Archivo del sitio

Recoméndase BANDA DESEÑADA

E a banda deseñada fíxose de carne e disfraz polo entroido

Todoroki Shouto, Os Incribles e Spiderman participaron no festival do entroido do noso instituto deste ano. Había algún ninja, pero ninguén lle fixo foto.

Ignoramos se estes personaxes de banda deseñada e cine de superheroes escaparon dos andeis de Bibliomalveiras ou cal era a súa procedencia.

En todo caso, o home araña andaba pola parte de fóra das fiestras da biblioteca.

A compra de manga de Reis

Pois, si. Os Reis trouxeron a Bibliomalveiras estas novas adquisicións de manga.
Vinde velas!

manga expositor.jpgmanga

Presentación do libro Dédalus en Compostela

IMG_0667 IMG_0668

Este luns, 11 de maio, o alumnado de 1º de Bac. de Artes, na 4ª sesión de 11.45 a 12.35 (isto é na hora de CuAu co seu profesor Artiaga) asistiron á presentación desta obra de banda deseñada realizada polo seu propio autor, Fernando Iglesias Mouta, que é do Carril aínda que hai bastantes anos que reside en Vilagarcía de Arousa.

IMG_0661

Por encargo da Fundación Vicente Risco ven de publicar a adaptación á banda deseñada do relato Dédalus en Compostela, no que Vicente Risco axustaba contas con Stephen Dedalus, o alterego do afamado autor irlandés James Joyce.

IMG_0663

Fernando Iglesias é “Kohell” no mundo da banda deseñada galega desde 1987. Traballou na publicidade e ilustrou libros, pero sobre todo recoñécese como debuxante de bandas deseñadas.

IMG_0666

Actualmente, imparte as materias de NARRATIVA GRÁFICA, COR TRADICIONAL, DEBUXO BD e PROXECTO FINAL na primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia «O GARAXE HERMÉTICO», creada por Kiko da Silva e que está en Pontevedra.

http://www.ogaraxehermetico.com/

20140422_181918 IMG_0673 IMG_0674 IMG_0670 IMG_0671