Archivo del sitio

Nova convocatoria do concurso MINERVA

Hai prazo ata o 31 de xaneiro de 2018 para concorrer aos premios literarios MINERVA 2018, convocados polo colexio M. PELETEIRO de Santiago de Compostela.

Pode participar nas modalidades de poesía e narración calquera persoa que curse Ensino Medio e que non cumpra os 20 anos no 2018.

En convocatorias anteriores, obtiveron sendos galardóns Antón Blanco, en poesía, e Afra Martínez, en narración. Ambos formaron parte do alumnado deste instituto.

Así que ánimos a tod@s!

Anuncios

AFRA MARTÍNEZ TORRADO

Entrega Afra

Na XLIII edición dos Premios Literarios Minerva, na modalidade de Narración foron presentados 122 traballos. O xurado tivo a ben outorgarlle un accésit a Afra Martínez Torrado, alumna de 2º de Bacharelato, da modalidade de Artes, do noso IES “Miguel Ángel González Estévez”, do Carril.
O relato de Afra é soberbio, pero polo de agora non se pode publicar. Narrado desde unha autocrítica perspectiva feminina,  xira arredor da crúa experiencia do maltrato, da violencia de xénero perpretada no fogar.
PARABENS!!!
Deste xeito, Afra recolle a valiosa testemuña que supón a distinción con este honor de Antón Blanco Casas, gañador na anterior edición destes premios outorgados polo Colexio Peleteiro na modalidade de poesía. Daquela, os organizadores decidiron poñerlle ao libro no que se publican todos os traballos premiados da XLII edidión o inesquecible título do poema de Antón A DANZA DOS XACENTES, que podedes atopar xa en Bibliomalveiras.
Por pedir desexos, pidamos que na vindeira edición tamén alguén do noso centro se decida a participar. O equipo de profes da biblioteca brindamos todo o apoio e axuda que estea nas nosas mans.

Minerva Afra

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/marina-mayoral-amadrina-xliii-premios-minerva/idEdicion-2015-03-14/idNoticia-921036/