Archivo del sitio

PREMIOS “ENÓRMIC BANDA”

Este ano, a coordinadora dos equipos de normalización e dinamización lingüística do Salnés acordou que o noso instituto acollera a presentsción do último número da revista Enórmic Banda. Aduciuse que, por unha banda, xa nos tocaba despois duns anos, pero a razón máis importante era que a autora da portada, Afra Martínez Torrado, e máis o responsable do limiar, Antón Blanco Casás, cursaron aquí os seus estudios de Secundaria e Bacharelato (aínda non hai tanto, por certo, aínda que a súa sona vai medrando paseniñamente nos ámbitos das artes e da poesía).

E daquela, este venres 7 de xuño, celebrouse o acto en Bibliomalveiras. Contamos coa presencia do alumnado seleccionado como participante na confección do contido deste último número. Además, convidouse a Afra para comentar o seu estupendo traballo e visionouse un vídeo enviado por Antón. O acto rematou cunha breve interpretación musical a capela.

Anuncios

23 de abril. Día do libro en plenas SEMANAS NEGRAS

23 de abril

Nesta data, ademais de lembrar o cuarto centenario da publicación da segunda parte de EL QUIJOTE

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2015/febrero/autores-letras/Quijote-IVcentenario-IIparte.html

e aledarnos de que Juan Goytisolo recibira o Premio Cervantes

http://www.rtve.es/alacarta/videos/premio-cervantes/discurso-integro-juan-goytisolo-premio-cervantes-2014/3103044/

tamén organizamos actividades en por nós.

actrividades primeiras na semana do libro

Por unha banda, un grupo de rapaces do club de lectura “Tira da páxina”  presentou os seus libros preferidos:

os libros que nos gustan1os libros que nos gustan2os libros que nos gustan3os libros que nos gustan4os libros que nos gustan5

os libros que nos gustan6

Pero ademais arrancou o concurso arredor do libro Un cadáver en la biblioteca, de Agatha Christie, por todo o alto porque sí que apareceu un cadáver en Bibliomalveiras nada mais abrir a porta no primeiro recreo. Velaí a escea do crime:

escea crime 1 escea crime 2 escea crime 3 escea crime 4 escea crime 5 escea crime 6

escea crime 7

O conto tivo tremenda repercusión na prensa de ficción

vozcarril

E de modo tan teatreiro iniciamos todo un proceso de investigación arredor do relato policial de Agatha Christie a través dun concurso

concurso cadaver concurso cadaver2

Pero, claro, un crime tan policiaco sempre debe quedar resolto.  Por iso, en breve asistiremos ás sucesivas fases de pescudas, interrogatorios, probas, autopsia, testemuñas… Vaia, que merece un “ceseí” en toda regla.

Ai que andar cos ollos moi abertos a partir de agora, porque hai recompensas ¡Ollo!

Para quen xa lera esta novela, ou para quen prefira outras propostas de narracións de misterio policial ou de novela negra, e mesmo de cine, cómpre pasarse por Bibliomalveiras para botarlle un ollo ás outras nosas ofertas do MES DAS LETRAS deste ano

oferta libros e pelis

Na teatralización do cadáver en Bibliomalveiras, contamos coa participación dun grupiño de artistas colaboradoras do 2º de Bacharelato de Artes. Graciñas a Jessica Barreiro (o corpo do deito), Sara González (cámara), Alicia Juncal (maquillaxe) e Afra Martínez (cartel).

artistas Bac

AFRA MARTÍNEZ TORRADO

Entrega Afra

Na XLIII edición dos Premios Literarios Minerva, na modalidade de Narración foron presentados 122 traballos. O xurado tivo a ben outorgarlle un accésit a Afra Martínez Torrado, alumna de 2º de Bacharelato, da modalidade de Artes, do noso IES “Miguel Ángel González Estévez”, do Carril.
O relato de Afra é soberbio, pero polo de agora non se pode publicar. Narrado desde unha autocrítica perspectiva feminina,  xira arredor da crúa experiencia do maltrato, da violencia de xénero perpretada no fogar.
PARABENS!!!
Deste xeito, Afra recolle a valiosa testemuña que supón a distinción con este honor de Antón Blanco Casas, gañador na anterior edición destes premios outorgados polo Colexio Peleteiro na modalidade de poesía. Daquela, os organizadores decidiron poñerlle ao libro no que se publican todos os traballos premiados da XLII edidión o inesquecible título do poema de Antón A DANZA DOS XACENTES, que podedes atopar xa en Bibliomalveiras.
Por pedir desexos, pidamos que na vindeira edición tamén alguén do noso centro se decida a participar. O equipo de profes da biblioteca brindamos todo o apoio e axuda que estea nas nosas mans.

Minerva Afra

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/marina-mayoral-amadrina-xliii-premios-minerva/idEdicion-2015-03-14/idNoticia-921036/