Archivo de la categoría: Recursos por materia

Entorno de traballo con múltiples ligazóns a sitios web de consulta e informacións importantes para cada materia.

Clase maxistral de Historia e Memoria democrática impartida por Marcelino Abuín

MAQUETAS DE TEATRO

O alumnado de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato C coa súa profesora Susana Suárez orgaqnizou esta exposición das maquetas de teatro que elaboraron. Este traballo complétase co deseño dos figuríns.

¡Estupenda creatividade!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

MULLERES MATEMÁTICAS

O alumnado de 1º ESO A-1 está a traballar nun pequeno proxecto interdisciplinar nas materias de Matemáticas e LCL, investigando sobre 21 MULLERES MATEMÁTICAS para plasmar despois nos correspondentes documentos de audio (de entre 40 e 60 segundos) toda a información máis esencial que se debe saber para coñecer a cada unha delas.

A súa profesoara de Matemáticas, Xoana Alonso, facilitoulles este interesantísimo enlace ao arquivo elaborado polos seus compañeiros Alberto Fortes e Olalla Señoráns, para procurar información ao xeito, pero desde Bibliomalveiras consideramos que debemos compartir máis alá do obxecto deste proxecto

MULLERES MATEMÁTICAS-MULLERES NA CIENCIA

Ademáis, o produto final deste traballo quedará incorporado a este blog da biblioteca a modo de podcast na lapela de RADIO E TV.

Ainda que Bibliomalveiras xa colaborara antes noutros proxectos para visibilizar a contribución das mulleres ás ciencias promovendo concursos, instalando exposicións ou editando material impreso, esta será a primeira vez que o resultado do traballo se divulgue en audio a través deste blog.

 

Recursos Web para as diferentes materias

Preme en cada materia para acceder aos sitios da Internet máis interesantes ou mesmo imprescindibles para repasar,  facer traballos e exposicións ou aprender máis sobre algún tema específico.

Bioloxía e Xeoloxía

Bioloxía e Xeoloxía