Archivo del sitio

21 de marzo: DÍA DA POESÍA

Arredor desta efemérides vanse ir desenvolvendo tres actividades especiais nas paredes do instituto.

De momento, no corredor da biblioteca hai colocadas unhas cartulinas para que quen o desexe deixe escrito un endecasílabo feliz, aínda que sexa de mentira.

Instalarase nesta semana, tamén no corredor da biblioteca, unha exposición con traballos elaborados polo alumnado de 4º ESO centrado nunhas decenas de mulleres poetas que compoñeron as súas obras en castelán, baixo o lema UN CANON DEL SIGLO XXI. Por arrimar o interese pola poesía ás actividades do centro con motivo do 8M que se estenden a todo o mes, escolléronse solo mulleres opoetas por esta vez. E tamén se fai así por compensar a presencia marcadamente masculina dos autores varóns nos libros de literatura.

Para a vindeira semana, está planeada outra exposición de poesía, esta de caligramas creados por todo o alumnado de ESO, que se estenderá por varias paredes de varios andares porque moito alumnado se sumou a esta iniciativa.

8-M: DÍA DA MULLER

Como comprobamos neste poema de Elvira Sastre, tamén a poesía sirve para reflexionar arredor de quen somos mulleres:

SOMOS MUJERES

Miradnos.

Somos la luz de nuestra propia sombra,

el reflejo de la carne que nos ha acompañado,

la fuerza que impulsa a las olas más minúsculas.

Somos el azar de lo oportuno,

la paz que termina con las guerras ajenas,

dos rodillas arañadas que resisten con valentía.

Miradnos.

Decidimos cambiar la dirección del puño

porque nosotras no nos defendemos:

nosotras luchamos.

Miradnos.

Somos, también, dolor,

somos miedo,

somos un tropiezo fruto de la zancadilla de otro

que pretende marcar un camino que no existe.

Somos, también, una espalda torcida,

una mirada maltratada, una piel obligada,

pero la misma mano que alzamos

abre todas las puertas,

la misma boca con la que negamos

hace que el mundo avance,

y somos las únicas capaces de enseñar

a un pájaro a volar.

Miradnos. Somos música,

inabarcables, invencibles, incontenibles, inhabitables,

luz en un lugar que aún no es capaz de

abarcarnos, vencernos, contenernos, habitarnos,

porque la belleza siempre cegó los ojos

de aquel que no sabía mirar.

Nuestro animal es una bestia indomable

que dormía tranquila hasta que decidisteis

abrirle los ojos con vuestros palos,

con vuestros insultos, con este desprecio

que, oídnos:

no aceptamos.

Miradnos.

Porque yo lo he visto en nuestros ojos,

lo he visto cuando nos reconocemos humanas

en esta selva que no siempre nos comprende

pero que hemos conquistado.

He visto en nosotras

la armonía de la vida y de la muerte,

la quietud del cielo y del suelo,

la unión del comienzo y del fin,

el fuego de la nieve y la madera,

la libertad del sí y el no,

el valor de quien llega y quien se va,

el don de quien puede y lo consigue.

Miradnos,

y nunca olvidéis que el universo y la luz

salen de nuestras piernas.

Porque un mundo sin mujeres

no es más que un mundo vacío y a oscuras.

Y nosotras estamos aquí para despertaros

y encender la mecha.

Xiyao recibe o seu premio

ARTE E POESÍA. POESÍA E ARTE

Cartel_Bibliotecas_Escolares__8-19web_2

Na liña do lema marcado para as bibliotecas escolares deste curso, o alumnado do Bacharelato Artístico elaboraron estas fermosas propostas coordinados por Maika, que é a súa profe e membro do equipo da biblioteca.

 

Esta interesante exposición atópase no último tramo das escaleiras que arrancan detrás da cafetería.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Recitando poesía en Bibliomalveiras

Con motivo do día da poesía, que se celebra cada ano o 21 de marzo, o grupo de 1º ESO B baixou á Bibliomalveiras coa súa profesora de LCL, Clara Piñeiro, para realizar un recital de poemas no que tod@s alternabaan o rol de público e o de actuantes.

Desafortunadamente, ese día os recursos técnicos do centro «fixeron folga» e a gravación dos vídeos non resultou moi exitosa. Houbo que botarlle algo de paciencia (a de Mani, o conserxe, en concreto) para recuperar algunhas partes que como esta peza de vídeo dan conta da fermosa actividade realizada.

Quen aquí recita é Nerea Santaella:

A que está xenial?

Pois a ver quen se anima a repetir, ou a probar por vez primeira, porque queremos máis poesía ben recitada neste blog.

 

Olesya Kanevska en La Voz de Galicia

Olesya

A nosa Olesya Kanevska andaba polo instituto hai tres anos e agora presenta o seu poemario no xornal La Voz de Galicia. Ela formaba parte daquel magnífico Taller de poesía que se reunía na biblioteca cada semana baixo o xeneroso maxisterio de Augusto Guedes de Castro.

Olesya en LA VOZ DE GALICIA

Agora, sendo alumna de terceiro curso na Facultade de Comunicación Audiovisual en Pontevedra, decidiu autoeditar o seu poemario Garabatos. Noraboa!

E en Bibliomalveiras xa estamos pensando en chamala para que nos veña falar da súa inquietude pola poesía.

https://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2017/11/01/olesya-kavenska-recita-poema/0031_2017115632290288001.htm

 

 

Antón co club de lectura TIRA DA PÁXINA»

Tal e como estaba previsto, celebrouse o acto de presentación do poemario de Antón Blanco, A oseira, en Bibliomalveiras.

La Voz de Galicia fíxose eco do acto na edición de Arousa cunha nota redactada de modo moi afortunado e certo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/26/span-langglprimeiro-poemario-anton-blancospan/0003_201704A26C119916.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/27/anton-blanco-regresa-carril/0003_201704A27C11996.htm

 

E o Faro de Vigo tamén deu conta do acto

IMG_1660 (2)_LI

Os membros do club de lectura estiveron á altura de tan especial ocasión e formuláronlle a Antón moitas e moi intelixentes cuestións que el foi atendendo con detalle e moita xenerosidade.

Cada membro do club leu cadanseu poema escollido de A oseira, e Antón obsequióunos coa lectura de material poético inédito. Ademais, avanzounos que moi pronto aparecerá parte da súa produción publicada por Galaxia.

Á verdade é que quen tivemos a sorte de asistir (profes e alumnado interesado de 4º e de 1º Bacharelato) aprendemos non só do poeta, senón tamén das reflexións d@s alumn@s do club de lectura TIRA DA PÁXINA.

Esta sesión resultou unha dobre delicia: unha, polo valor intrínseco do tratamento do feito poético, e outra, pola condición dos participantes.

En canto sexa posible, colgaremos o vídeo e transcribiremos a conversa con Antón.

Para o profesorado do instituto de antes e de agora, ocasións coma esta reconfortan moitísimo.

Así que estamos tod@s de noraboa, moi especialmente Parabéns para Tareixa! que coordina con tan boa man o club de lectura, por contarmos con xente nova de probada valía no noso centro.

Graciñas e parabéns, Antón, pola túa colaboración tan cálida e por compartir con nós o teu éxito.

E graciñas e parabéns a Lara, Antía, Nerea, Cristina e Ismael polo seu excelente traballo!

Velaí o vídeo deste acto tan especial

 

ANTÓN BLANCO presenta «A oseira»

Este mércores, 26 de abril de 2016, na 4ª sesión terá lugar a presentación en Bibliomalveiras do primeiro poemario do antigo alumno do instituto Antón Blanco, titulado A oseira . Este acto inscríbese no contexto do MES DAS LETRAS, que desde hai anos no noso instituto se inicia co 23 de abril (día do libro) e abrangue ata o 17 de maio, día das Letras Galegas.

Antón_Blanco_Casás_na_presentación_de_A_oseira_en_Ourense_7-7-2016

A actividade está organizada polo equipo de profes da biblioteca e polos membros do club de lectura TIRA DA PÁXINA en quen recaerá  a maior parte da conducción do acto, coordinados pola súa profesora Tareixa Escariz.

Como asistentes a esta presentación tan especial para o centro, apuntáronse voluntariamente case medio cento de persoas de 4º ESO e 1º de Bacharelato moi interesadas en compartir un rato inesquecible con Antón, para coñecelo mellor e gozar dos seus poemas.

A oseira

O libro xa foi presentado na libraría Espazo Lector Nobel de Vilagarcía (27 de xuño de 2016), na libraría Chan da pólvora, en Compostela (1 de xullo de 2016), en Ourense (7 de xullo de 2016) e en Vigo (28 de setembro de 2016).

Para Bibliomalveiras e para o instituto, como non pode ser doutro xeito, supón unha enorme satisfacción e un orgullo contar cun dos novos potas galegos tan louvado pola crítica, e que por riba foi alumno non hai tanto neste centro.

Antón Blanco Casás resultou distinguido co PREMIO MINERVA DE POESÍA no 2014,  e con tal motivo daquela adicóuselle un acto no que estivo acompañado polos membros do Taller de poesía do instituto, dirixido por Augusto Guedes, ao que el tamén pertencía.

FullSizeRender (5)

Antón constitúe todo un referente de prestixio como persoa, como estudante e como poeta.

MARUJA MALLO

A pintora viveirense Maruxa Mallo foi homenaxeada pola Real Academia Galega de Belas Artes no Día das Artes Galegas 2017, que se celebrou o pasado 1 de abril, na súa vila natal.

ACADEMIA GALEGA DAS BELAS ARTES

Maruxa Mallo tratouse en pé de igualdade coa intelectualidade das primeiras décadas do século XX antes de partir ao exilio cando a Guerra Civil. Ela foi unha das Sinsombrero e conservou na súa poderosa memoria moitísimas referencias históricas e culturais que compartíu xenerosamente desde que regresou a España nos anos sesenta do s. XX.

Ao noso xeito, en Bibliomalveiras tamén lle quixemos adicar a nosa atención e respecto visionando un fabuloso documental de rtve titulado IMPRESCINDIBLES. MARUJA MALLO.

Como a esta actividade tan so asistíu o alumnado do Bacharelato Artístico de 1º e 2º e o alumnado de Hª da Arte de 2º de Bacharelato, deixamos aquí o enlace a este vídeo que paga moito a pena ver

Imprescindibles. Maruja Mallo

DÍA DA POESÍA: GLORIA FUERTES

Neste ano conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes (1917-1998) e con tal motivo corresponde homenaxear a esta muller non sempre ben ponderada, máis alá da súa exitosa dedicación á poesía infantil.

Pero a poeta posuía outras inquedanzas ademais, como se desprende da lectura desta peza, por exemplo:
Cuando muera,
no te eches a llorar,
échate la siesta con tu amante de turno.

Cuando muera
no te eches a llorar
échate el alma a la espalda
y mi amor a los pies
como aquel día.

Cuando muera
no te eches a llorar,
seré yo, la que llene con mi llanto
tus manos vacías.

Enlazamos esta estupenda presentación que atopamos na Biblioteca Pública da Coruña.

E ben merece a pena botarlle un ollo tamén a este traballo que preparou o xornal El País no pasado mes de febreiro

Gloria Fuertes, una poesía mayor de edad