Archivo del sitio

Monólogos matemáticos

monologos matematicos

Con motivo do ano dedicado desde as bibliotecas escolares ás Matemáticas, varias alumnas de 2º de Bacharelato realizaron monólogos centrados nesta temática durante os recreos dos días 19, 20 e 21 de maio, poñendo así broche matemático ás actividades do MES DAS LETRAS deste ano.

Ademáis, pola súa banda, o depatamento de Matemáticas convocou un concurso de fotografía tamén centrado en contidos matemáticos.

concurso fotografía matemática3 concurso fotografía matemática concurso fotografía matemática2

Anuncios

MONÓLOGOS DIVULGATIVOS EN ABRIL

MONÓLOGOS DIVULGATIVOS DE CARÁCTER
CIENTÍFICO E TÉCNICO EN BIBLIOMALVEIRAS

Ao longo da segunda semana de abril, o alumnado de 2º de BACHARELATO desenvolverá un certame de monólogos durante cada un dos dous recreos diarios (agás o segundo do martes, reservado para o TALLER DE POESÍA).

anuncio monólogos
As súas charlas centraranse arredor dunha ampla gama de temas científicos e técnicos.
O seu obxectivo radica en dar a coñecer contidos moi serios dun xeito moi breve e moi ameno.
Todas as persoas que o desexan están convidadas, independentemente do nivel no que estean matriculadas.
Mesmo se convida ¡incluso! ao persoal docente e non docente que queira asistir.

O luns, día 7, comezan

Beatriz Lorenzo, do Bacharelato de Artes, ás 10.40 h. falará do paradoxo de Monty Hall

Candela e Raquel Vidal, do Bacharelato de Ciencias, ás 12.35h. tratarán respectivamente das mulleres científicas e da atracción sexual nos seres humanos.

O martes, día 8, fala

Jonathan Castaño, do Bacharelato de Ciencias, ás 10.40 h. e tratará sobre a Simbiose.

O mércores, día 9, falan

Isabel Piñeiro, do Bacharelato de Ciencias, ás 10.40 h. abordará a cuestión ¿Como se financia unha sociedade?

Carla López, do Bacharelato de Ciencias e Patricia Martiñán do Bacharelato de Artes, ás 12.35h. tratarán respectivamente da cirurxía estética e da evolución do canon de beleza.

la foto 2(4) la foto 3(3)