Archivo del sitio

TIRA DA PÁXINA ESTÁ A LER…

 

tIRA DA PÁXINA FEBREIRO

Brooklyn Follies

Paul Auster

1142340534COLO_003

O autor da Triloxía de Nova York, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez, humor e axilidade narrativa.

Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.

Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.

Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.

Unha novela que explora as encrucilladas da vida, os puntos de inflexión nos que aínda é posible recuperar a liberdade e desmentir o destino.

auster

Auster, Paul
Paul Auster (Nova Jersey, 1947) é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas, ensaios, poesía, guións e películas de cine, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86), Moon Palace (1989), Leviathan (1992), Mr Vertigo (1994), The Book of Ilusions (2002), Brooklyn Follies (2006), Viaxes no scriptorium (2007), o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007), Un home na escuridade (2008), Invisible (2009) e Sunset Park (2010), estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.

http://editorialgalaxia.gal/produto/brooklyn-follies/

 

GUARDIÁN INVISIBLE.jpg

«Ainhoa Elizasu fue la segunda víctima del basajaun, aunque entonces la prensa todavía no lo llamaba así. Fue un poco más tarde cuando trascendió que alrededor de los cadáveres aparecían pelos de animal, restos de piel y rastros dudosamente humanos, unidos a una especie de fúnebre ceremonia de purificación. Una fuerza maligna, telúrica y ancestral parecía haber marcado los cuerpos de aquellas casi niñas con la ropa rasgada, el vello púbico rasurado y las manos dispuestas en actitud virginal.»

En los márgenes del río Baztan, en el valle de Navarra, aparece el cuerpo desnudo de una adolescente en unas circunstancias que lo ponen en relación con un asesinato ocurrido en los alrededores un mes atrás.

La inspectora de la sección de homicidios de la Policía Foral, Amaia Salazar, será la encargada de dirigir una investigación que la llevará devuelta a Elizondo, una pequeña población de donde es originaria y de la que ha tratado dehuir toda su vida. Enfrentada con las cada vez más complicadas derivaciones del caso y con sus propios fantasmas familiares, la investigación de Amaia es una carrera contrarreloj para dar con un asesino que puede mostrar el rostro más aterrador de una realidad brutal al tiempo que convocar a los seres más inquietantes de las leyendas del Norte.

dolores-redondo-6-mqmo4z4qpuaba9hm4x21csrvbaw83ncrgbpnn2oub4

 

http://www.doloresredondo.com/novelas/el-guardian-invisible/

http://www.doloresredondo.com/

Anuncios

“TIRA DA PÁXINA” EN NADAL

Os membros do club de lectura quedaron outra vez a xantar no instituto o martes 19 de decembro

tira da páxina nadal

Estiveron a organizar aspectos do seu proxecto xa bastante avanzado de booktuber, acordando prazos para a lectura das novas propostas e realizando un novo cartel moi inspirador

tira da páxina cartel nadal.JPG

Unha parte do club de lectura vai ler

brooklyn follies

E o resto das persoas van ler manga.

“Tira da Páxina” convida a ler no verán

A profesora Tareixa Escariz, coordinadora do club de lectura do noso centro, presenta as seguintes propostas de lectura, as mesmas que fixeron os membros de Tira da Páxina durante o curso:

 

Para o alumnado da ESO

 

La lección de Agust, de R J Palacios (tralas iniciais ocúltase, como no caso de Rowling, una autora, lectura que gustou moito e fixo reflexionar sobre as dificultades de ser diferente, visto dende a perspectiva de quen a sofre e de quen está do outro lado. Ao mesmo tempo permite poner en cuestión o papel da escola como normalizadora de situacións.

 

O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, en galego. Deste libro o máis atraínte é que trate temas de actualidade presentando protagonistas adolescentes con problemáticas próximas ás propias. Ao mesmo tempo ofrece a ocasión para pararse a pensar sobre os perigos das redes sociais.

 

Boy ( relatos de infancia), de Roald Dahl, esperta a curiosidade sobre a infancia en xeral, e sobre a biografía do autor en particular.

 

Historia de una gaviota y el gato que le enseñó a volar, de Luis Sepúlveda, é una noveliña deliciosa da que existe una versión de debuxos animados en cuxa produción traballou directamente o autor.

 

Ademais, estando tan recente o 75º aniversario de Miguel Hernández é a escusa perfecta para achegarse á súa poesía ou á súa biografía.

 

 

PARA O ALUMNADO DE MÁIS IDADE

 

La ladrona de libros, de Markus Zusak (en castelán). A historia está situada na segunda guerra mundial e propón moitas referencias á literatura e á lectura. O visionado da pelicula que dirixiu Percival, despois da lectura, anima a confrontar estes dous xeitos de contar a mesma historia.

 

Le Petit Prince, de Antoine de Saint Exupéry. Este clásico da literatura universal pódese ler na versión orixinal en francés ou ler a tradución ao galego de Carlos Casares.

 

O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Davila (en galego ) Este libro esperta moita curiosidade sobre Emma, invita a perderse dentro do concepto da ficción dentro da ficción.

 

La sonrisa etrusca, de Jose Luis Sampedro. Esta lectura abre ou nutre a curiosidade sobre o italiano e a realidade lingüística de Italia. Ademais, suscita o diálogo entre xeracións aparentemente moi distantes.

Tira da páxina almorza en Bibliomalveiras

Poderíase dicir que o club de lectura “Tira da páxina” dou por clausurado  o presente curso cun almorzo diferente nun espazo diferente. Na mesa pousan os nutrintes do espírito e do estómago e tod@s irradian benestar (por iso a foto ten tanta luz, ou que pensabades!)

almorza Tira da páxina.jpg

No verán farán por separado (ou quen sabe) lecturas comúns.

Van ler unha novela que é unha das novelas máis novelas de todas as novelas Madame Bovary, de Gustave Flaubert.

E á volta das vacacións vannos sorprender con actividades moi atractivas dirixidas a quen nos queiramos deixar seducir un pouquiño.

BO NADAL, BOAS LECTURAS E BOS DESEXOS

 

Desde Bibliomalveiras e Tira da páxina expresamos os nosos mellores desexos para tod@s nestas datas agarimosas do Nadal. Queremos que para vós e para nós o 2017 sexa un ano venturoso, xeneroso, gozoso e fermoso… polo menos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Faríanos moita ilusión que ademais reservarades un ratiño de paz para desfrutar lendo un libro ou vendo unha peli. Na biblioteca hainos para todos os gustos e podedes levalos de balde durante as vacacións ás vosas casas. Ademais as películas e mailos libros tamén agradecerían ir de vacación ás vosas casas, e irían de balde tamén porque non comen nin gastan nada.

img_1539

As mozas e mozos do club de lectura e maila súa profe Tareixa seleccionaron algunhas propostas moi interesantes e variadas que presentan dun xeito moi simpático

img_1547

e que atoparedes nos expositores da biblioteca, ou preguntando ás profesoras se non os atopades:

img_1542

OS NOSOS LIBROS DE MANUEL MARÍA

En Bibliomalveiras temos un bo lote de libros dos moitos que escribiu Manuel María, o escritor a quen se honra no día das Letras Galegas deste ano 2016.

No seguinte folleto podedes ver que obras temos no noso catálogo.

FOLLETO LIBROS MANUEL MARÍA

LECTURAS 2015-2016

Neste enlace atópanse as lecturas propostas no centro, tanto as obrigatorias ou as recomendadas, dos diferentes niveis e materias:

LECTURAS 2015-2016

DÍA da PAZ. Xaneiro de 2016

As alumnas auxiliares de Bibliomalveiras propoñen a lectura destes libros e ver estas películas:

folleto paz 2016

Ai, aquel mundo da Ilustración e mailo encanto do Romanticismo!

En especial o alumnado de 1º de Bacharelato, e máis concretamente o de Literatura Universal, ten á súa disposición un bo lote de recursos nun dos expositores da biblio. Víndeos ver!

Ler ciencia