Archivo de la categoría: creación, videopoema

CONCURSO DE INVENTOS NA SEMANA DA CIENCIA

 

IMG_6388.jpg

IMG_6390.png

3ª SEMANA DA CIENCIA NO IES DO CARRIL

“MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ”

Do 26 ao 30 de novembro de 2018

CONCURSO DE INVENTOS E INNOVACIÓNS

BASES

Poderán presentarse inventos ou innovacións que poidan resolver calquera problema, mesmo algún problema ficticio ou gratuíto, ou prestar algún servizo para o cal a tecnoloxía aínda non evolucionou o suficiente. Por exemplo: un paraugas para can.

Valoraranse:

        • a orixinalidade,

        • o enxeño,

        • a presentación (calidade do resultado final e da estética),

        • a funcionalidade aplicada da proposta.

Todas as propostas presentadas quedarán en exposición durante a semana da ciencia que se celebrará na derradeira semana de novembro.

Participantes

Todo o alumnado do centro pode concursar individualmente, en parellas ou por equipos.

Categorías

1ª: alumnado de 1º, 2º e 3º ESO

2ª: alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclo superior TSAAFD.

Modalidades

Haberá dúas modalidades:

  1. Debuxo

  2. Maqueta

Requisitos

As propostas presentadas deberán estar identificadas cun nome específico (por exemplo “paracanaugas”), ser absolutamente inéditas e han ser acompañadas dun esquema ilustrativo e/ou dun breve texto explicativo do seu funcionamento.

Por exemplo

PARAUGAS PARA CANS E CADELAS QUE LEVA INCORPORADA A CORREA DO ANIMAL.

Claro que este non serve porque xa está comercializado. Ollo, que ten que ser orixinal!

Prazo de presentación

A data límite será o luns 26 de novembro.

Premio único

A persoa ou persoas en quen recaia o premio recibirá

  1. un único cheque para consumir na cafetería do centro,

  2. un diploma,

  3. o nomeamento como persoa máis enxeñosa do ano

  4. e a publicación do invento ou innovación premiado na páxina web do centro e no blog da biblioteca.

Fallo do xurado

O xurado, constituído polo equipo docente da biblioteca, dará a coñecer o seu fallo o venres 30 de novembro.

Anuncios

Recitando poesía en Bibliomalveiras

Con motivo do día da poesía, que se celebra cada ano o 21 de marzo, o grupo de 1º ESO B baixou á Bibliomalveiras coa súa profesora de LCL, Clara Piñeiro, para realizar un recital de poemas no que tod@s alternabaan o rol de público e o de actuantes.

Desafortunadamente, ese día os recursos técnicos do centro “fixeron folga” e a gravación dos vídeos non resultou moi exitosa. Houbo que botarlle algo de paciencia (a de Mani, o conserxe, en concreto) para recuperar algunhas partes que como esta peza de vídeo dan conta da fermosa actividade realizada.

Quen aquí recita é Nerea Santaella:

A que está xenial?

Pois a ver quen se anima a repetir, ou a probar por vez primeira, porque queremos máis poesía ben recitada neste blog.

 

CONCURSO “OLLARES EN IGUALDADE”

Xa está aberto o prazo para presentar foto e vídeo ao concurso “Ollares en igualdade”. Podes ler as bases aquí mesmo:ollares-en-igualdade.png

A CARA OCULTA DOS VERSOS

A CARA OCULTA DOS VERSOS mostra a intervención artística nun conxunto de poemarios realizada pola pintora MARÍA  ISABEL  PINTADO. 

Esta exposición enmarcada no contexto do MES DAS LETRAS (do 23 de abril ao 17 de maio) permanecerá instalada na biblioteca desde o días 8  ata o venres, 11 de maio.

IMG_5014

Esta artista presentou a súa exposición explicando o sentido e mailo contido da súa obra (na que conxuga a lectura reflexiva da poesía e a inspiración convertida en arte plástica) ao alumnado do Bacharelato de Artes de 1º e 2º de Bacharelato na tarde deste martes.

 

Durante as xornadas seguintes, e a excepción do servicio de préstamo nos recreos, a biblioteca quedará exclusivamente destinada ás visitas á exposición do alumnado  acompañado do correspondente profesorado.

A artista foi presentada por Nerea Loureiro, alumna de 2º de Bacharelato C e membro do Club de lectura TIRA DA PÁXINA.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

DÍA DA POESÍA. 21 DE MARZO

01

Está a chegar o 21 de marzo,

DÍA INTERNACIONAL

DA POESÍA

e maila primavera.
Bibliomalveiras proponvos crear
poemas de xeito colaborativo
segundo o modelo do
cadáver exquisito.
Consiste en ir engadindo novos versos mantendo unha certa unidade textual, estilística e temática ata que alguén peche a peza cun verso final.
DÍA DA POESÍA

AMOR EN 6 LINGUAS

Este martes, día 6 de marzo, tralo fallo do xurado do concurso “Amor en 6 linguas”  foron entregados os correspondentes premios pola profesora coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística, Rosa López, e mais pola Vicedirectora, Clara Piñeiro.

As gañadoras e mais o gañador por lingua foron:

  • Lingua galega
    • ESO: Carla Rodríguez Rivas, 1º B
    • Bacharelato: Amagoia Andújar Mejuto, 1º B
  • Lingua castelá
    • ESO: Rita Bouzas, 3º A2
  • Lingua francesa
    • ESO: Oriana Serqueira Ávalos
    • Bacharelato: Brais González Herraez
  • Lingua inglesa: (deserto)
  • Lingua Grega/latina: (deserto)

Noraboa a tod@s!

 

Os textos premiados están expostos no encerado do corredor da biblioteca, pero tamén se poden ler aquí abaixo e na páxina web do centro:

  • Bacharelato: Brais González Herraez, 1º B

amor_en_seis_linguas14.jpg

https://i0.wp.com/www.edu.xunta.gal/centros/iesmiguelangelgonzalez/galeria/albums/iesmiguelangelgonzalez/userpics/10004/amor_en_seis_linguas1.jpg

  • Bacharelato: Amagoia Andújar Mejuto, 1º B

amor_en_seis_linguas17.jpg

amor_en_seis_linguas2.jpg

  • ESO: Oriana Serqueira Ávalos, 3º B

amor_en_seis_linguas13.jpg

https://i1.wp.com/www.edu.xunta.gal/centros/iesmiguelangelgonzalez/galeria/albums/iesmiguelangelgonzalez/userpics/10004/amor_en_seis_linguas3.jpg

  • ESO: Carla Rodríguez Rivas, 1º B

amor_en_seis_linguas16.jpg

amor_en_seis_linguas4.jpg

  • ESO: Rita Bouzas, 3º A2

amor_en_seis_linguas11.jpg

Rita

Outra composición artística arredor de Marie Curie

IMG_1962

O alumnado de 1º de Bacharelato coa súa profe Maika Fernández agasalláronnos cunha segunda imaxe fermosísima centrada na figura de Marie Curie, aplicando a técnica do debuxo en grellas.

IMG_1961

De momento está exposto no vestíbulo do centro, pero haille que ir buscando un espazo nalgunha das paredes do instituto. se cadra, ata o concello podería inspirarse nel para refacer dun xeito máis digno a placa da rúa que leva o nome desta extraordinaria muller.

Cantando a Carlos Casares

María do Ceo canta a Carlos Casares

Rapeando desde Mosteiro-Meis

 

Pezas de amor de poetas de sona

Mentras que o concurso AMOR EN 4 LINGUAS convida a presentar cartas de amor por San Valentín, BIBLIOMALVEIRAS ofrécevos o encerado para deixar pegadas ou levar pezas de amor de poetas de sona.

AMOR EN 4 LINGUAS e certame de relato curto de FANPA-PONTEVEDRA

De novo está aberta a convocatoria anual do concurso AMOR EN CATRO LINGUAS.

O prazo remata o día 15 de febreiro, os premio entregaránse o 24.

Pódese concursar escribindo cartas de amor (orixinais en todos os sentidos) empregando o francés, o inglés, o galego ou o castelán. Os textos entréganselle a calquer profe das catro linguas.

 

Amor_en_catro_linguas.png

Ademais tamén está aberto o prazo para concursar no V Certame de Relato Curto en lingua galega convocado pola Federación de Nais e Pais (FANPA) que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra,  da Deputación e da editorial Kalandraka. Conta con catro categorías, para alumnos de Primeria, Secundaria, Bacharelato/Formación Profesional e tamén unha destinada a adultos.

O prazo para entregar os relatos manterase aberto ata o próximo 28 de febreiro.

As bases do concurso pódense consultar neste enlace http://certame.nontedurmas.org/

Os premios, para o gañador de cada unha das categorías, será un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Xosé Cobas. Ademais como novidade, nesta ocasión os cinco primeiros clasificados en cada categoría poderán participar nun obradoiro de creación literaria impartido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Como en anteriores edicións Kalandraka publicará nun libro os 120 relatos finalistas, no que se incluirá un texto feito expresamente para a ocasión polo escritor profesional Xabier Docampo.

http://www.kalandraka.com/blog/2017/01/19/v-certame-de-relato-curto-de-fanpa-pontevedra/