Pois sí, aproveitando que este é o ano no que as LETRAS GALEGAS honran a Carlos Casares, a profe de Galego de 1º ESO A, Pilar Conde, e mais este grupo obsequiaron ao resto do alumnado do primeiro nivel cunha marabillosa representación da afamada obra deste autor: A galiña azul.
O acto (tras varios aprazamentos forzosos) tivo lugar o venres 2 de xuño, na última sesión.
Á verdade é que todas as persoas do grupo e maila profesora encarnaban a algún personaxe, xa fora con maior ou menor protagonismo.
E non repararon en detalles de vestiario, atrezzo e esceario.
Nin escatimaron en exercicio físico. Moi profesionais!
Disque son a Compañía da galiña, e que houberon de superar moitos, moitísimos nervios; pero son unha compañía magnífica que nos fixo pasar un rato estupendo e ademais así, sendo el@s como páxinas vivas, «limos» o libro de Casares.
Tan profesionalmente acolleron a actividade, que ata se nos ía entregando
segundo chegabamos á biblioteca un programa de man.
Coa mestría e a calidez á que nos ten afeit@s, Ramón enmarcou o contexto histórico, cultural e literario no que Carlos Casares produciu a súa obra literaria e xornalística ao longo de varias décadas da súa vida, arrancando na dictadura franquista e ata a súa morte.
Ademais, tróuxonos exemplares dos libros deste autor ao que se homenaxea neste ano e permitiu que leramos proxectados na pantalla anacos escollidos previamente por el.
Que sorte que tivemos de contar tamén esta vez coa xenerosidade e a valía de Ramón!
Os membros do club de lectura estiveron á altura de tan especial ocasión e formuláronlle a Antón moitas e moi intelixentes cuestións que el foi atendendo con detalle e moita xenerosidade.
Cada membro do club leu cadanseu poema escollido de A oseira, e Antón obsequióunos coa lectura de material poético inédito. Ademais, avanzounos que moi pronto aparecerá parte da súa produción publicada por Galaxia.
Á verdade é que quen tivemos a sorte de asistir (profes e alumnado interesado de 4º e de 1º Bacharelato) aprendemos non só do poeta, senón tamén das reflexións d@s alumn@s do club de lectura TIRA DA PÁXINA.
Esta sesión resultou unha dobre delicia: unha, polo valor intrínseco do tratamento do feito poético, e outra, pola condición dos participantes.
En canto sexa posible, colgaremos o vídeo e transcribiremos a conversa con Antón.
Para o profesorado do instituto de antes e de agora, ocasións coma esta reconfortan moitísimo.
Así que estamos tod@s de noraboa, moi especialmente Parabéns para Tareixa! que coordina con tan boa man o club de lectura, por contarmos con xente nova de probada valía no noso centro.
Graciñas e parabéns, Antón, pola túa colaboración tan cálida e por compartir con nós o teu éxito.
E graciñas e parabéns a Lara, Antía, Nerea, Cristina e Ismael polo seu excelente traballo!
En Bibliomalveiras temos un bo lote de libros dos moitos que escribiu Manuel María, o escritor a quen se honra no día das Letras Galegas deste ano 2016.
No seguinte folleto podedes ver que obras temos no noso catálogo.
TÍTULOS QUEN RECOMENDA
JUEGOS DEL HAMBRE, LOS ANDREA FRESCO RAMOS
BAJO LA MISMA ESTRELLA IRIA CABRERA FERREIRA
BESO DE LA SIRENA, EL (ANDREA CAMILLERI) ANA BARRAL
BIBLIA, LA
BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ, LA
(ANTONIO G. ITURBE) CONCHI PÉREZ ALONSO
BOLÍGRAFO DE GEL VERDE, EL
(ELOY MORENO, 2011) MANI (CONSERXE)
BOSQUE ANIMADO, EL LUIS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
CARTAS DE PAPÁ NOEL, LA TIFANI BARCALA MARCOS
CÓDIGO DA VINCI, EL PABLO COSTAS CORES,
XABIER PAZ IGLESIAS, SOFÍA CASTIÑEIRAS LÓPEZ
COLORES DE UNA VIDA GRIS, LOS SOFÍA (CONSERXE)
CRÍMENES EXQUISITOS SOFÍA (CONSERXE)
DIVERGENTE ANDREA FRESCO RAMOS
EDIPO REY SARA GARCÍA FIGUEIRA, ALEJANDRA PIRES RUBIANES
FROM HELL (ALAN MOORE, 1991) MANI (CONSERXE)
GIRL ONLINA (ZOE SUGG) IRIA CABRERA FERREIRA
GRAN GATSBY, O
(FRANCIS SCOTT FITGERALD) HELENA GONZÁLEZ RUBIANES
GUERRA CIVIL CONTADA A LOS JÓVENES, LA
(ARTURO PÉREZ-REVERTE) MANUELA IGLESIAS
HAMLET ALEJANDRA PIRES RUBIANES
HARRY POTTER SARA GARCÍA FIGUEIRA, DIEGO JUNCAL PIÑEIRO
HARRY POTTER Y EL CÁLIZ DE FUEGO
HIJOS DE LA TIERRA, LOS SOFÍA (CONSERXE)
HISTORIA DE UNA PESETA LUIS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
HOMBRE QUE CONFUNDIÓ A SU MUJER CON UN SOMBRERO, EL
(OLIVER SACKS) MANUELA IGLESIAS
INSURGENTE ANDREA FRESCO RAMOS
JUEGO DE ENDER, EL SARA GARCÍA SENRA
JUEGO DE TRONOS
JUEGOS DEL HAMBRE, LOS
LADRÓN MAGO 2, EL SARA GARCÍA SENRA
LADRONA DE LIBROS, LA
LECCIÓN DE AUGUST, LA CONCHI PÉREZ ALONSO
LO QUE MUEVE EL MUNDO (KIRMEN URIBE) ANA BARRAL
LONGA NOITE DE PEDRA
(CELSO EMILIO FERREIRO) MARIBEL NOGUEIRA VIÑAS
MISTERIO DE NAVIDAD, EL MIRIAM CATOIRA
MUJERCITAS
NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS, EL XABIER PAZ IGLESIAS
OSCUROS
PAÍS DE LOS CIEGOS (H. G. WELLS)
PEQUEÑA CERILLERA, LA MIRIAM CATOIRA
POR QUÉ ME CASÉ CONTIGO SOFÍA (CONSERXE)
PORNOGRAFÍA (LOIS PEREIRO) HELENA GONZÁLEZ RUBIANES
QUE ME QUERES AMOR? PABLO COSTAS CORES
SILENCIO DEL ASESINO, EL DIEGO JUNCAL PIÑEIRO
SKULDUGGERY PLEASANT, DETECTIVE ESQUELETO
TABERNA ERRANTE, LA (C. K. CHESTERTON)
TOKIO BLUES (HARUKI MURAKAMI) SOFÍA CASTIÑEIRAS LÓPEZ
VIGO ES VIVALDI
VISITA DE SAN NICOLÁS, UNA TIFANI BARCALA MARCOS
Moitas grazas polas vosas suxestións tan persoais!
Felices festas, saúde, boa lectura e moita sorte a tod@s!
Este martes, 12 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a afortunada oportunidade de recibir a Sabela Muñiz.
Esta escritora non só veu a Blibliomalveiras para presentar o seu libro, senón tamén para achegarnos a súa experiencia creativa, o proceso de elaboración literaria, os esforzos da edición e da distribución e outros aspectos vencellados ao seu traballo.
A porta de Europa, de Sabela Muñiz, e a segunda novela desta xoven autora vilagarciá publicada por Redelibros Editorial.
Trátase dunha novela negra innovadora, que mestura suspense e ficción, pero na que se poden recoñecer perfectamente persoas, escenarios e situacións reais da sociedade galega a través do relato do enfrontamento de dúas familias de narcos pelexando polo control do territorio. Por outra banda, tamén ofrece a posibilidade de reflexionar sobre cuestións tan relevantes como a relixión, política, costumes, leis, narcotráfico, etc.
Na XLIII edición dos Premios Literarios Minerva, na modalidade de Narración foron presentados 122 traballos. O xurado tivo a ben outorgarlle un accésit a Afra Martínez Torrado, alumna de 2º de Bacharelato, da modalidade de Artes, do noso IES «Miguel Ángel González Estévez», do Carril.
O relato de Afra é soberbio, pero polo de agora non se pode publicar. Narrado desde unha autocrítica perspectiva feminina, xira arredor da crúa experiencia do maltrato, da violencia de xénero perpretada no fogar.
PARABENS!!!
Deste xeito, Afra recolle a valiosa testemuña que supón a distinción con este honor de Antón Blanco Casas, gañador na anterior edición destes premios outorgados polo Colexio Peleteiro na modalidade de poesía. Daquela, os organizadores decidiron poñerlle ao libro no que se publican todos os traballos premiados da XLII edidión o inesquecible título do poema de Antón A DANZA DOS XACENTES, que podedes atopar xa en Bibliomalveiras.
Por pedir desexos, pidamos que na vindeira edición tamén alguén do noso centro se decida a participar. O equipo de profes da biblioteca brindamos todo o apoio e axuda que estea nas nosas mans.