Archivo del sitio

ENQUISA SOBRE O ACOSO NAS REDES ÁS RAPAZAS.

Radiomalveiras no aire

O equipo de Radiomalveiras formado por alumnado de 1º de bacharelato dos tres grupos quedaron para gravar un novo podcast coa súa profesora Rebeca. Son Marta Méndez, Diego García, María José Martínez, Carolina Ferreira e Ángela Couselo.

https://drive.google.com/file/d/15QFFUdurbN4iLwGMO-15nGZmo2f8T083/view?usp=sharing

Fabuloso traballo

Radio Malveiras: 2019-20

Retomouse a actividade do proxecto da nosa radio escolar RADIO MALVEIRAS, cun grupiño de alumnas e alumnos de ESO no seu espazo xa consolidado nunha pequena sala moi xeitosiña ao lado da biblioteca. Nos seus programas o contido céntrase en diferentes aspectos do currículo, nas efemérides ao longo do curso e na comunidade educativa. Durante o primeiro trimestre as sesións de traballo fixéronse na hora do xantar dos martes antes das clases da tarde, pero no seguinte trimestre as xuntanzas pasaron a efectuarse en dous recreos por semana.

Estes son os podcast dos dous programas de radio producidos polo equipo de Radio Malveiras neste curso coordinados por Begoña Barcala Somoza.

  • Programa nº 1

<a href=»https://www.ivoox.com/radio-malveiras-curso-2019-20-programa-1-audios-mp3_rf_48983091_1.html» title=»Radio_Malveiras_curso_2019_20 programa 1″>Ir a descargar</a>

  • Programa nº 2

<a href=»https://www.ivoox.com/radio-malveiras-curso-2019-20-programa-2-audios-mp3_rf_48983248_1.html» title=»Radio_Malveiras_curso_2019_20 programa 2″>Ir a descargar</a>

 

 

 

Programa nº 7 de Radio Malveiras

Chegamos ao final! Programa nº7, gravado en directo na biblioteca do IES.

E por fin chegan as vacacións, se che apetece escoitar o noso programa tumbado/a na praia, tomando un refresco, ou camiñando polo monte… aquí o tedes, pincha no enlace. Poderás escoitar os/as nosos/as invitados/as especiáis: Xela Cid e os/as integrantes do Club de Lectura Tira da Páxina acompañados pola sua profesora, Pilar Conde.

https://radiomalveiras.wordpress.com/2019/06/24/chegamos-o-final-programa-no7-gravado-en-directo-na-biblioteca-do-ies/

Pódese descargar aquí

RADIO MALVEIRAS en Bibliomalveiras con TIRA DA PÁXINA

Para pechar por todo o alto (con broche de ouro non, pero con broche doce de tarta  de cumpreanos si) a súa primeira andaina no seu primeiro ano, o fabuloso equipo de Radio Malveiras coa súa profe Susana Suárez gravaron o seu derradeiro podcast deste curso escolar en Bibliomalveiras.

Na súa escaleta gardaron un espazo moi destacado para Xela Cid, a profesora de ciencias (que tanto imos botar de menos porque se xubila), e ao club de lectura TIRA DA PÁXINA e mais á súa coordinadora Pilar Conde.

A mesa de traballo estaba presidida pola fermosa tarta de cumpreanos encargada para ocasión tan especial coa súa veliña e todo. Ao rematar o programa, prendérona e sopraron como manda a cerimonia. Ben seguro que pediron o desexo de continuar unha nova xeira tan exitosa ou máis ca esta inicial tras o verán e que, oxalá, a consellería nos teña en conta na próxima convocatoria da radio na escola porque non so imos insistir en solicitalo outra vez, senón que desta volta xa podemos presentar un historial ben ben bo.

Noraboa a tod@s!!!

É un luxo e un pracer para a biblioteca e para o instituto contar con persoas tan valiosas como vós.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.