Archivo del sitio

Pezas de amor de poetas de sona

Mentras que o concurso AMOR EN 4 LINGUAS convida a presentar cartas de amor por San Valentín, BIBLIOMALVEIRAS ofrécevos o encerado para deixar pegadas ou levar pezas de amor de poetas de sona.

Anuncios

AMOR EN 4 LINGUAS e certame de relato curto de FANPA-PONTEVEDRA

De novo está aberta a convocatoria anual do concurso AMOR EN CATRO LINGUAS.

O prazo remata o día 15 de febreiro, os premio entregaránse o 24.

Pódese concursar escribindo cartas de amor (orixinais en todos os sentidos) empregando o francés, o inglés, o galego ou o castelán. Os textos entréganselle a calquer profe das catro linguas.

 

Amor_en_catro_linguas.png

Ademais tamén está aberto o prazo para concursar no V Certame de Relato Curto en lingua galega convocado pola Federación de Nais e Pais (FANPA) que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra,  da Deputación e da editorial Kalandraka. Conta con catro categorías, para alumnos de Primeria, Secundaria, Bacharelato/Formación Profesional e tamén unha destinada a adultos.

O prazo para entregar os relatos manterase aberto ata o próximo 28 de febreiro.

As bases do concurso pódense consultar neste enlace http://certame.nontedurmas.org/

Os premios, para o gañador de cada unha das categorías, será un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Xosé Cobas. Ademais como novidade, nesta ocasión os cinco primeiros clasificados en cada categoría poderán participar nun obradoiro de creación literaria impartido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Como en anteriores edicións Kalandraka publicará nun libro os 120 relatos finalistas, no que se incluirá un texto feito expresamente para a ocasión polo escritor profesional Xabier Docampo.

http://www.kalandraka.com/blog/2017/01/19/v-certame-de-relato-curto-de-fanpa-pontevedra/

AMOR EN CATRO LINGUAS

Este luns, 29 de febreiro, celebrouse na biblioteca o acto da entrega de premios da última edición do concurso literario “AMOR EN CATRO LINGUAS”.

Amor 4 linguas conv.

Noraboa a Brais, Antía, María, Amagoia, Sara e Aida.

Os traballos premiados son estes:

  1. Brais González HerráezBrais González Herráez

2. Amagoia Andújar Mejuto. 3º B

Amagoia Andújar Mejuto (1). 3º B

 

Amagoia Andújar Mejuto (2). 3º B

3. Aida Oeste Castellanos. 4º A

Aida Oeste Castellanos. 4º A

4. Antía Sobrino Romero. 1º BAC B

Antía Sobrino Romero. 1º BAC B

Antía Sobrino Romero. 1º BAC B (Rev.)

 

5. María González Buceta. 2º BAC C

María González Buceta (1). 2º BAC C

María González Buceta (2). 2º BAC C

6. Sara González Figueira de 1º BAC A.

Sara González