Archivo del sitio
TIRA DA PÁXINA 2022-2023. REPASO FINAL DE CURSO
Recomendacións de lecturas
SUXESTIÓNS MAIO
Andrea Maceiras no Carril
Como o alumnado de 1º ESO leu A folla azul, de Andrea Maceiras (e mesmo hai quen leu tamén Volverás golfiño) esta autora quixo compartir unha sesión con estes rapaces e estas rapazas.
No libro cóntase que na selva amazónica do Brasil vive unha nena chamada Husu Aké, da tribo Tacaré. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré
causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñecementos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa.
Pero o conto complícase, claro…
A actividade resultou todo un éxito, malia que houbo que realizala no pavillón pequeno porque non temos salón de actos e na bilioteca, coas medidas sanitarias vixentes, non cabe tanta xente.
Na parte final, Andrea Maceiras asinou libros e recibíu uns agarimosos agasallos.
Para quen non os lera aínda, estes liros dela e máis algúns outros están á vosa disposición en Bibliomalveiras.
SUXESTIÓNS DE FEBREIRO
ÚLTIMAS SUXESTIÓNS DE XUÑO
ESCOLA VIRTUAL DE LECTURA PARA FAMILIAS CURIOSAS
Escola de lectura
No día do libro, honramos a Luis Sepúlveda
O grupo de profes da biblioteca, quixemos organizar un pequeno audiolibro para colgalo neste blog, sen maior pretensión que estimular o gusto pola lectura aproveitando a ocasión do 23 de abril, día do libro.
Así que algunhas de nós apuntámonos á tarefa e convidamos a outras profes do instituto ás que lles apetecía participar.
Sepúlveda
Dáse a desafortunada circunstancia de que Luis Sepúlveda, o afamado autor chileno que vivía en Xixón, foi a primeira vítima do coronavirus en Asturias (pillouno nun congreso de escritores en Póvoa de Varzim) e tras loitar durante 40 días, finou o 16 deste mes de abril.
Sin título
Na súa memoria gravamos a lectura por capítulos da primeira metade da última obra deste escritor, publicada o ano pasado, e que se titula HISTORIA DE UNA BALLENA BLANCA. Trátase dun libro curto de 14 capítulos de ton naturalista e que claramente nos evoca MOBY DICK, de cuxo autor Herman Melville se cumprían douscentos anos do seu nacemento no ano pasado 2019.
Ademais, aínda que sexa no seu nome propio, podemos proxectalo á memoria de tantas vítimas anónimas desta noxenta pandemia que nos retén en confinamento.
Pretendemos que tomedes este pequeno audiolibro como un agasallo para vós, unha invitación máis a que leades e tamén como unha declaración de admiración por Luis Sepúlveda.
Convidamos a que busquedes o libro e leades en por vós os capítulos restantes, aínda que hai outras excelentes obras de Sepúlveda moi fáciles e atractivas.
Lembrade que en dúas entradas recentes deste blog, atoparedes varias canles para ler en liña e de balde.
As profes que participamos neste gratísimo enredo somos Pilar, Iria e a nosa queridísima profe emérita Tareixa (L. Galego), Marta (E.F.), Rosa e Matilde (Fr.) e Manuela (L.Castelá). Non poñemos os nomes en orde segundo os capítulos lidos, para ver se adiviñades pola voz antes do segundo segundo de cada gravación.
Lémosvos, pois, os primeiros sete capítulos, cada un leva arredor de 3 minutos.
Non seredes quen de ler os outros 7 que faltan?
lista
Máis opcións para ler en liña
A primeira opción é a que xa se presentaba nunha entrada anterior na plataforma GALICIA LE á que agora podes acceder aínda sen ter carné das bibliotecas públicas.
Galicia le
Rexístrate coas claves que recibas e cando remate a corentena, terás 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné.
GALICIA LE sen carné das bibliotecas públicas
A continuación incorporamos valiosísima información aportada pola  biblioteca do IES de Salvaterra de Miño
https://iessalvabiblio.wordpress.com/2020/04/01/lectura-dixital-gratuita/
BIBLIOTECAS DE ORGANISMOS OFICIAIS:
GaliciaLe. Plataforma do libro electrónico da biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas (ficción, informática, historia, lecer etc.) . Permite rexistrarse sen carné da biblioteca durante o estado de alarma polo COVID-19
Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana). Galiciana ten por obxectivo preservar e difundir de maneira virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego. O apartado de clásicos da literatura galega, presenta 30 clásicos de varios autores.
Biblioteca Virtual da Real Academia Galega. Biblioteca da R.A.G. dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.
Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego. Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).
Páxina Lg-3 de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Coa posibilidade de descargar varios títulos.
Biblioteca virtual Miguel de Cervantes. Permite o acceso de balde aos títulos da biblioteca virtual, nos seus portais de literatura española, americana, letras galegas…
Biblioteca nacional. Ten un portal libre e gratuito dos documentos dixitalizados da biblioteca.
Proyecto Gutenberg. Permite o acceso á máis de 40.000 títulos de libros de dominio público libres de dereitos.
PÁXINAS DE DESCARGA GRATUITAS
Libro Total: literatura clásica e non tan clásica en formato dixital. Inclúe audio-libros, guías de lectura, comentarios, fotografías….
Bubok. É unha web onde os autores poden autopublicar o seu libro e polo a disposición dos lectores. Algúns son gratuítos. Conta con títulos en galego.
Feedbooks. No apartado de Dominio público ofrece libros libres de dereitos e orixinais gratuítos.
Marisol Ortiz volta ao noso centro