Archivo de la categoría: Radio e TV

Semana da MÚSICA e das ARTES ESCÉNICAS no IES O Carril

ENQUISA SOBRE O ACOSO NAS REDES ÁS RAPAZAS.

Radiomalveiras no aire

O equipo de Radiomalveiras formado por alumnado de 1º de bacharelato dos tres grupos quedaron para gravar un novo podcast coa súa profesora Rebeca. Son Marta Méndez, Diego García, María José Martínez, Carolina Ferreira e Ángela Couselo.

https://drive.google.com/file/d/15QFFUdurbN4iLwGMO-15nGZmo2f8T083/view?usp=sharing

Fabuloso traballo

Programa nº 7 de Radio Malveiras

Chegamos ao final! Programa nº7, gravado en directo na biblioteca do IES.

E por fin chegan as vacacións, se che apetece escoitar o noso programa tumbado/a na praia, tomando un refresco, ou camiñando polo monte… aquí o tedes, pincha no enlace. Poderás escoitar os/as nosos/as invitados/as especiáis: Xela Cid e os/as integrantes do Club de Lectura Tira da Páxina acompañados pola sua profesora, Pilar Conde.

https://radiomalveiras.wordpress.com/2019/06/24/chegamos-o-final-programa-no7-gravado-en-directo-na-biblioteca-do-ies/

Pódese descargar aquí

RADIO MALVEIRAS en Bibliomalveiras con TIRA DA PÁXINA

Para pechar por todo o alto (con broche de ouro non, pero con broche doce de tarta  de cumpreanos si) a súa primeira andaina no seu primeiro ano, o fabuloso equipo de Radio Malveiras coa súa profe Susana Suárez gravaron o seu derradeiro podcast deste curso escolar en Bibliomalveiras.

Na súa escaleta gardaron un espazo moi destacado para Xela Cid, a profesora de ciencias (que tanto imos botar de menos porque se xubila), e ao club de lectura TIRA DA PÁXINA e mais á súa coordinadora Pilar Conde.

A mesa de traballo estaba presidida pola fermosa tarta de cumpreanos encargada para ocasión tan especial coa súa veliña e todo. Ao rematar o programa, prendérona e sopraron como manda a cerimonia. Ben seguro que pediron o desexo de continuar unha nova xeira tan exitosa ou máis ca esta inicial tras o verán e que, oxalá, a consellería nos teña en conta na próxima convocatoria da radio na escola porque non so imos insistir en solicitalo outra vez, senón que desta volta xa podemos presentar un historial ben ben bo.

Noraboa a tod@s!!!

É un luxo e un pracer para a biblioteca e para o instituto contar con persoas tan valiosas como vós.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Programas nº 3 e 4 de Radiomalveiras

https://radiomalveiras.wordpress.com/

https://www.ivoox.com/33536526

RADIO NA BIBLIO

Neste curso e da man de Susana Suárez ponse a andar un  proxecto novo

IMG_6336.jpg

Hai un grupo moi riquiño de alumnado da ESO que con moita ilusión vai facer realidade este proxecto. Ben seguro que vai ser un éxito.

Cada quince días van quedar a xantar no centro para coñecerse mellos, traballar ao xeito e confraternizar co alumnado do club de lectura.

Se buscades na páxina web do centro e neste blog iredes vendo os seu avances e poderedes escoitar os seus podcasts.

https://radiomalveiras.wordpress.com/

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiguelangelgonzalez/blog/32

Documental sobre Cortegada, por Antón Costa

En las clases de LCL de 1º de ESO, la profe Clara Piñeiro le propuso al alumnado la preparación de un trabajo oral para exponer en el aula.

Antón Costa decidió elaborar un vídeo documental sobre la isla de Cortegada que, situada frente a O Carril, pertenece al Parque Nacional das Illas Atlánticas desde su declaración en 2002.

 

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Cortegada en Patrimonio de Vilagarcía

Turismo de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

AUDIOS DE 1º ESO A 1 SOBRE MULLERES MATEMÁTICAS

Finalmente, o alumnado de 1º ESO A 1 dou rematado o miniproxecto de traballo proposto nas áreas de Matemáticas e Lingua Castelá producido unha serie de 14 audios centrados cada un deles nunha muller matemática.

Velaí están

 

CONCURSO «OLLARES EN IGUALDADE»

Xa está aberto o prazo para presentar foto e vídeo ao concurso «Ollares en igualdade». Podes ler as bases aquí mesmo:ollares-en-igualdade.png