Archivo del sitio

La elegancia del erizo

ImagenLa elegancia del erizo

Por Paula Fernández Caamaño (4PDC)

 La elegancia del erizo es una película de origen francés. Esta película es de la directora Mona Achache. Sus protagonistas principales son Garance Le Guillermic, que hace de Paloma Josee, que es una niña de 11 años muy lista que piensa que su vida no tiene sentido. Renée Michel, que es la portera que la niña Paloma va a empezar a conocer y que dice que ella es como un erizo.

Esta película es muy bonita, te hace pensar que a la vida, por muy difícil que sea, hay que sacarle el mejor partido, porque con suicidarse no se hace nada.

La recomendaría a todos los niños de la ESO menos a los de 1º porque creo que aún no están capacitados y no la entenderían, ya que aún no saben del todo bien la importancia de la vida.

El señor Ibrahim y las flores del Corán

Imagen

El señor Ibrahim y las flores del Corán: A pubertade de Momo.

Por José Mosquera Vázquez (4PDC)

 Moisés é un rapaz que vive co seu pai nun barrio marxinal de Francia. Moisés, ou Momo, que é así como lle chama o seu único amigo, Ibrahim, críase so debido á marcha de seu pai, este acontecemento fai que a vida de Momo cambie xa que o seu amigo Ibrahim é o que lle ensina o que é de verdade a vida e co que aprende o que é ser verdadeiramente feliz.

Ibrahim é un home tranquilo, que non fala moito pero que sabe observar moi ben ás persoas. Este personaxe ten as ideas claras, e intenta transmitirllas a Momo.

Moisés é un rapaz bo, que estaba triste e nunca sorría, cando seu pai o abandoou. Ibrahim aprendeulle a sorrrirlle á vida.

O señor Ibrahim e as flores do Corán é unha película entretida, ao principio faiche crer que vai ser a típica película na cal se ven as diferenzas entre dúas relixións, pero a medida que vai transcurrindo a historia daste de conta de que non é unha desas, senón todo o contrario. O final resulta ser unha película na cal se ve o cariño e o amor que un rapaz novo lle poder chegar a coller a alguén que nun principio non coñece de nada.

Esta película recibiu en 2003 o premio César ao mellor actor (Omar Sharif ).

Esta película resultoume doada de entender, xa que se conta de forma que todos os públicos a entendan. Ao vela comprendín a sorte que temos todos os que vivimos cos nosos pais, e para os que non a teñen, sempre haberá alguén que o queira coma un fillo.

Una botella en el mar de Gaza

ImagenUna botella en el mar de Gaza: Thierry Binisti podería facer un mellor traballo.

Por Estefanía Castrelo (4PDC)

Tal é unha rapaza francesa que vive en Xerusalén coa súa familia. Tras a inmolación dun terrorista nun café no barrio onde vive, escribe unha carta a un palestino imaxinario no que pousa preguntas e expresa o seu rexeitamento do odio entre os dous pobos. Pon a carta nunha botella e pide ao seu irmán que a tire ao mar preto de Gaza, onde se atopa como militar. Poucas semanas despóis, recibe unha resposta dun misterioso «Gazaman».

Agora vou analizar as personaxes, pero hai moi pouco que dicir: Tal é alta, xoven de 17 anos, ela é alta, delgada, pelirroxa e non ten paciencia. O xoven palestino é delgado, moreno e non se compara coa protagonista.

A min trasmitiume a película que a amizade pode estar a grandes niveis o non importa o lonxe que esteamos xa que a amizade é o máis importante.

Para min a película ten moita forza na metade, porque é onde todo toma coherencia.

Esta película expresa as emocións do medo, do odio e sobre todo, o amor.

E menos mal que non lle deron ningún premio, porque se llo deran eu riríame de toda a academia.

Foi unha película que me entusiasmou ao principio polo título, pero ao final desilusionoume completamente.

Sentido y sensibilidad

sentido

Sentido y sensibilidad: Outra gran película de Ang Lee

Por Azahara Silva Villaverde (4PDC)

O señor Dashwood morre e a súa herdanza pasa ao seu fillo froito do seu primeiro matrimonio deixando sen casa á sua viúva e ás súas tres fillas que teñen que ir vivir ao campo. Pero antes de irse, Eleonor coñece ao cuñado do seu hermanastro, Edward, e namorase del. Unha vez no seu novo fogar, Marianne coñece a un home que lle vai facer sufrir un proceso de maduración.

Ang Lee sumérxese nunha nova película, e neste caso trátase dunha historia que nos conta as dificultades que tiña que pasar unha muller de clase media, nunha sociedade na que o único que importaba era o diñeiro que se tiña e con quen se casaba.

É unha película que ao principio resulta un pouco aburrida, pero ao longo dela van xurdindo tramas moi entretidas e algunha incluso divertida. A película conta cun gran elenco de actores moi bos, como Emma Thompson, que fai o papel de Elionor, a irmá maior, tranquila e serea. Tamén está Kate Winslet, que fai o papel dunha rapaza xoven e guapa que só quere pasalo ben e ao longo da película sofre unha gran tranformación.

A película é moi emotiva e ten as súas partes de risas que che fan pasar un bo rato.

En conclusión, trátase dunha película digna de ver un domingo pola tarde en boa compañía xa que nela ves que aínda que os anos pasen, as cousas non son moi diferentes desta época.

Orgullo y prejuicio

orgullo

Orgullo y prejuicio: unha película que deixa moito que desexar

Por Antía Maneiro Rocha (4PDC)

Esta clásica historia de amor e malentendidos ten lugar na clasista Inglaterra de finais do século XVIII. As cinco irmás Bennet, Elizabeth, Jane, Lydia, Mary e Kitty, foron criadas por unha nai cuxa única fixación é encontrarlles marido. Pero Elizabeth, intelixente e con carácter, desexa unha vida con perspectivas máis abertas, unha arela avaladoa polo seu pai. Cando o rico e solteiro Sr. Bingley se instala nunha mansión veciña, as irmás Bennet non poden crer a súa sorte. Entre os numerosos e sofisticados amigos londinenses que veñen a visitalo e a chegada de varios mozos oficiais, haberá pretendentes de sobra. Jane, a irmá maior, de gran beleza serena, parece ter conquistado o corazón do Sr. Bingley. Lizzy coñece ao aposto e aparentemente orgulloso Sr. Darcy e desátase a tormenta. Vense a miúdo e case sempre acaban discutindo. Pero Lizzy está menos disposta que nunca a aceptar ao Sr. Collins, un curmán afastado que pediu a súa man. Apoiada polo seu pai, asombra á súa nai e ao Sr. Collins rexeitándoo. Cando o Sr. Bingley marcha a Londres sen avisar, rompendo o corazón de Jane, Lizzy culpa ao Sr. Darcy. Pero unha inesperada crise con Lydia, a irmá pequena, permite a Lizzy decatarse da verdadeira natureza da súa relación co Sr. Darcy. As irmás Bennet e todos os que as rodean, despóis deste torrente de sorpresas e emociones que non deixou a ninguén indiferente, comprenden o que realmente conta nesta vida.

Elizabeth Bennet é a protagonista da historia, segunda das cinco irmás, e a máis bela da familia, despóis de Jane. É unha moza de 20 anos intelixente e enxeñosa, é divertida, un pouco orgullosa e moi prexuizosa. Déixase levar sempre polas primeiras aparencias, pero co tempo decatarase de que non sempre a primeira impresión é a que define a persoa.

Fitzwilliam Darcy é o personaxe masculino central da novela. É un home intelixente, rico e tímido, que a miúdo parece arrogante e orgulloso aos estranos, pero posúe debaixo desa fachada un interior honesto e bo.

A trama transcurre máis ou menos nun ano e medio e as acccións transcurren tanto no día como na noite.

Eu realmente no lle encontrei a mensaxe que transmite pois a min confundiume. Creo que a mensaxe pode ser que non todo é como parece.

Os valores que me transmitiu esta película foron: civilidade, propiedade, ofensas, orgullo, prexuízo, desdén, arrogancia e humillación.

A min a película enganchoume dende o principio pero foi perdendo forza a mediada que chegaba o final.

Expresa moitos sentimentos como: ira, amor, paixón, confianza, medo e odio.

Gañou os Premios BAFTA ao mellor director, guionista ou productor británico novel: Joe Wright.

A película estivo ben en parte, por una banda conta as historias de amor que son moitas, pero pola outra, conta os prexuízos. Eu a película a vin excesivamente romanticona para os gustos dunha adolescente como son eu.

Gustoume moito como interpretaron os actores, a dobraxe estaba ben, pero non me gustou para nada, e o volvo dicir, que se tratase con tanta forza o tema do amor.

Las mujeres de verdad tienen curvas

Imagen

Las mujeres de verdad tienen curvas

Por Tamara Mene Barral (4PDC)

Ana, a protagonista desta historia, ten 18 anos e está a punto de acabar os seus estudos de secundaria e na súa vida sentimental encontra a un rapaz que a quere tal e como é. Pero Ana encóntrase nunha familia “chapada a la antigua” como ben di ela, que se opón a que estude. A súa nai Carme só quere que traballe no taller de costura da súa irmá e faga unha familia o antes posible, Carme só conseguirá baixarlle a autoestima meténdose co seu corpo.

Ana, o personaxe principal, en canto ao físico, é unha rapaza gordecha co pelo longo e escuro e de estatura media. Do seu carácter pódese dicir que é unha rapaza amable que sabe o que quere na vida e pretende levarse o mellor posible ca súa nai.

Carme, fisicamente, é igual a Ana, si, tamén gorda aínda que se meta con ela por iso sendo esta igual. É egoísta, non pensa en ninguén máis que en ela, sen escoitar as opinión dos demáis, pensando que só ela ten a razón. 

Se só ves os cinco primeiros minutos da película, non esperes moito máis dela do que aparece, con ese título que deixa moito que desexar, pero así como segue e vai chegando ao argumento, vaite enganchando un pouquiño máis.

Resulta unha película moi lixeira no só polos noventa minutos escasos que dura senón polo ben que vai enlazada a historia, non encontras ningún tipo de dúbida nin nada que che poida custar entender. Podemos dicir que hai dúas esceas ou tres como moitas un pouco tristes, pero sen que che chegue a emocionar tanto coma para que che caiga unha bágoa, dado que ten sobre todo ese punto de comedia.

Esperta unha sensación de simpatía, de risa polo pouco sentido que ten Carme que ao mesmo tempo pode chegarche a dar rabia de tan pesada que se fai. Non é unha película que esperte moitas emocións, non esperedes unha película que vos faga rir ou chorar como seguro que vos pasou con El Diario de Noa ou Crepúsculo.

Intocable

Imagen

Intocable: unha película excelente para arricarnos un sorriso e conmovernos coa súa tenrura.

Por Manuel Sánchez Silva (4PDC)

Un aristócrata ferido nun accidente e un mozo dos suburbios de París coñécense e as súas vidas cambian. O aristócrata sae da súa rutina e é contaxiado polas ganas de vivir do mozo, que se converte no seu axudante.

O contido da película engancha desde o principio porque empeza polo final e, como sabemos que están xuntos, necesitamos saber como se coñeceron e que relación teñen.

Driss é un rapaz que viven nun barrio conflictivo de París e polo tanto está relacionado coas drogas, a violencia, os atracos… pero a pesar da imaxe de malote que transmite, ao longo da película podemos ver como ten un gran corazón e se preocupa pola súa familia, por Philippe e por todos os que o rodean; está preocupado polo seu curmán e vixía a ver quen é o que lle vende as drogas, vai en coche e observa á súa tía cando está traballando porque a botaba de menos e necesitaba saber como estaba, pola noite preocúpase moito por Philippe cando lle da o ataque e el cálmao e faino sentir ben…É unha persoa optimista, chea de vida e de alegría por vivir. Ao principio está desanimado porque non ten traballo e déixase levar polo estilo de vida do seu barrio, incluso acaba de saír do cárcere por atracar unha xoiería, pero no momento en que Philippe o contrata e ve a posibilidade de ter un traballo e de que serve para algo, xa non se sente un inútil. É o tipo de persoa que contaxia alegría aos que ten arredor e non entende de formalismos; isto vese cando na ópera se ri do cantante, cando na festa de cumpreanos se cansa de tanta música clásica e invita a todos a bailar música moderna… Tamén é unha persoa con moito humor e ao longo da película hai momentos no que o espectador ten que rir; isto podemos velo cando fai bromas coa incapacidade que ten Philippe para moverse, cando lle di ao mozo da filla de Philippe que saque a cervexa do pelo, cando lle bota o té quente nas pernas, cando lle lava o pelo coa crema dos pes…

Philippe é un home rico, educado e está tetrapléxico debido a un accidente. Leva unha vida moi aburrida ata que coñece a Driss e tómalle moito cariño. Grazas a el consigue ter unha cita cunha muller que no futuro será a súa esposa e coa que marchará para Marrocos e terá dous fillos. É un bo home, ao que non lle importa que Dress sexa un delincuente e que valora o seu corazón e que aínda que sente que o necesita, cando se da conta de que Dress ten que solucionar problemas familiares dálle a súa liberdade para que o deixe.

Yvonne é unha muller que vive para o seu xefe e olvidouse de mirar por ela e grazas a coñecer a Driss decídese a ter un noivo.

A filla de Phillipe é unha caprichosa que mira por riba a todos e Driss ábrelle os ollos a seu pai para que a poña no seu sitio e aprenda a tratar ben ás persoas.

Ao final o que ensina é que é moi importante o interior das persoas, o protagonista a pesar de vivir nun barrio marxinal é unha boa persoa que axuda e contaxia coa súa alegría a todos os que ten arredor seu. Esta mistura de humor e dramatismo é o que fai que a película sexa moi atractiva.

É unha película que transmite ternura, risa, loucura, ganas de vivir, alegría, emoción…

Intocable obtivo varios premios: o Globo de Ouro 2013 a “Mellor película de fala non inglesa”, o Goya 2013 a “Mellor película europea” e o BAFTA 2013 a “Mellor película de fala non inglesa”

Aínda que se trata un tema moi serio, faise con humor. O que transmite é a importancia de erguerse cada mañá con ganas de vivir e facer cousas novas e deixarse de formalismos; o importante son os sentimentos das persoas e non as regras estrictas da sociedade. Ensina a moitas persoas que se atopen nesta situación a analizar a súa postura e valorar se paga a pena lamentarse ou disfrutar da vida, aínda que se atopen na situación na que está o protagonista despóis do accidente.

Eva

Imagen

Eva, a nena magnética especial

Por Sergio Méndez (4PDC)

A película sucede no futuro onde os seres humanos viven acompañados de criaturas mecánicas. Álex, un reputado enxeñeiro científico, volve a Santa Irene tras 10 anos de ausencia; volve á facultade de Robótica para crear un neno robot. Neses anos de ausencia o seu irmán David e La refixeron as súas vidas. Coñecerá a Eva, unha nena especial magnética, coa que nacerá unha relación especial.

As tramas da película serían a creación dun neno robot que tería intelixencia emocional e movemento relativo dos seus actos e o encontro coa muller que abandoou e que está casada co seu irmán.

A película exprésate tanto emocións alegres como tristes.

Os premios que tivo esta película foron 3 premios Goya ao mellor director novel, mellor actor de reparto e mellores efectos especiais. Despois gañou na cuarta gala dos premios Gaudí os de mellor película en lingua catalá, mellor actor secundario, mellor fotografía, mellor dirección artística e mellores efectos especiais.

A miña valoración sobre esta película é que ten un tema que engancha dende o principio ata o final. O mellor son os efectos especiais que ten, por exemplo como se crea o cerebro do robot, e as sensacións que transmite, xa que hai partes que son alegres e outras tristes.