Archivo del sitio

Semana da MÚSICA e das ARTES ESCÉNICAS no IES O Carril

AIDA SACO BEIROA

Aida Saco Beiroa é unha xoven artista que está matriculada no noso centro. Cursa 2º de bacharelato  na modalidade de Artes, obviamente. Atravesa a ría a cotío por tal motivo desde Rianxo a O Carril.
A súa paixón é a música.
Hai moi pouco tempo abríu unha canle con contido musical propio en YOU TUBE que xa conta cunhas dúas mil visitas. Como estas persoas que se pideron deleitar coas súas composicións para piano interpretadas por ela mesma, tamén podes relaxarte ti agora no seguiente enlace:
Aida ao piano

Aida presenta o seu proxecto METAMORFOSES coas súas propias verbas:
As Metamorfoses, do poeta romano Ovidio, é un poema épico en quince libros que narra a historia do mundo dende a súa creación ata a transformación en estrela da alma de Xulio César.
Dende a súa creación esta obra, que combina con liberdade mitoloxía e historia, inspirou a numerosos artistas.

METAMORFOSES é tamén o nome do meu primeiro proxecto artístico, un proxecto que busca recrear unha viaxe existencial e máxica. Unha viaxe polos espazos e polo tempo, pero tamén polas vivencias e as emocións.
Música, imaxes e poesía son os elementos que o conforman.
Nestas plataformas dixitais poderedes seguir o itinerario desta viaxe que irei creando paso a paso.
Youtube:
https://www.youtube.com/channel/UCWIZmXDjO_EtBbeGd6310xQ
Facebook :

https://www.facebook.com/aida.sacobeiroa.3

Soundcloud:

Twitter: