Archivo del sitio

DESTAPA AS VIOLENCIAS

Con motivo da celebración das actividades conxuntas dos centros escolares contra as violencias machistas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, que tivo lugar o día 24 de novembro, unha parte do alumnado de 2º de Bacharelato do IES O Carril realizou un vídeo creativo vencellado á materia de Lingua Galega e Literatura, co apoio da súa profesora.

Previamente, debatérase nas aulas sobre as violencias. E como culminación desta actividade, elaboráronse unhas redaccións. Catro delas foron seleccionadas para realizar o vídeo titulado AS VIOLENCIAS

Miquel Angel de la Torre, Andrea Fernández, Carla Rodríguez Rivas e Lara Piñeiro Acha son as persoas que se ocuparon da autoría e locución do texto. María Pereira foi a responsable da edición.

No Auditorio, este traballo foi presentado por varias alumnas de 1º de Bacharelato de Literatura Universal. Xa se sabe que en 2º de Bacharelato non cómpre faltar moito ás clases, claro.

Como ben se pode apreciar, o resultado é magnífico.

MIRADAS CADUCAS, de CLEOBULINA´S FILMS

As alumnas de Literatura Univdersal de 1º de Bacharelato crearon este fermoso vídeo para explicar a orixe dos mitos do amor romántico co obxecto de desmontalos, claro.

O traballo foi presentado no Auditorio Municipal, o 24 de novembro con motivo da celebración conxunta de todos os centros escolares de Vilagarcía de Arousa de actividades para contribuir desde a educación á eliminación das violencias machistas.

Agardemos que esta marabillosa produtora nos regale outros traballos.

Noraboa, rapazas!

O alumnado de ORATORIA expón a síntese dos resultados da enquisa sobre o acoso nas redes ás rapazas no Auditorio

25 DE NOVEMBRO: CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

https://www.savethechildren.es/actualidad/informe-no-es-amor

Pensa en lila. Pon fin ás violencias machistas

¿Que é a violencia machista? (subtitulado)

PREPARAMOS O 25-N

MARCAPÁXINAS-VIOLENTÓMETROS

Velaí algunhas imaxes dos marcapáxinas-violentómetros (facendo a súa función sinalizadora nas lecturas) que realizou parte do alumnado de 2º e 3º ESO coa súa profe Tiffany López.

O traballo foi proposto para reflexionar sobre a cuestión das violencias machistas nas xornadas próximas ao 25 de novembro, pero co afán de facela estensible moito máis alá no tempo ao vencellala a unha actividade tan reflexiva e repousada como é a lectura.

A idea, nun principio, era escoller unha de entre todas as propostas deseñadas para editar marcapáxinas para todo o alumnado do centro.

Pero, dadas as circunstancias sanitarias neste curso, preferíuse que cadaquén elaborase o seu propio. Se cadra, retomarase máis adiante esta segunda parte.

E boa mágoa que dá, porque estes que se escolleron para seren presentados aquí sonche ben chulos.

As súas autoras e autores son:

Alfonso Ramos Martínez, de 2º ESO C

Iria Mª Codesido Busto, de 3º ESO B

Aarón Muñiz Padín, de ESO C

Claudia Rey Piñón, de 3º ESO C

Carmen Vila Tarrío, de 3º ESO C

Aínda así, aí queda a idea para quen queira crear o seu marcapáxinas-violentómetro.

Noraboa a todas as persoas que participaron na actividade e máis á profe, claro!!!

A que dan ganas de mercarllos ou de lles encargar un?