Archivo del sitio

Outra composición artística arredor de Marie Curie

IMG_1962

O alumnado de 1º de Bacharelato coa súa profe Maika Fernández agasalláronnos cunha segunda imaxe fermosísima centrada na figura de Marie Curie, aplicando a técnica do debuxo en grellas.

IMG_1961

De momento está exposto no vestíbulo do centro, pero haille que ir buscando un espazo nalgunha das paredes do instituto. se cadra, ata o concello podería inspirarse nel para refacer dun xeito máis digno a placa da rúa que leva o nome desta extraordinaria muller.

Fallo do xurado do concurso MARIE CURIE E FAMILIA

NORABOA!

Ao grupo de 2º ESO B

que resultou gañador do concurso

MARIE CURIE E FAMILIA

e xa está a disfrutar do seu premio.

Parabéns do equipo de profes de Bibliomalveiras.

Resolución concurso MARIE CURIE E FAMILIA

árbore xenealóxica Sklodowska-Curie

IMG_1968IMG_1970

IMG_1954

MARIE CURIE E FAMILIA

CONCURSO

MARIE CURIE E FAMILIA

14 de novembro de 2017

Con motivo da Semana da Ciencia dedicada a Marie Curie con motivo do 150º aniversario do seu nacemento, no IES do Carril “Miguel Ángel González Estévez” estanse a celebrar varias actividades.

E concluíndo esta semana, a modo de broche, Bibliomalveiras organiza o concurso MARIE CURIE E FAMILIA no que poderán participar todos os grupos de aula de ESO, Bacharelato e Ciclo durante a xornada lectiva do martes, 14 de novembro.

PROCEDEMENTO E BASES:

1. A cada grupo entregaráselle unha ficha fotográfica na que figuran os rostros dos membros da familia de Marie Curie.

2. Tamén lle será entregada unha copia a cada profe por se quere colaborar cos seus grupos de alumnado ao longo das sesións lectivas da xornada.

3. De modo colectivo, e coa axuda do profesorado ou como mellor estime o alumnado de cada grupo, intentarase cubrir correctamente a ficha fotográfica que deberá ser entregada na conserxería, facendo constar nela o grupo de aula correspondente.

4. O prazo finaliza co remate das clases do propio martes, 14 de novembro.

5. Nos días seguintes, todas as fichas fotográficas cubertas serán expostas onda outra coas solucións.

6. Haberá un único premio para a aula do grupo gañador que consistirá nun sillón ben xeitoso ou dous.

7. Se aparecera máis dunha ficha fotográfica con todas as respostas correctas, o premio sería sorteado entre os correspondentes grupos de aula.

genealogía curie.jpg

O radón

Na última sesión da mañá do martes 14, o alumnado de Física e Química de 2º de Bacharelato A realizou unha presentación elaborada por eles mesmos co asesoramento dos seus profes Rita Meijide e Celso Vázquez sobre o radón e a súa incidencia na nosa contorna. en concreto, expuxeron o seu traballoRubén Villanustre Loureiro e Cristina Figueira Vilas, a quen lles prestou apoio técnico Laura Rodríguez.

Ademais, colaboraron na realización do traballo previo estas persoas do mesmo grupo: David Lorenzo, Gonzalo Ruibal Otero, Ramón Iglesias, Daniel Varela, Jorge de Santiago, Andrea Fresco e Sara Vázquez.

Noraboa a tod@s!

 

A charla ía dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias e de 1º de Bacharelato Ciencias e Latín e reultou moi produtiva e interesante. Ademais, no encerado do corredor, fóra da bilioteca, quedou instalado un mural con noticias extraídas da prensa referidas á incidencia do radón.

IMG_1960

Charlas do alumnado de Cultura Científica

O alumnado de 4º de ESO de Cultura Científica foi a cada unha das aulas de 3º ESO para impartir unha serie de charlas sobre 18 mulleres científicas das que prepararon unhas láminas que foron expostas no 1º piso.

IMG_2560

Prepararon estes traballos coa súa profe, Pili Capeáns, e ademais contaron coa colaboración das profesoras Melisa Fuentes e Tareixa Escariz para presentarllos ao alumnado de 3º nas súas clases de lingua castelá e galega, respectivamente.

 

Inauguramos a semana das ciencias dedicada a Marie Curie

Coincidindo co 150º aniversario do nacemento de Marie Curie (1867-1934) que se cumpría este martes, 7 de novembro, o equipo da biblioteca do IES “Miguel Ángel González Estévez” coordina unha semana da ciencia dedicada a honrar a figura de MARIA SKLODOWSKA, máis coñecida como MARIE CURIE tras casar con Pierre e tomar o apelido del.

Como este instituto está situado no Carril, precisamente na rúa Marie Curie, e xa que novembro é o mes das ciencias, decidiuse planificar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias arredor de tan ilustre científica. Ademais, esta muller de orixe polaca foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes (un de Física e outro de Química), e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Con tal motivo, estanse a desenvolver unha ducia de actividades enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas. De tal xeito,  combinaranse varias charlas; diferentes exposicións temáticas sobre a figura de Marie Curie, material de laboratorio, o impacto do radón na nosa contorna, as mulleres científicas e matemáticas; a proxeccións dunha película documental e convocatoria dun concurso no que participará todo o centro.

Para a ocasión, o alumnado de Bacharelato de artes coa súa profesora Águeda Lojo creou un magnífico cartel que luce na fachada da entrada principal do instituto desde as 12.45 h. da mañá de onte, cando quedou inaugurada pola directora do centro esta semana das ciencias.

De inmediato, se dou paso á interpretación dunha breve peza musical do Concerto nº 2 do compositor polaco Henryk Wieniawsky, a cargo da violinista Elena Rodríguez Oubiña, de 1º Bac. C.

 

E a continuación, realizouse unha lectura plurilingüe (en francés, galego, castelán, alemán, inglés, vasco, italiano e valenciano) dun texto extraído do diario epistolar de Marie Curie.

 

Na imaxe central do cartel, Ana Mª Dopico (alumna de 2º de Bacharelato de artes) quixo transmitir cunha imaxe impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina, xa que co seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde de toda a humanidade, aínda que definitivamente lle custara a súa propia, xa que morreu de leucemia.

IMG_20171107_180842_895.jpg

Tamén na tarde de onte, martes 7 de novembro, e dentro do horario escolar Manuel Chouza, profesor “emérito” do centro, acompañado pola profesora Xela Cid, protagonizou unha amena charla didáctica destinada a todo o alumnado de ciencias de Bacharelato e mais de 3º e 4º da ESO titulada Contra o ninguneo das mulleres científicas impúxose Marie Curie.

 

IMG_20171107_174927_498.jpg

Fermosísimo cartel para honrar a Madame Marie Curie

CARTEL MARIE CURIE

No 150º aniversario do nacemento de Marie Curie que se cumpre o martes, 7 de novembro, o equipo de Bibliomalveiras organiza e coordina unha SEMANA DA CIENCIA DEDICADA A HONRAR A FIGURA DE MARIA SKLODOWSKA / MARIE CURIE. Con tal motivo, estanse a preparar unha ducia de actividades nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas.

Como sabedes, o noso centro está na rúa Marie Curie (por certo, o concello de Vilagarcía de Arousa mantén a placa co seu nome nunha estructura e nun estado bastante «cutres») e xa que novembro é o mes das ciencias, queremos organizar e coordinar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias, centrada na figura de Marie Curie, quen antes de casar con Pierre  e tomar o seu apelido, era de solteira Maria Skłodowska. Pero ademais, esta muller foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes, e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Así que en principio, estas actividades quedan enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, ambos incluídos; pero, se fora preciso ou se merecese a pena, poderiase alongar este prazo.

Este cartel tan precioso que luciremos na fachada da entrada principal, foi realizado polo alumnado de Bacharelato de Artes e pola súa profesora Águeda Lojo. Na imaxe central, Ana Mª Dopico quixo visualizar dun xeito impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina: o seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde, aínda que definitivamente lle custara a súa propia.

Actividades na honra de Marie Curie no mes das ciencias

 

Na rúa con MARIE CURIE

m-curierua-m-curie

Aínda que moitas persoas non se dean conta, a rúa na que está situado o noso instituto leva o nome de Marie Curie. E en Bibliomalveiras, mesmo por iso, conxuntamente cos departamentos de ciencias e francés andamos a artellar unha serie de actividades para honrar a esta marabillosa e potente mente feminina da que se cumprirán 150 anos do seu nacemento no ano 2017.

Imprimir

Maria Salomea Skłodowska-Curie (quen ao casar en Francia con Pierre adoptou o seu apelido) foi a primeira persoa que mereceu dous premios Nobel. Obtivo o Premio Nobel de Física en 1903 e o Premio Nobel de Química en 1935.

Ninguén antes acadara tal, nin home nin muller.

Ela, que nacera en Polonia, descubreu o radio e o polonio.

Especialmente as científicas do CNIO, que é o Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (en Madrid) quixeron honrar a esta MULLER científica para facernos comprender que sin a súa dedicación (que lle costou a saúde propia) sería impensable empezar a loitar contra o cancro.

https://www.cnio.es/es/women-science/marie-curie/index.asp