Archivo del sitio

Clase maxistral de Historia e Memoria democrática impartida por Marcelino Abuín

Documental sobre Cortegada, por Antón Costa

En las clases de LCL de 1º de ESO, la profe Clara Piñeiro le propuso al alumnado la preparación de un trabajo oral para exponer en el aula.

Antón Costa decidió elaborar un vídeo documental sobre la isla de Cortegada que, situada frente a O Carril, pertenece al Parque Nacional das Illas Atlánticas desde su declaración en 2002.

 

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Cortegada en Patrimonio de Vilagarcía

Turismo de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL

O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL é o título dunha completa guía das 33 especies arbóreas e as 18 especies arbustivas que viven (ou viviron) dentro do recinto escolar do noso instituto desde os seus inicios en 1986. Ademáis recolle moi sucintamente a historia deste conxunto botánico e contén un plano coa localización de cada elemento ou grupo descritos.

fullsizerender39

Este libro editado polo propio IES do Carril «Miguel Ángel González Estévez» foi realizado no pasado curso 2015-16 polo departamento de Ciencias, Bioloxía e Xeoloxía e mailo seu alumnado de 1º da ESO (actualmente cursando 2º agás excepcións), co apoio das profesoras do equipo da biblioteca, en especial de Matilde Fernández Calvo que se ocupou da maquetación. Os rapaces e rapazas guiados polas súas profesoras Paquita Barreira e Xela Cid foron recollendo nunhas fichas, ás veces empregando os ordenadores e ás veces anotando a man o que vían ao carón das árbores e arbustos, os datos e imaxes precisas. O traballo arduo, longo e complexo da revisión, selección de material, edición, corrección lingüística e inscrición no depósito legal foi labor colectivo. Tamén colaboraron moi destacablemente nesta ambiciosa empresa os profesores deste centro Xosé Artiaga (autor da excelente portada coa que se presenta este libro) e Manuel Rodríguez Mayo (quen se encargou das fotografías e redactou un conmovedor limiar no seu derradeirio ano como director e profesor do instituto).

A maiores dunha pormenorizada información de cadansúa especie (que abrangue os nomes correspondentes en galego, castelán, inglés e francés,  o nome científico, a etimoloxía da denominación, a toponimia xerada, a orixe e maila historia, e a descrición) ilustrada con fotografías fermosas e moi pertinentes, inclúese un pequeno estudio dos exemplares máis representativos en Galicia e máis a historia particular da nosa árbore.

A produción deste libro inscribíuse dentro das actividades da biblioteca (que forma parte do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES da Consellería de Educación) programadas para o curso pasado compartindo o lema xeral para todas as bibliotecas escolares de Galicia: BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS.

Esta obra non comercial da que existen 16 exemplares na biblioteca (e xa foi parcialmente estreada nalgunha actividade na semana de acollida ao alumnado de 1º ESO neste pasado mes de setembro) é a proba irrefutable de que o esforzo colectivo perseguindo con empeño un obxectivo común sólido, concreto e ambicioso nunca fracasa se sobra ilusión e convencemento. Semellaba por momentos unha tarefa interminable, ata houbo que resignarse coa climatoloxía adversa, o ciclo estacional e causas alleas á nosa vontade, pero deuse rematado en prazo, con ben e acerto.

Aproveitando a efeméride do DÍA DA BIBLIOTECA que se celebra o 24 de outubro, nós ímonos poñer de festa para a ceremonia de presentación de O ESPAZO VERDE DO IES CARRIL que terá lugar en Bibliomalveiras (como non!) o martes 25 de outubro ás 16.30 h. A partir dese acto a versión electrónica da obra poderá ser consultada a través deste blog e da páxina web do instituto.

Estades convidad@s.

Ver álbum de fotos do acto de presentación

libro34

A noticia do acto en LA VOZ DE GALICIA

Parabens para Javier Piñeiro Maneiro

Parabens para Javier Piñeiro, de 2º de Bacharelato B, que participa no IV Concurso Escolar da AGE, porque na fase local da nosa Comunidade Autónoma foi seleccionada a súa foto  entre as cinco que pasan á fase estatal. De momento, o vindeiro día 25 de maio está convidado ao correspondente acto de entrega de premios que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.

FullSizeRender(37).jpg

Segundo as bases do certame, as fotos gañadoras e máis as seleccionadas na primeira fase -é dicir, a de Javier tamén- formarán parte dun documento gráfico que será difundido e enviado tanto aos departamentos de xeografía universitarios como aos centros educativos de ensino secundario. Estes traballos poderán ser difundidos e utilizados pola AGE en diversa documentación relacionada co ensino da Xeografía citando a súa autoría, e pasarán a formar parte do banco de imaxes xeográficas da AGE.

Este Concurso Escolar da Asociación de Geógrafos Españoles pretende despertar e fomentar o interese pola fotografía como medio para o coñecemento xeográfico e a explicación do territorio e mais a paisaxe nos e nas estudiantes e o profesorado de todos os niveis académicos. Para iso, cada foto ten que ir acompañada dun texto explicativo en calquera  lingua.

Javier, que é do Carril, inspirouse na súa vila e decidíu enfocar unha gamela no mar, ao solpor, e redactar o texto en galego. Claro, non esqueceu citar á ameixa.

O traballo de Javier e mais os do resto de participantes do noso centro está exposto no segundo andar -porque na biblioteca non temos sitio axeitado para colgalos- pero no futuro quedarán colocados nunha das mesas de cristal de Bibliomalveiras, para que servan de inspiración a outras persoas.

Parabéns ademais para as compañeiras de Javier que tamén participaron neste concurso:

  • Andrea Fonseca Caíño,
  • Aihnoa Lorenzo Beloso
  • e Beatriz Lucía Fernández López.

Porque se se trata de ler, non so hai que poñer atención nos textos, tamén nas imaxes hai que ler. E claro, se alguén cre que a lectura é unha actividade reducida na distancia curta dos libros ou dos dispositivos electrónicos erra, porque abrirse a ler o mundo é ler de verdade.

Asociación de Geógrafos Españoles

O Carril no Diccionario Xeográfico de Pascual Madoz

Na actualidade, acceder ás fontes documentais é moito máis fácil ca nunca. Pero se descoñecemos os valiosos recursos que están ao noso dispor, é imposible beneficiarnos da información que nos ofrecen.

Velaí o caso deste

DICCIONARIO GEORÁFICO-ESTADÍSTICO-HISTÓRICO DE ESPAÑA Y SUS POSESIONES DE ULTRAMAR, obra de Pascual Madoz publicada en 1849

Así se refire este importante autor ao Carril, que daquela era concello de seu:

Desde estes enlaces podedes acceder a tan magna obra:

http://www.bibliotecavirtualdeandalucia.es/catalogo/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1004943
http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=http%3A%2F%2Fadrastea.ugr.es%2Fsearch%7ES9*spi%3F%2F.b1352452%2F.b1352452%2F1%2C1%2C1%2CB%2Fl962%7Eb1352452%26FF%3D%261%2C0%2C%2C0%2C-1