Archivo del sitio

MES DAS CIENCIAS

NOVEMBRO: MES DAS CIENCIAS

Este ano, as medidas sanitarias impoñen unha celebración máis electrónica ca nunca do mundo das ciencias.

Pero non por iso, xa que a saúde e a electrónica son ámbitos propiamente científicos, imos frear en seco unha tradición xa arraigada no instituto.

Así que desde agora mesmo, na metade do mes, imos ir deixando aquí un lotiño de actividades ad hoc.

Empezamos co manifesto para este ano encargado a Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. Por certo, na bilio temos o seu libro Neurociencia para Julia

Tamén deixamos o link á conferencia de Sonia Villapol (natural de A Pastoriza que traballa como profesora no Instituto Methodist de Houston e na universidade Weill Cornell de Nueva York): Só a ciencia nos rescatará da pandemia, para o 16 de novembro de 12:45 a 14h e está proposta para alumnado de 4º ESO e para Bacharelato. A inscrición xa rematou pero podería seguirse en streaming no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=AOCeGlHdlDk&feature=youtu.be

E este é o enlace no que Eduardo Saénz de Cabezón (o do programa dos luns á noite de La 2 Órbita Laika) fala cos irmáns Márquez da relación entre a ciencia e o motociclismo:

Neste outro vídeo, Eduardo Sáez fala das matemáticas asegurando que nos fan máis libres e menos manipulables

Ademáis de poder seguir en directo o programa de Sáez de Cabezón en La 2 todos os luns, hai unha chea de estupendas pezas soltas de vídeo deste programa na rede:

Botamos man outra vez da serie de vídeos en galego sobre temas científicos de CONCIENCIADAS e máis de CHÍOS DE CIENCIA EN GALEGO:

Nestoutro enlace hai 16 vídeos máis de ciencia en galego

https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/videos

Contamos cun enlace a unha morea de recursos estupendos das Bibliotecas escolares de Galicia

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/ciencia/index.php

Buscandona rede atópanse con facilidade valiosísimos vídeos de contido científico, como este centrado nos patróns matemáticos da sucesión de Fibonacci

Pero non esquezamos o máis básico, hai que actuar frente ao covid atendendo á ciencia, por moito que nos amole. Aí vai esta curta realizada polo alumnado de 4º de ESO nun instituto de Lerma. Son 2 minutos e medio que merecen a pena. Podedes compartilo todo o posible a ver se aprendemos ben a lección sen sufrila en carne propia.

Fermosísimo cartel para honrar a Madame Marie Curie

CARTEL MARIE CURIE

No 150º aniversario do nacemento de Marie Curie que se cumpre o martes, 7 de novembro, o equipo de Bibliomalveiras organiza e coordina unha SEMANA DA CIENCIA DEDICADA A HONRAR A FIGURA DE MARIA SKLODOWSKA / MARIE CURIE. Con tal motivo, estanse a preparar unha ducia de actividades nas que colaboran varios departamentos; en especial, cómpre mencionar ao de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química, o de Artes, o de Matemáticas e todos os de linguas.

Como sabedes, o noso centro está na rúa Marie Curie (por certo, o concello de Vilagarcía de Arousa mantén a placa co seu nome nunha estructura e nun estado bastante «cutres») e xa que novembro é o mes das ciencias, queremos organizar e coordinar unha serie de actos ao modo dunha semana das ciencias, centrada na figura de Marie Curie, quen antes de casar con Pierre  e tomar o seu apelido, era de solteira Maria Skłodowska. Pero ademais, esta muller foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous Premios Nobel diferentes, e unha chea doutros galardóns e recoñecementos.

Así que en principio, estas actividades quedan enmarcadas entre o martes 7 e o martes 14, ambos incluídos; pero, se fora preciso ou se merecese a pena, poderiase alongar este prazo.

Este cartel tan precioso que luciremos na fachada da entrada principal, foi realizado polo alumnado de Bacharelato de Artes e pola súa profesora Águeda Lojo. Na imaxe central, Ana Mª Dopico quixo visualizar dun xeito impactante a trascendencia dos esforzos de Marie Curie no desenvolvemento da medicina: o seu traballo contribueu de maneira decisiva no coidado e a prevención da saúde, aínda que definitivamente lle custara a súa propia.

Actividades na honra de Marie Curie no mes das ciencias

 

Na rúa con MARIE CURIE

m-curierua-m-curie

Aínda que moitas persoas non se dean conta, a rúa na que está situado o noso instituto leva o nome de Marie Curie. E en Bibliomalveiras, mesmo por iso, conxuntamente cos departamentos de ciencias e francés andamos a artellar unha serie de actividades para honrar a esta marabillosa e potente mente feminina da que se cumprirán 150 anos do seu nacemento no ano 2017.

Imprimir

Maria Salomea Skłodowska-Curie (quen ao casar en Francia con Pierre adoptou o seu apelido) foi a primeira persoa que mereceu dous premios Nobel. Obtivo o Premio Nobel de Física en 1903 e o Premio Nobel de Química en 1935.

Ninguén antes acadara tal, nin home nin muller.

Ela, que nacera en Polonia, descubreu o radio e o polonio.

Especialmente as científicas do CNIO, que é o Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (en Madrid) quixeron honrar a esta MULLER científica para facernos comprender que sin a súa dedicación (que lle costou a saúde propia) sería impensable empezar a loitar contra o cancro.

https://www.cnio.es/es/women-science/marie-curie/index.asp

 

O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL na web das BIBLIOITECAS ESCOLARES de GALICIA

Imprimir

Neste mes da ciencia que é o de novembro, en Bibliomalveiras acabamos de recibir unha fermosa sorpresa desde a web das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, porque decidiron difundir o noso libro O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL como un exemplo de que desde a biblioteca se pode colaborar no traballo de exploración dos ámbitos científicos dos currículos.

Cómpre sentir ledicia e satisfacción polo que supón de recoñecemento dun traballo colaborativo ben feito.

NORABOA A TOD@S!

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/915

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/916

Pola nosa banda, desde Bibliomalveiras, aí andamos dándolle voltas conxuntamente cos departamentos de Ciencias, Tecnoloxía e Arte ao proxecto de producir e instalar os correspondentes rótulos identificadores de todas as especies arbóreas e arbustivas que viven no noso centro e que son as protagonistas do libro. Este é o paso seguinte que queremos dar neste eido.