Archivo del sitio

Carapuchiña, de Bonäí Capote.

Para reflexionar a propósito das violencias machistas, no centro acordouse traballar este conto e desmontar o relato orixinal da Carapuchiña vermella.

O club de lectura TIRA DA PÁXINA tivo a ben facer esta achega gravando a lectura da peza.

Moitas gracias mozas!!!

IV CONCURSO DE RELATO CURTO

Xa está convocado o IV CONCURSO DE RELATO CURTO en galego da FANPA.

O PRAZO REMATA CO MES DE FEBREIRO.

anfapa1anfapa2

¿Quién mató a Luli?

Cando para este último MES DAS LETRAS decidimos traballar cos relatos policiacos a partir do 125º aniversario do nacemento de Agatha Crhistie, lembramos unha actividade de hai xa un lustro, pero que viña ao conto, realizada polo alumnado do centro con moito éxito.
Custou algo de traballo a edición do texto, pero finalmente ofrecémosvos unha simpática lectura “dramática” de verán e maila súa dramatización gravada. Certo que o vídeo é dunha calidade xustiña, pero como di o incomparable Miguel de Cervantes ao rematar a segunda parte do seu insuperable Don Quijote de la Mancha: “VALE”.

todos_miniatura 2009-2010
No remate do ano académico 2009-2010, o alumnado de 2º de Bacharelato redactou e puxo en escena na ceremonia de despedida de curso (o día 27 de maio de 2010, no auditorio municipal) unha obra de teatro que podería clasificarse dentro do xénero humorístico-policiaco.

Titúlase ¿Quién mató a Luli? e resulta ser unha refrescante dobre parodia. Dunha parte remeda a estrutura das pezas policíacas e bota man dos seus tópicos; pola outra, os personaxes están inspirados en persoas reais que veñen a ser docentes deste alumnado ou a mesma Luli, alma da cafetería.
Desafortunadamente, non conservamos copia do texto íntegro que se corresponda coa representación plasmada no vídeo. E por certo, cómpre agradecer a Esther Dasilva que facilitara a Bibliomalveiras a copia en papel que ela gardou.

Velaí o texto e maila representación.
Que os disfrutedes!

Texto en pdf: Quién mató a Luli

Enlace á páxina web antiga do IES DO CARRIL e pasos a seguir
http://centros.edu.xunta.es/iescarril/arquivos_09-10/desp_bach/

Clicar en «Vídeos» e seleccionar despois no listado Quen matou a Luli?

Quién mató a Luli fotoTamén se pode acceder á gravación a través de you tube

AFRA MARTÍNEZ TORRADO

Entrega Afra

Na XLIII edición dos Premios Literarios Minerva, na modalidade de Narración foron presentados 122 traballos. O xurado tivo a ben outorgarlle un accésit a Afra Martínez Torrado, alumna de 2º de Bacharelato, da modalidade de Artes, do noso IES «Miguel Ángel González Estévez», do Carril.
O relato de Afra é soberbio, pero polo de agora non se pode publicar. Narrado desde unha autocrítica perspectiva feminina,  xira arredor da crúa experiencia do maltrato, da violencia de xénero perpretada no fogar.
PARABENS!!!
Deste xeito, Afra recolle a valiosa testemuña que supón a distinción con este honor de Antón Blanco Casas, gañador na anterior edición destes premios outorgados polo Colexio Peleteiro na modalidade de poesía. Daquela, os organizadores decidiron poñerlle ao libro no que se publican todos os traballos premiados da XLII edidión o inesquecible título do poema de Antón A DANZA DOS XACENTES, que podedes atopar xa en Bibliomalveiras.
Por pedir desexos, pidamos que na vindeira edición tamén alguén do noso centro se decida a participar. O equipo de profes da biblioteca brindamos todo o apoio e axuda que estea nas nosas mans.

Minerva Afra

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/marina-mayoral-amadrina-xliii-premios-minerva/idEdicion-2015-03-14/idNoticia-921036/