Archivo del sitio

E a banda deseñada fíxose de carne e disfraz polo entroido

Todoroki Shouto, Os Incribles e Spiderman participaron no festival do entroido do noso instituto deste ano. Había algún ninja, pero ninguén lle fixo foto.

Ignoramos se estes personaxes de banda deseñada e cine de superheroes escaparon dos andeis de Bibliomalveiras ou cal era a súa procedencia.

En todo caso, o home araña andaba pola parte de fóra das fiestras da biblioteca.

Anuncios

Xa estamos na segunda semana do novo curso 2014-2015

Neste curso que acabamos de estrear BIBLIOMALVEIRAS ponse denovo ao voso dispor. OCO

Trala importante remodelación física do curso anterior, xa estamos en condición de obter o máximo rendemento do espazo ampliado e mais dos ambientes diferentes que o novo mobiliario nos permite crear.

Ademais grazas a Maika,  á profe de Artes, presentamos unha subclasificación dos 200 fondos da sección de BANDA DESEÑADA. COMICS.

Daquela, marcamos os niveis de lectura con cores diferentes e á súa vez, indicamos con figuras xeométricas das respectivas cores a temática:

 

NIVEL  0           verdecomics2

Δ TEORÍA

∏ CLASICOS

Π  1ª metade do s. XX

Ξ  2ª metade do s. XX

Ο  GRANDES

NIVEL I         amarela

Δ   TIRA CÓMICA

Π   HUMNOR

Ο   MANGA

NIVEL II       encarnada

Δ  AVENTURAS

Π  FANTASÍA

Ο  ADOLESCENTES

Ξ  REVISTAS BD BANDA

 

NIVEL III     azulcomics

Δ  LITERATURA

Π  FILOSOFÍA

Ο  SOCIEDADE