Archivo del sitio

Clase maxistral de Historia e Memoria democrática impartida por Marcelino Abuín

ROTEIRO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA POLO CARRIL

Un grupo do alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Carril, tivo a oportunidade de realizar o venres, 10 de xuño de 2022, un roteiro organizado polo Departamento de Historia e pola Biblioteca, para coñecer in situ parte da Memoria Democrática de Vilagarcía de Arousa, da man de pesrsoas que saben moito desta materia e que se esforzan por divulgar e compartir os seus coñecementos e de transmitir, para fortalecer, valores democráticos: Margarita Teijeiro Suárez, Antonio Caeiro e Xosé Castro Ratón. Incansables activistas os tres, comprometidos con múltiples iniciativas e que son responsables entre outras actividades das vencelladas ao Faiado da Memoria e á Memoria Democrática de Vilagarcía.

Dos ROTEIROS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA existentes no concello de Vilagarcía de Arousa, que mellor que empezar a coñecelos polo do Carril. E de feito, nin dou tempo a saír do Carril.

Esta tamén é unha actividade de lectura no sentido máis amplo do concepto.

Suxestións no 80º aniversario da II República

Facendo cadrar esta exposición de recursos de Bibliomalveiras co Día das bibliotecas, ofrecemos estas suxestións para ler e ver pelis vencelladas á II República española, o republicanismo, @s republican@s e a represión franquista.