Fermosísimo cartel para honrar a Madame Marie Curie

CARTEL MARIE CURIE

No 150º aniversario do nacemento de Marie Curie que se cumpre o martes, 7 de novembro, o equipo de Bibliomalveiras organiza e coordina unha SEMANA DA CIENCIA DEDICADA A HONRAR A FIGURA DE MARIA SKLODOWSKA / MARIE CURIE. Con tal motivo, estanse a preparar unha ducia de actividades nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas.

Como sabedes, o noso centro está na rúa Marie Curie (por certo, o concello de Vilagarcía de Arousa mantén a placa co seu nome nunha estructura e nun estado bastante “cutres”) e xa que novembro é o mes das ciencias, queremos organizar e coordinar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias, centrada na figura de Marie Curie, quen antes de casar con Pierre  e tomar o seu apelido, era de solteira Maria Skłodowska. Pero ademais, esta muller foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes, e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Así que en principio, estas actividades quedan enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, ambos incluídos; pero, se fora preciso ou se merecese a pena, poderiase alongar este prazo.

Este cartel tan precioso que luciremos na fachada da entrada principal, foi realizado polo alumnado de Bacharelato de Artes e pola súa profesora Águeda Lojo. Na imaxe central, Ana Mª Dopico quixo visualizar dun xeito impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina: o seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde, aínda que definitivamente lle custara a súa propia.

Actividades na honra de Marie Curie no mes das ciencias

 

Anuncios

Publicado el 02/11/2017 en malveiradas, Uncategorized, vós y etiquetado en , , , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s