Archivo del sitio

E a banda deseñada fíxose de carne e disfraz polo entroido

Todoroki Shouto, Os Incribles e Spiderman participaron no festival do entroido do noso instituto deste ano. Había algún ninja, pero ninguén lle fixo foto.

Ignoramos se estes personaxes de banda deseñada e cine de superheroes escaparon dos andeis de Bibliomalveiras ou cal era a súa procedencia.

En todo caso, o home araña andaba pola parte de fóra das fiestras da biblioteca.

Anuncios

A charla-presentación do entroido 2016

Este ano o entroido colleunos co paso aínda a medio “descambiar” do nadal e case engulíu a efemérides do día da paz.

Este ano, coma sempre, foi Ramón quen se responsabilizou de preparar e dirixir a charla-presentación do entroido, en colaboración co equipo de dinamización lingüística.

O alumnado asistente era o do primeiro nivel da ESO.

Algúns coñecían ben a Ramón, pero non todo o mundo.

Algúns, moi poucas persoas, se cadra xa asistiran a outra charla distinta, pero semellante, o curso pasado.

Sen embargo, este ano a diferencia de “sempre”, Ramón acompañounos como profesoror emérito e así, coma sempre, honrounos coa súa maxistral presencia e sapiencia.

Graciñas, Ramón.

 

 

 

Entroido 2015

Neste Entroido que acabamos de enterrar hai nadiña canda a sardiña do Carril (que este ano a punto estivo de ter problemas coa Consellería do Mar, porque din que case non se axustaba á talla e case case era xouba) tamén celebramos varias actividades ben xeitosiñas, algunhas en Bibliomalveiras:

Programa actividades entroido 2015

Concurso receitas Entroido 2015

sobremesas