Archivo del sitio

6ª EDICIÓN DAS SEMANAS DAS CIENCIAS

NOVEMBRO: MES DAS CIENCIAS

Este ano, as medidas sanitarias impoñen unha celebración máis electrónica ca nunca do mundo das ciencias.

Pero non por iso, xa que a saúde e a electrónica son ámbitos propiamente científicos, imos frear en seco unha tradición xa arraigada no instituto.

Así que desde agora mesmo, na metade do mes, imos ir deixando aquí un lotiño de actividades ad hoc.

Empezamos co manifesto para este ano encargado a Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. Por certo, na bilio temos o seu libro Neurociencia para Julia

Tamén deixamos o link á conferencia de Sonia Villapol (natural de A Pastoriza que traballa como profesora no Instituto Methodist de Houston e na universidade Weill Cornell de Nueva York): Só a ciencia nos rescatará da pandemia, para o 16 de novembro de 12:45 a 14h e está proposta para alumnado de 4º ESO e para Bacharelato. A inscrición xa rematou pero podería seguirse en streaming no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=AOCeGlHdlDk&feature=youtu.be

E este é o enlace no que Eduardo Saénz de Cabezón (o do programa dos luns á noite de La 2 Órbita Laika) fala cos irmáns Márquez da relación entre a ciencia e o motociclismo:

Neste outro vídeo, Eduardo Sáez fala das matemáticas asegurando que nos fan máis libres e menos manipulables

Ademáis de poder seguir en directo o programa de Sáez de Cabezón en La 2 todos os luns, hai unha chea de estupendas pezas soltas de vídeo deste programa na rede:

Botamos man outra vez da serie de vídeos en galego sobre temas científicos de CONCIENCIADAS e máis de CHÍOS DE CIENCIA EN GALEGO:

Nestoutro enlace hai 16 vídeos máis de ciencia en galego

https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/videos

Contamos cun enlace a unha morea de recursos estupendos das Bibliotecas escolares de Galicia

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/ciencia/index.php

Buscandona rede atópanse con facilidade valiosísimos vídeos de contido científico, como este centrado nos patróns matemáticos da sucesión de Fibonacci

Pero non esquezamos o máis básico, hai que actuar frente ao covid atendendo á ciencia, por moito que nos amole. Aí vai esta curta realizada polo alumnado de 4º de ESO nun instituto de Lerma. Son 2 minutos e medio que merecen a pena. Podedes compartilo todo o posible a ver se aprendemos ben a lección sen sufrila en carne propia.

MATESCHEF NO CARRIL

Xoves, 29 na 4ª sesión, no 2º recreo e nunha parte da 5ª sesión: Mateschef no Carril (concurso grastronómico-matemático). Lugar: Biblioteca. Alumnado implicado: 2º ESO e 2º BAC Métodos. Profesorado responsable: Víctor Castrillón, Mercedes Ferreiro e o Equipo de Biblioteca.

 

Preselección de concursantes na que participa todo o alumnado de 2º ESO:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Preselección

PRIMEIRA FASE DO CONCURSO:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

CITAS MATEMÁTICAS PARA PENSAR

IMG_5512

O equipo de profesoras de Bibliomalveiras propoñemos nun mural na entrada principal do edificio un diagrama (a Maika pareceulle axeitado un deseño tal que non desentonara cos pensamentos matemáticos seleccionados por Mercedes Ferreiro) de LECTURAS DOSIFICADAS DE CITAS MATEMÁTICAS PARA PENSAR.

IMG_5514

E así, neste tempo de visitas para recoller notas e matricularse, quen queira poderase parar diante. aínda que sexa para matar os ratos de espera, lendo unha ou varias doses destas citas matemáticas de 14 mulleres e un home.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Botádelle un ollo porque vos vai prestar.

De veras.

 

AUDIOS DE 1º ESO A 1 SOBRE MULLERES MATEMÁTICAS

Finalmente, o alumnado de 1º ESO A 1 dou rematado o miniproxecto de traballo proposto nas áreas de Matemáticas e Lingua Castelá producido unha serie de 14 audios centrados cada un deles nunha muller matemática.

Velaí están

 

MULLERES MATEMÁTICAS

O alumnado de 1º ESO A-1 está a traballar nun pequeno proxecto interdisciplinar nas materias de Matemáticas e LCL, investigando sobre 21 MULLERES MATEMÁTICAS para plasmar despois nos correspondentes documentos de audio (de entre 40 e 60 segundos) toda a información máis esencial que se debe saber para coñecer a cada unha delas.

A súa profesoara de Matemáticas, Xoana Alonso, facilitoulles este interesantísimo enlace ao arquivo elaborado polos seus compañeiros Alberto Fortes e Olalla Señoráns, para procurar información ao xeito, pero desde Bibliomalveiras consideramos que debemos compartir máis alá do obxecto deste proxecto

MULLERES MATEMÁTICAS-MULLERES NA CIENCIA

Ademáis, o produto final deste traballo quedará incorporado a este blog da biblioteca a modo de podcast na lapela de RADIO E TV.

Ainda que Bibliomalveiras xa colaborara antes noutros proxectos para visibilizar a contribución das mulleres ás ciencias promovendo concursos, instalando exposicións ou editando material impreso, esta será a primeira vez que o resultado do traballo se divulgue en audio a través deste blog.

 

OUTRO NOVO MES DAS LETRAS

Cando chega o 23 de abril, data do aniversario dos pasamentos de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, dáse inicio no instituto do Carril ao MES DAS LETRAS que se prolonga ata o 17 de maio, día no que se celebra o venturoso aniversario da publicación do  poemario de Rosalía de Castro titulado Cantares Gallegos.

IMG_1117

Neste 2016, demos comezo a esta serie de actividades que se concentran nestas semanas coa convocatoria dos certames de videopoemas e monólogos científicos.

O venres 22 proxetouse na pantalla do vestíbulo da planta baixa o primeiro capítulo da serie de TVE de EL QUIJOTE, para lembrar ao seu autor no cuarto centenario da súa morte.

Nesta derradeira semana de abril un estupendo grupo de alumnas de 2º de Baharelato de Artes e da materia de Historia Universal de 1º de Bacharelato, ofreceron respectivamente

  • unha lectura dramatizada de pasaxes de El Quijote a cada un dos grupos de 1º ESO,IMG_1109
  • e un fermoso recital poético de obras escollidas de autoras contemporáneas, destinado ao alumnado de 4º da ESO.

IMG_1116.JPG

Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO quixo ir devolver a visita ao 2º de Bacharelato para lerlles tamén un capítulo da Segunda Parte de El Quijote.

 

Sócrates+Elías2Sócrates+Elías

En todos os casos, o público soubo aprezar a calidade literaria dos textos seleccionados e disfrutou do bo facer das súas compañeiras maiores.

As auxiliares de Bibliomalveiras elaboraron e pegaron anuncios propoñendo lecturas que elas mesmas disfrutaron.

 pared donde los árboles cantan

 

 

 

Pared a praia dos afogados.png

 

 

 

 

 

El señor de los anillos.png

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pero non so contan as letras, tamén se miman as matemáticas

IMG_1114

E así Sin título

E así imos entrando no mes de maio

IMG_1118IMG_1119

 

 

El señor de los anillos.png

Monólogos matemáticos

monologos matematicos

Con motivo do ano dedicado desde as bibliotecas escolares ás Matemáticas, varias alumnas de 2º de Bacharelato realizaron monólogos centrados nesta temática durante os recreos dos días 19, 20 e 21 de maio, poñendo así broche matemático ás actividades do MES DAS LETRAS deste ano.

Ademáis, pola súa banda, o depatamento de Matemáticas convocou un concurso de fotografía tamén centrado en contidos matemáticos.

concurso fotografía matemática3 concurso fotografía matemática concurso fotografía matemática2

BIBLIOTECA ESCOLAR… MATEMÁTICO!!!

Neste curso académico vaise dar un pulo aos recursos de MATEMÁTICAS en Bibliomalveiras así como nas restantes bibliotecas escolares galegas.

cartel mat pasilomat

Daquela, acordouse encargar un póster chulísimo para festexar o DIA DA BIBLIOTECA que se celebra todos os anos na data do 24 de outubro.

PosterBibliotecas2014web

Nós xa o estreamos, e ademais xa empezamos a facer unha selección de recursos dispoñibles na nosa biblioteca vencellados ás Matemáticas. Velaí unha mostra:

MATEMÁTICAS

1. EL DIABLO DE LOS NUMEROS / ENZENSBERGER, HANS MAGNUS R. 3257

2. ¡ AJA! PARADOJAS. / GARDNER, MARTIN.– RBA ISBN 84-473-0422-1 MATEMATICAS R. 1387

3. LOS ACERTIJOS DE SAM LOYD / LOYD, SAM.- BARCELONA: RBA, 2007.- (BIBL. DESAFIOS MATEMATICOS) ISBN 978-84-473-5440-5. MATEMATICAS R. 7198

4. HISTORIA DE LAS MATEMATICAS / CARLAVILLA, J.L.; FERNANDEZ, G.– EDICIONES PROYECTO SUR ISBN 84-8254-353-9 . HISTORIA MATEMATICAS.– I. FERNANDEZ, G R. 8501

5. A ESTATISTICA ¡EN CARICATURAS! / GONICK, LARRY; SMITH, WOOLLCOTT.– 1ª.– SGAPEIO, 2001 . ESTATISTICA.– I. SMITH, WOOLLCOTT R. 4689

6. MATEMATICAS RECREATIVAS / PERELMAN, YAKOB.– RBA, 2007.- (DESAFIOS MATEMATICOS). MATEMATICAS R. 7377exposmat

LITERATURA

1. UN CUENTO ENMARAÑADO Y OTROS PROBLEMAS DE ALMOHADA / CARROLL, LEWIS.– RBA, 2008.– (BIBL. DESAFIOS MATEMATICOS)
ISBN 978-84-473-5586-0 1. MATEMATICAS R. 7423

2. EL CRIMEN DE LA HIPOTENUSA / TEIXIDOR EMILI.– BARCELONA PLANETA&OXFORD, 2009.- (CAMALEON) R. 7938

2. MALDITAS MATEMATICAS. ALICIA EN EL PAIS DE LOS NUMEROS / FRABETTI, CARLO. MADRID: ALFAGUARA, 2008.- (ALFAGUARA JUVENIL) R. 7818

3. SOLEDAD DE LOS NUMEROS PRIMOS, LA / GIORDANO, PAOLO.– BARCELONA : SALAMANDRA, 2010.– (X ANIVERSARIO) R. 8438

4. ROUND THE WORLD IN 80 DAYS / VERNE, JULES R. 2793

5. LA VUELTA AL MUNDO EN OCHENTA DIAS / VERNE, JULES.- MADRID : SM, 2001 ISBN 84-348-7836-4 . NARRATIVA_CAST R. 7787

6. VIAXE O CENTRO DA TERRA / VERNE, JULES.- XERAIS, 1985.- (XABARIN). NARRATIVA_GALEGA R. 4626

7. VEINTE MIL LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO / VERNE, JULES.- MADRID : ALIANZA EDITORIAL, 2001.– (BIBLIOTECA JUVENIL) ISBN 84-206-3612-6 1. NARRATIVA_CAST R. 8216

BANDA DESEÑADA, NOVELA GRÁFICA, LIBROS VISUAIS

1. A ESTATISTICA ¡EN CARICATURAS! / GONICK, LARRY; SMITH, WOOLLCOTT.– 1ª.– SGAPEIO, 2001. ESTATISTICA.– I. SMITH, WOOLLCOTT R. 4689
CINE
1. UNA MENTE MARAVILLOSA / directed by Ron Howard ; written by Akiva Goldsman ; director of photography, Roger Deakins.– [Madrid] : Dreamworks Home Entertainment, [2011].– 1 disco (DVD) (ca 130 min.) : son., col ; 12 cm Idiomas: inglés, castellano ; subt.: castellano, portugués, polaco e inglés para sordos. Drama.– I. Howard, Ron 791.4 R. 8802