Archivo del sitio

Olesya Kanevska en La Voz de Galicia

Olesya

A nosa Olesya Kanevska andaba polo instituto hai tres anos e agora presenta o seu poemario no xornal La Voz de Galicia. Ela formaba parte daquel magnífico Taller de poesía que se reunía na biblioteca cada semana baixo o xeneroso maxisterio de Augusto Guedes de Castro.

Olesya en LA VOZ DE GALICIA

Agora, sendo alumna de terceiro curso na Facultade de Comunicación Audiovisual en Pontevedra, decidiu autoeditar o seu poemario Garabatos. Noraboa!

E en Bibliomalveiras xa estamos pensando en chamala para que nos veña falar da súa inquietude pola poesía.

https://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2017/11/01/olesya-kavenska-recita-poema/0031_2017115632290288001.htm

 

 

«ACTO POÉTICO» CON ANTÓN BLANCO CASÁS

Esta mañá celebramos en Bibliomalveiras un Acto poético arredor da triloxía “A danza dos xacentes” de Antón Blanco Casás, que resultou distinguida co PREMIO MINERVA DE POESÍA deste ano.

la foto 3(10) la foto 4(11)

A sesión foi introducida por Esther, quen como vicedirectora dou paso a Augusto Guedes de Castro. Dirixiu o acto este noso profesor emérito volcado nestes dous últimos cursos no TALLER DE POESÍA do que Antón foi un membro moi activo.

la foto 2(15) la foto 1(12) la foto 5(5)

Recitaron as tres pezas poéticas do noso xoven poeta Olesya Kanevska, Sabela Mosteiro e Saray Baya. A continuación, Cecilia Maurín explicou a Revolución espartaquista, motivo que servíu ao autor como soporte poético para expresarse.

la foto 3(11) la foto 4(12) la foto 1(13) la foto 2(16)

Tras un tempo de coloquio entre Antón e mailo público, Candela Vidal recitou un poema de Antón recollido no libro TALLER DE POESÍA, que recolle unha antoloxía deste grupo poético. Clausurou a sesión o propio Antón lendo “A danza dos xacentes”

la foto 2(17) la foto 1(14)

Participou en calidade de público excelente o alumnado de 4º de ESO e mailas súas profesoras Margarita García Armas e Marta Bande. Tamén asistíu Xoán, irmán de Antón.
Que marabilla poder celebrar de modo tan feliz esta parte final do MES DAS LETRAS!

Co noso poeta Antón Blanco Casás

 

Desde 1963, a instancias do profesor Abuin de Tembra e daquela co apadriñamento de Álvaro Cunqueiro, vense convocando o certamen de Premios Literarios Minerva do Colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela, ao que concurren candidatos de toda Galicia.

Algunhas das persoas que acadaron este honor son Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Lois Diéguez, Ánxeles Penas, Fernando Ónega, Suso de Toro, Xavier Queipo, X. A. Neira Cruz…

Este martes día 20 de maio de 2014 ás 5 da tarde, ao noso poeta Antón Blanco Casás vaille ser entregado este prezado galardón en recoñecemento á súa triloxía A DANZA DOS XACENTES.

Ese mesmo día pola mañá, nós tamén lle imos facer os honores en Bibliomalveiras. Antón, escoltado polo seu mestre poeta Augusto Guedes de Castro, vai escoitar recitar as súas pezas nas voces de tres amigas e colegas: Afra, Carolina e Olesya. Cecilia Maurín axudará aos seus compañeiros e compañeiras de 4º de ESO a coñecer a causa espartaquista á que fai referencia o traballo de Antón. Tamén participarán neste acto os membros do Taller de Poesía e os do Clube de Lectura Tira da páxina.

Para o noso centro é sempre un motivo de orgullo descubrir a valía e as inquedanzas artísticas e intelectuais do noso alumnado.

Parabéns!

 

 

REPERCUSIÓN NA PRENSA DA PRESENTACIÓN DA NOVELA «DESGASTE VITAL»

scale.php

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2014/02/18/jovenes-arousanos-codean-excelencia/0003_201402A18C12991.htm

http://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/paulo-garcia-presenta-obra-desgaste-vital-ies-carril/20140218002510059027.html

Acto de PRESENTACIÓN DA NOVELA “DESGASTE VITAL”.

Image

Dos libros que se levan presentado aquí en Bibliomalveiras este é un dos que nos ilusionaron máis porque a novela de Paulo García Conde

Image

propón unha historia orixinal, interesante e moi amena, que invita á reflexión e non deixa a ninguén indiferente. Pero sobre todo, este sano orgullo que sentimos débese a que esta obra supón o bautismo como escritor dun alumno que medrou física e intelectualmente pisando este mesmo chan hai tan so uns cinco anos e pico.

Traer a Paulo de novo a O Carril foi para nós un obxectivo desde que soubemos da publicación do seu libro. Cómpre confesar que grazas á súa xenerosidade e á xentileza de Augusto Guedes de Castro nin tan siquera tivemos que librar ningún obstáculo.

Empeñámonos en dar a coñecer a súa obra tanto por honralo a el como por ofrecer un referente próximo, e simultaneamente brillante, nesta época na que tanto interesa facer crer a falacia de que a actividade intelectual e a cultura en particular non serven para nada.

Image

No FARO DE VIGO de onte, Juan José Millás sostiña que de entre os mozos de hoxe, os que en realidade non queren esforzarse en nada na vida Piensan que escribir es fácil, que basta con tener un poco de vida interior y todo eso. Pues no, para escribir hay que estudiar también. E nestes días de atrás, Muñoz Molina escribía no seu blog (Escrito en un instante, 18 de enero de 2014): No hay apenas distancia entre el pensamiento y la escritura. Las imágenes y las palabras fluyen por la conciencia casi al mismo tiempo que los trazos sobre el papel.

Pero claro, o pensamento so medra se o nutrimos, e o mellor alimento é a lectura reflexiva (tamén se len as obras de arte escénicas e plásticas: música, cine, pintura, arquitectura…).

Image

Aquí, no caso da literatura, temos para demostrar isto ás profes do Clube de lectura TIRA DA PÁXINA, Ana Barral e Clara Piñeiro, quen con Carolina Silva, Saray Baya, Afra Martínez, Sabela Mosteiro e Olesya Kaneuska puxéronse desinteresadamente á nosa disposición para ler a novela de Paulo, co fin de intercambiar con el neste acto alguns comentarios e impresións que serviran como engado para vir buscar o libro e devoralo.

Damos as grazas a elas e tamén ao público polo seu interese e comportamento exemplar.

Image

«Desgaste vital», novela de Paulo García Conde

Luns,17 de febreiro

Presentación do libro de

 Paulo.php

Paulo García Conde

 

DESGASTE VITAL

A cargo de

Augusto Guedes de

Castro

Terá lugar na biblioteca

de 10:55 a 11:45. h.

Acudirán o alumnado de 2º Bacharelato

A e C , do «Taller de Poesía» e do Clube

de Lectura “Tira da páxina”.

Maquetación 1 (Page 1)

© Editorial Círculo Rojo                       ISBN: 978-84-9050-722-3

Sinopse da novela:

Daniel lleva una vida corriente como estudiante universitario, en la que su autoexigencia se erige como principal pauta. Sin embargo, una situación inesperada en una tarde cualquiera marca el comienzo de un declive. Su declive interior. Sin darse apenas cuenta, Daniel entra en una espiral de actos violentos que paso a paso lo sumen en un deterioro mental al que parece imposible encontrarle explicación. Porque para cuando se halle una solución al problema que se esconde tras los brotes de violencia contra la sociedad y el mundo que lo rodean, puede que ya sea demasiado tarde.

Repercusión na prensa da presentación de «TALLER DE POESÍA»

Image

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2014/02/14/literatura-cuatrocostados/0003_201402A14C12991.htm

Acto de presentación do libro

TALLER DE POESÍA en Bibliomalveiras para o alumnado de 4º de ESO.

Portada_Taller_de_poesíaEste martes, que comezou con chuvia e vento, amansouse calidamente ao sol deste inverno rigoroso; e se cadra sucedeu así, maxicamente, ao caloriño da poesía de Antía, Olesya, Carolina, Raúl, Candela, Antón e Augusto. Nesta sesión honrounos tamén coa súa presenza a responsable da edición e maquetación do libro, Ana Fernández Calvo.

la foto(6)

la foto(7)

la foto(5)

la foto(3)

la foto(4)

Compartimos impresións, emocións e orgullo

polo seu traballo artístico fermoso e de moita

calidade cos autores e autoras que recitaron

algunhas das súas pezas poéticas preferidas.

        ¡Bravo!   ¡Noraboa!   E graciñas.

O proxecto do TALLER DE POESÍA naceu no curso 2012-2013 (o primeiro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES no que participa o noso centro) co obxecto de dar abeiro á inquietude creadora do alumnado que voluntariamente se sentira concernido, e coa intención de axudar a esta xente nova a reflexionar sobre a esencia e a funcionalidade da poesía; pero tamén servíu para poñer ao seu dispor unhas canles polas que discorreran as súas producións.

Ben certo é que non se esperaba conformar un gran grupo arredor de materia tan delicada, mais a fabulosa sorpresa resultou ao descobrir a entrega, a dedicación, a constancia e a excelencia destas persoas comprometidas coa poesía. E mesmo se deixou notar o tirón de préstamos de libros de poesía coma nunca antes se rexistrara na biblioteca, mais alá das obras de lectura obrigatoria escritas en verso.

En moitas ocasións se apelou ao lexendario título do poema de Bertolt Brecht “Malos tempos para a lírica” para subliñar a prevalencia dos aspectos e ata dos instintos máis básicos da vida das persoas e das sociedades sobre os grandes valores que ao fin son o alimento e a substancia da dignidade humana. Pero o mestre alemán sostiña que a poesía en calqueira das súas modalidades sempre é oportuna porque sempre nos é necesaria e consustancial. Brecht fala así mesmo entre liñas da versatilidade da poesía. Esto mesmo defende Augusto Guedes de Castro, outro gran mestre e poeta el tamén, quen se prestou xenerosamente a doar tempo da súa etapa “xubilosa” e ilusión a mans cheas liderando un pequeño gran grupo de rapazas e rapaces poetas no noso instituto do Carril.

Mérito sobrado, probadísima competencia didáctica e paixón cómpre recoñecerlle a Augusto ao acadar amalgamar as inquedanzas e mais os intereses dun grupo heteroxéneo no que confluía alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato. Pero de lei é alabar a intelixente permeabilidade e mais a capacidade de compartir as pezas creativas xeradas demostrada por todos os integrantes do taller, e no indefinido podería incluirse tamén ao profesor.

Desde unha perspectiva tanxencial, o que se salientaba das sucesivas sesións semanais na biblioteca, luns tras luns, era como ía medrando exponencialmente o proxecto ata metamorfosearse na asunción dun auténtico grupo poético con vida propia e vocación de permanencia no tempo. E desde unha perspectiva institucional, é preciso remarcar que poucas veces coma nesta marabillosa ocasión cobra sentido en todo o seu esplendor a función cultural do ensino público.

Para Bibliomalveiras e para o IES “MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ” do Carril constitúe un honor contar con alumnado tan excelente e cun profesor emérito que xa sen obrigas bríndase e de que maneira a nós.

Con orgullo expresamos o noso agradecemento por demostrar que nunca son malos os tempos para a lírica a…

presentación do libro Taller de poesía

 

O martes, día 11Portada_Taller_de_poesía de febreiro, no transcurso da terceira sesión entre as 10:55 e as 11:45 h., celebrarase en Bibliomalveiras para o alumnado de 4º de ESO, a presentación do libro Taller de poesía, un poemario de autoría colectiva (Antía Maneiro de 4º ESO B-PDC, Raúl Varela de 1º Bac. A, Carolina Silva de 1º Bac. B, Olesya Kanevska de 1º Bac. C, Candela Vidal de 2º Bac. A e Antón Blanco de 2º Bac. B) coordinado polo noso profesor emérito Augusto Guedes de Castro.

Próximas citas importantes en Bibliomalveiras

Dun tempo a esta parte ímonos afacendo ao bo no que ao contacto con autores e a presentación de libros se refire. En ocasións anteriores recibimos con agradecemento e ilusión a Dores Tembrá, Rosa Aneiros, Montse Fajardo acompañada por dúas das súas Matriarcas, Moisés Asensi… ¡Vaia por citar aos máis recentes!

E para dentro dunhas semanas estamos a organizar dous actos ben fermosos e moi ilusionantes que nos enchen de orgullo, porque desta vez quen virán a BIBLIOMALVEIRAS presentar os seus libros son xente da nosa.

Por unha banda, un grupo de alumnas e alumnos capitaneados por Augusto Guedes regalarán os nosos oídos co seu poemario colectivo. Por outra banda, Paulo García Conde, un antigo alumno pero bastante xoven aínda, brindaranos a oportunidade de intercambiar con el impresións sobre a súa primeira novela Desgaste vital.

Ficha do libro

http://www.editorialcirculorojo.es/publicaciones/c%C3%ADrculo-rojo-novela-vi/desgaste-vital/

http://www.ivoox.com/libro-desgaste-vital-editado-circulo-rojo-audios-mp3_rf_2655446_1.html