Archivo del sitio

ROTEIRO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA POLO CARRIL

Un grupo do alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Carril, tivo a oportunidade de realizar o venres, 10 de xuño de 2022, un roteiro organizado polo Departamento de Historia e pola Biblioteca, para coñecer in situ parte da Memoria Democrática de Vilagarcía de Arousa, da man de pesrsoas que saben moito desta materia e que se esforzan por divulgar e compartir os seus coñecementos e de transmitir, para fortalecer, valores democráticos: Margarita Teijeiro Suárez, Antonio Caeiro e Xosé Castro Ratón. Incansables activistas os tres, comprometidos con múltiples iniciativas e que son responsables entre outras actividades das vencelladas ao Faiado da Memoria e á Memoria Democrática de Vilagarcía.

Dos ROTEIROS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA existentes no concello de Vilagarcía de Arousa, que mellor que empezar a coñecelos polo do Carril. E de feito, nin dou tempo a saír do Carril.

Esta tamén é unha actividade de lectura no sentido máis amplo do concepto.

Panel do roteiro literario centrado na novela «Resistencia»

Percorrendo o roteiro da novela RESISTENCIA de Rosa Aneiros

9788483029251

Unha parte importante do alumnado de 2º de Bacharelato e máis o grupo de maiores do club de lectura TIRA DA PÁXINA tiveron o pracer de percorrer un roteiro científico-literario centrado na fabulosa novela de Rosa Aneiros titulada Resistencia.

3f665c00-5cd5-437c-b7af-6cba1809eefc(1).JPG

Ao parecer, o sol de principios de febreiro non se podía aturar nin sendo tan divinas nin nada…

image1(1).png

O roteiro e máis a viaxe foron planeados polas profes Tareixa Escariz, Xela Cid e Pilar Conde.

 

 

 

Entre outros lugares visitaron a marabillosa Biblioteca Joaninha da Universidade de Coímbra; a fortaleza de Peniche, onde transcorre unha parte importante da trama narrativa; o Penedo de San Pedro de Moel, onde quixeron pescar un robalo como Dinis, pero o mar bravo non estaba polo labor; o Museo do Vidro, antes a fábrica de vidro dos irmáns Stephens…

 

Roteiro selectivo polo Espazo verde do IES Carril realizado por Xela Cid e Luciano Martínez

Martes, 27 na 4º e 5ª sesións: Roteiro selectivo polo Espazo verde do IES Carril realizado por Xela Cid (prof.) e Luciano Martínez (enxeñeiro agrónomo e pai de alumna). Alumnado implicado: 1º BAC A.

 

De roteiro en Compostela con Antón Riveiro

Rematabamos o curso dando conta das recomendacións de lectura do club de lectura e reiniciamos a andaina escolar con el@s tamén.

tod@s.jpg

O pasado xoves, 28 de setembro, os membros maiores de «Tira da páxina» viaxaron a Santiago acompañados da súa profe coordinadora Tareixa Escariz e da profesora de galego Pilar Conde, para participar nun roteiro organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Concello de Compostela, centrado no libro

portada-libro-roteiro.jpg

O autor dedicoulles un dos exemplares do biblioteca.

dedicatoria

E ademais coñeceron ao editor Vítor freixanes