Archivo del sitio
Recitando poesía en Bibliomalveiras
Con motivo do día da poesía, que se celebra cada ano o 21 de marzo, o grupo de 1º ESO B baixou á Bibliomalveiras coa súa profesora de LCL, Clara Piñeiro, para realizar un recital de poemas no que tod@s alternabaan o rol de público e o de actuantes.
Desafortunadamente, ese día os recursos técnicos do centro «fixeron folga» e a gravación dos vídeos non resultou moi exitosa. Houbo que botarlle algo de paciencia (a de Mani, o conserxe, en concreto) para recuperar algunhas partes que como esta peza de vídeo dan conta da fermosa actividade realizada.
Quen aquí recita é Nerea Santaella:
A que está xenial?
Pois a ver quen se anima a repetir, ou a probar por vez primeira, porque queremos máis poesía ben recitada neste blog.
AMOR EN CATRO LINGUAS
Este luns, 29 de febreiro, celebrouse na biblioteca o acto da entrega de premios da última edición do concurso literario «AMOR EN CATRO LINGUAS».
Noraboa a Brais, Antía, María, Amagoia, Sara e Aida.
Os traballos premiados son estes:
- Brais González Herráez
2. Amagoia Andújar Mejuto. 3º B
3. Aida Oeste Castellanos. 4º A
4. Antía Sobrino Romero. 1º BAC B
5. María González Buceta. 2º BAC C
6.
DÍA da PAZ. Xaneiro de 2016
As alumnas auxiliares de Bibliomalveiras propoñen a lectura destes libros e ver estas películas:
LIBROS PARA ESTE NADAL 2015
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA ESTE NADAL 2015
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA ESTE NADAL 2015
TÍTULOS QUEN RECOMENDA
JUEGOS DEL HAMBRE, LOS ANDREA FRESCO RAMOS
BAJO LA MISMA ESTRELLA IRIA CABRERA FERREIRA
BESO DE LA SIRENA, EL (ANDREA CAMILLERI) ANA BARRAL
BIBLIA, LA
BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ, LA
(ANTONIO G. ITURBE) CONCHI PÉREZ ALONSO
BOLÍGRAFO DE GEL VERDE, EL
(ELOY MORENO, 2011) MANI (CONSERXE)
BOSQUE ANIMADO, EL LUIS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
CARTAS DE PAPÁ NOEL, LA TIFANI BARCALA MARCOS
CÓDIGO DA VINCI, EL PABLO COSTAS CORES,
XABIER PAZ IGLESIAS, SOFÍA CASTIÑEIRAS LÓPEZ
COLORES DE UNA VIDA GRIS, LOS SOFÍA (CONSERXE)
CRÍMENES EXQUISITOS SOFÍA (CONSERXE)
DIVERGENTE ANDREA FRESCO RAMOS
EDIPO REY SARA GARCÍA FIGUEIRA, ALEJANDRA PIRES RUBIANES
FROM HELL (ALAN MOORE, 1991) MANI (CONSERXE)
GIRL ONLINA (ZOE SUGG) IRIA CABRERA FERREIRA
GRAN GATSBY, O
(FRANCIS SCOTT FITGERALD) HELENA GONZÁLEZ RUBIANES
GUERRA CIVIL CONTADA A LOS JÓVENES, LA
(ARTURO PÉREZ-REVERTE) MANUELA IGLESIAS
HAMLET ALEJANDRA PIRES RUBIANES
HARRY POTTER SARA GARCÍA FIGUEIRA, DIEGO JUNCAL PIÑEIRO
HARRY POTTER Y EL CÁLIZ DE FUEGO
HIJOS DE LA TIERRA, LOS SOFÍA (CONSERXE)
HISTORIA DE UNA PESETA LUIS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
HOMBRE QUE CONFUNDIÓ A SU MUJER CON UN SOMBRERO, EL
(OLIVER SACKS) MANUELA IGLESIAS
INSURGENTE ANDREA FRESCO RAMOS
JUEGO DE ENDER, EL SARA GARCÍA SENRA
JUEGO DE TRONOS
JUEGOS DEL HAMBRE, LOS
LADRÓN MAGO 2, EL SARA GARCÍA SENRA
LADRONA DE LIBROS, LA
LECCIÓN DE AUGUST, LA CONCHI PÉREZ ALONSO
LO QUE MUEVE EL MUNDO (KIRMEN URIBE) ANA BARRAL
LONGA NOITE DE PEDRA
(CELSO EMILIO FERREIRO) MARIBEL NOGUEIRA VIÑAS
MISTERIO DE NAVIDAD, EL MIRIAM CATOIRA
MUJERCITAS
NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS, EL XABIER PAZ IGLESIAS
OSCUROS
PAÍS DE LOS CIEGOS (H. G. WELLS)
PEQUEÑA CERILLERA, LA MIRIAM CATOIRA
POR QUÉ ME CASÉ CONTIGO SOFÍA (CONSERXE)
PORNOGRAFÍA (LOIS PEREIRO) HELENA GONZÁLEZ RUBIANES
QUE ME QUERES AMOR? PABLO COSTAS CORES
SILENCIO DEL ASESINO, EL DIEGO JUNCAL PIÑEIRO
SKULDUGGERY PLEASANT, DETECTIVE ESQUELETO
TABERNA ERRANTE, LA (C. K. CHESTERTON)
TOKIO BLUES (HARUKI MURAKAMI) SOFÍA CASTIÑEIRAS LÓPEZ
VIGO ES VIVALDI
VISITA DE SAN NICOLÁS, UNA TIFANI BARCALA MARCOS
Moitas grazas polas vosas suxestións tan persoais!
Felices festas, saúde, boa lectura e moita sorte a tod@s!
FORMACIÓN DE USUARI@S E PROPOSTAS DE LECTURAS NOVEDOSAS
Nesta semana na que comezamos reiniciando con éxito a HORA DE LER e remataremos celebrando o DÍA DAS BIBLIOTECAS, estamos a recibir en Bibliomalveiras aos grupos do alumnado do primeiro ciclo da ESO para familiarizarse cos rudimentos da formación de usuari@s.
E nesta mesma liña de formación, tamén emprendemos a realización dunha serie de vídeos que se irán colgando neste blogue.
Aí tendes seis libros doados polo departamento de Lingua castelá e literatura de reciente publicación:
LECTURAS OBRIGATORIAS NA ESO E NO BACHARELATO
Como as profes de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA ofrecen ao alumnado unha lista de lecturas literarias, unhas obrigatorias, outras recomedadas e voluntarias, en BIBLIOMALVEIRAS poñémolas ao xeito para que se vexan nada máis entrar pola porta:
http://issuu.com/micaelagonzalez/docs/lecturas_2014_15?e=1072127/9721768
Primeiras páxinas dos libros de GABO
Este ano, en BIBLIOMALVEIRAS, adicamos dun xeito especial o DIA DO LIBRO a Gabriel García Márquez, a quen os seus chamaban «Gabo».
E por se a alguén lle dá por aí, pode ler as primeiras páxinas dos seus libros no primeiro andar nos ratos mortos. E logo, se cadra, xa baixa á biblioteca para collelos.
MARIPOSAS E ROSAS AMARELAS EN BIBLIOMALVEIRAS NESTE DÍA DO LIBRO
HONRAMOS ESPECIALMENTE NESTE 23 DE ABRIL DE 2014 A DOUS ILUSTRES HABITANTES DE MÉXICO QUE NON NACERON ALÁ.
POR UNHA BANDA, LEMBRAMOS AO FINADO MESTRE DE MESTRES: GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
http://cultura.elpais.com/cultura/2014/04/21/actualidad/1398106806_098741.html
VELAÍ O MOTIVO DAS ROSAS E DAS MARIPOSAS AMARELAS:
http://www.quieroleer.com.ar/libros/soledad/118.html
POLA OUTRA, TEMOS PRESENTE A ELENA PONIATOWSKA, UNHA DAS POUCAS MULLERES GALARDONADAS CO PREMIO CERVANTES
http://www.abc.es/cultura/libros-arte.asp
http://cultura.elpais.com/cultura/2014/04/21/actualidad/1398108831_355894.html
http://cultura.elpais.com/cultura/2014/04/21/actualidad/1398105261_052392.html
MONÓLOGOS DIVULGATIVOS EN ABRIL
MONÓLOGOS DIVULGATIVOS DE CARÁCTER
CIENTÍFICO E TÉCNICO EN BIBLIOMALVEIRAS
Ao longo da segunda semana de abril, o alumnado de 2º de BACHARELATO desenvolverá un certame de monólogos durante cada un dos dous recreos diarios (agás o segundo do martes, reservado para o TALLER DE POESÍA).
As súas charlas centraranse arredor dunha ampla gama de temas científicos e técnicos.
O seu obxectivo radica en dar a coñecer contidos moi serios dun xeito moi breve e moi ameno.
Todas as persoas que o desexan están convidadas, independentemente do nivel no que estean matriculadas.
Mesmo se convida ¡incluso! ao persoal docente e non docente que queira asistir.
O luns, día 7, comezan
Beatriz Lorenzo, do Bacharelato de Artes, ás 10.40 h. falará do paradoxo de Monty Hall
Candela e Raquel Vidal, do Bacharelato de Ciencias, ás 12.35h. tratarán respectivamente das mulleres científicas e da atracción sexual nos seres humanos.
O martes, día 8, fala
Jonathan Castaño, do Bacharelato de Ciencias, ás 10.40 h. e tratará sobre a Simbiose.
O mércores, día 9, falan
Isabel Piñeiro, do Bacharelato de Ciencias, ás 10.40 h. abordará a cuestión ¿Como se financia unha sociedade?
Carla López, do Bacharelato de Ciencias e Patricia Martiñán do Bacharelato de Artes, ás 12.35h. tratarán respectivamente da cirurxía estética e da evolución do canon de beleza.