escritor coñecido ou mesmo anónimo e se graven en vídeo léndoo, recitándoo, rapeándoo, cantándoo ou contándoo ao seu xeito.

A condición básica é compartir o título do texto e máis a súa orixe, é dicir, quen o escribíu e onde se pode atopar (libro, disco, páxina web…)

As intervencións hanse facer en galego porque ese é o compromiso do club de lectura coa consellería, porque o instituto é da Xunta de Galicia e, sobre todo, porque a nosa lingua é o noso tesouro.

Iremos colgando o que se vaia producindo.

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos

aFacer-150anos

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo estanse a organizar distintos actos para conmemorar a efeméride desta obra única coa que Rosalía abriu o proceso que se deu en chamar ‘Rexurdimento’ da literatura e da cultura galega.

2-rosalia-nova

                                                                   Rosalía por Encausse.                               Santiago de Compostela

na década dos 60 do século  XIX.

Colección da RAG

A Fundación Rosalía e a Radio Galega conmemoran o Día de Rosalía (24 de febreiro) cun programa especial do Diario Cultural na Casa-Museo ás 19h.

Ademais, Anxo Angueira e o alcalde de Santiago realizarán unha ofrenda floral a Rosalía na estatua da Alameda compostelá.

A Fundación tamén promove a acción nas redes sociais #euRosalía, que anima a facer un ‘selfie’ con calquera motivo relacionado con Rosalía.

http://rosaliadecastro.org/

Bibliomalveiras honra esta efemérides cun agasallo literario para todas as persoas do centro.

¡Que vos preste a lectura!

http://www.galeguizargalicia.com/archivos_editor/file/Novo%20amor%20en%20Arousa.pdf

novo amor en arousa