Orgullo y prejuicio

orgullo

Orgullo y prejuicio: unha película que deixa moito que desexar

Por Antía Maneiro Rocha (4PDC)

Esta clásica historia de amor e malentendidos ten lugar na clasista Inglaterra de finais do século XVIII. As cinco irmás Bennet, Elizabeth, Jane, Lydia, Mary e Kitty, foron criadas por unha nai cuxa única fixación é encontrarlles marido. Pero Elizabeth, intelixente e con carácter, desexa unha vida con perspectivas máis abertas, unha arela avaladoa polo seu pai. Cando o rico e solteiro Sr. Bingley se instala nunha mansión veciña, as irmás Bennet non poden crer a súa sorte. Entre os numerosos e sofisticados amigos londinenses que veñen a visitalo e a chegada de varios mozos oficiais, haberá pretendentes de sobra. Jane, a irmá maior, de gran beleza serena, parece ter conquistado o corazón do Sr. Bingley. Lizzy coñece ao aposto e aparentemente orgulloso Sr. Darcy e desátase a tormenta. Vense a miúdo e case sempre acaban discutindo. Pero Lizzy está menos disposta que nunca a aceptar ao Sr. Collins, un curmán afastado que pediu a súa man. Apoiada polo seu pai, asombra á súa nai e ao Sr. Collins rexeitándoo. Cando o Sr. Bingley marcha a Londres sen avisar, rompendo o corazón de Jane, Lizzy culpa ao Sr. Darcy. Pero unha inesperada crise con Lydia, a irmá pequena, permite a Lizzy decatarse da verdadeira natureza da súa relación co Sr. Darcy. As irmás Bennet e todos os que as rodean, despóis deste torrente de sorpresas e emociones que non deixou a ninguén indiferente, comprenden o que realmente conta nesta vida.

Elizabeth Bennet é a protagonista da historia, segunda das cinco irmás, e a máis bela da familia, despóis de Jane. É unha moza de 20 anos intelixente e enxeñosa, é divertida, un pouco orgullosa e moi prexuizosa. Déixase levar sempre polas primeiras aparencias, pero co tempo decatarase de que non sempre a primeira impresión é a que define a persoa.

Fitzwilliam Darcy é o personaxe masculino central da novela. É un home intelixente, rico e tímido, que a miúdo parece arrogante e orgulloso aos estranos, pero posúe debaixo desa fachada un interior honesto e bo.

A trama transcurre máis ou menos nun ano e medio e as acccións transcurren tanto no día como na noite.

Eu realmente no lle encontrei a mensaxe que transmite pois a min confundiume. Creo que a mensaxe pode ser que non todo é como parece.

Os valores que me transmitiu esta película foron: civilidade, propiedade, ofensas, orgullo, prexuízo, desdén, arrogancia e humillación.

A min a película enganchoume dende o principio pero foi perdendo forza a mediada que chegaba o final.

Expresa moitos sentimentos como: ira, amor, paixón, confianza, medo e odio.

Gañou os Premios BAFTA ao mellor director, guionista ou productor británico novel: Joe Wright.

A película estivo ben en parte, por una banda conta as historias de amor que son moitas, pero pola outra, conta os prexuízos. Eu a película a vin excesivamente romanticona para os gustos dunha adolescente como son eu.

Gustoume moito como interpretaron os actores, a dobraxe estaba ben, pero non me gustou para nada, e o volvo dicir, que se tratase con tanta forza o tema do amor.

Anuncios

Publicado el 11/03/2014 en cinema, Uncategorized y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. 1 comentario.

  1. bibliomalveiras2

    Ai, Antía! Claro que se trata dunha historia bastante romanticona na que non son todas as cousas como parecen, e con final feliz. Pero, mira ti, xa nos damos tantos golpiños amargos coa crúa realidade… que ás veces esquecemos a verdade incontestable dos grandes afectos. Manter certa ilusión razonable é un luxo ao que non debemos renunciar.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s