Archivo del sitio

LETRAS GALEGAS 2022 NO IES O CARRIL

AS LETRAS GALEGAS DE XELA ARIAS

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiguelangelgonzalez/node/1001

As pitas baixo a chuvia, de Carvalho Calero

O Concello do Rosal honrou a Ricardo Carvalho Calero, co gallo do día das Letras Galegas, encargando un fermosísimo traballo plasmado neste vídeo a un equipo no que destaca o guionista e debuxante de area Marcos Escudero.

Desfrutádeo e compartídeo. É precioso.

17 DE MAIO: LL GG 20 20

PHOTO-2020-05-17-12-28-16

Hoxe celebramos o día das LETRAS GALEGAS, porque en tal data do ano de 1863 Rosalía de Castro publicara o seu famosísimo poemario Cantares Gallegos. Malia o título que ía en castelán, era a primeira vez que se editaba un libro (tal e como nós os coñecemos) na lingua galega.

A miúdo esquecemos que isto resultou unha proeza dobre, xa que non só nunca antes se publicara ningún libro en galego, senón que ademais a primeira persoa que acadou este fito histórico foi unha muller.

E non vaiades pensar que era fácil daquela escribir en galego e publicar. Tras tantos séculos escuros desde os marabillosos tempos da lírica medieval, a lingua galega sufría un horrible desprestixio cultural e basicamente era considerada polas clases superiores e ilustradas como unha lingua exclusiva do pobo, é dicir, unha lingua cativa das xentes máis humildes. Pero, por iso mesmo, hai que valorar moitísimo que foran precisamente as xentes humildes as que acadaron mantela viva a pesar do abandono, cando non prohibición, das autoridades e das élites.

No centenario dese primeiro libro de Rosalía, en 1963, a Real Academia Galega instituíu esta efemérides que hoxe celebramos para honrar a figuras destacadas na defensa da lingua e da cultura escrita en galego.

O primeiro ano, ¡como tiña que ser!, a persoa elixida foi a propia Rosalía de Castro. E ao ano seguinte, tocoulle a Castelao, ¡como non!

A lista foise engrosando a modiño, aínda que cómpre criticar que en total so foron honradas ata ao de agora catro mulleres. Iso si, para que alguén poida incorporarse a este listado de honra, ten que morrer primeiro e deixar transcorrer alomenos dez anos do seu pasamento.

dsBuffer.bmp

Programa sobre Carvalho Calero na TVG

 

 

 

 

Día das Letras Galegas 2020: Carvalho Calero

No IES de Arzúa, as profesoras de linguas e o alumnado do instituto prepararon un vídeo conmemorativo do Día das Letras Galegas 2020 centrado na figura de Ricardo Carvalho Calero

 

MES DAS LETRAS

O MES DAS LETRAS que celebramos desde o 23 de abril ao 17 de maio e que neste curso incluimos a instalación dos rótulos identificativos das árbores do noso espazo verde,

 

 

 

 

rematou este ano coa visita a Bibliomalveiras de Xavier Senín, escritor, tradutor, editor, colaborador xornalístico e, entre outros moitos cargos desempeñados, ex Director Xeral do Libro da Xunta de Galicia.

IMG_5153

Xavier Senín achegouse onda nós para trasladarns os seus fondos coñecementos sobre María Victoria Moreno,

IMG_2114

quen fora a súa amiga persoal, e da que ven de publicar unha biograía en colaboración con Isabel Soto: María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, 2018, Edicións Xerais.

FullSizeRender(60)

Este acto foi organizado polos profesores de galego Pilar conde e Miguel Barros, que á súa vez son amigos de Xavier. e desta fermosa cadea de amizades beneficiouse o alumnado de 1º da ESO.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os libros escritos por María Victoria Moreno cos que contamos na biblioteca son estes:

A galiña azul estivo en Bibliomalveiras

 

Pois sí, aproveitando que este é o ano no que as LETRAS GALEGAS honran a Carlos Casares, a profe de Galego de 1º ESO A, Pilar Conde, e mais este grupo obsequiaron ao resto do alumnado do primeiro nivel cunha marabillosa representación da afamada obra deste autor: A galiña azul.

O acto (tras varios aprazamentos forzosos) tivo lugar o venres 2 de xuño, na última sesión.

galiña azul.6JPG

Á verdade é  que todas as persoas do grupo e maila profesora encarnaban a algún personaxe, xa fora con maior ou menor protagonismo.

E non repararon en detalles de vestiario, atrezzo e esceario.

Nin escatimaron en exercicio físico. Moi profesionais!

Disque son a Compañía da galiña, e que houberon de superar moitos, moitísimos nervios; pero son unha compañía magnífica que nos fixo pasar un rato estupendo e ademais así, sendo el@s como páxinas vivas, «limos» o libro de Casares.

Tan profesionalmente acolleron a actividade, que ata se nos ía entregando

programa

segundo chegabamos á biblioteca un programa de man.

BRAVO!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aí vos queda o vídeo da representación íntegra:

Cantando a Carlos Casares

María do Ceo canta a Carlos Casares

Rapeando desde Mosteiro-Meis

 

Antón co club de lectura TIRA DA PÁXINA»

Tal e como estaba previsto, celebrouse o acto de presentación do poemario de Antón Blanco, A oseira, en Bibliomalveiras.

La Voz de Galicia fíxose eco do acto na edición de Arousa cunha nota redactada de modo moi afortunado e certo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/26/span-langglprimeiro-poemario-anton-blancospan/0003_201704A26C119916.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/27/anton-blanco-regresa-carril/0003_201704A27C11996.htm

 

E o Faro de Vigo tamén deu conta do acto

IMG_1660 (2)_LI

Os membros do club de lectura estiveron á altura de tan especial ocasión e formuláronlle a Antón moitas e moi intelixentes cuestións que el foi atendendo con detalle e moita xenerosidade.

Cada membro do club leu cadanseu poema escollido de A oseira, e Antón obsequióunos coa lectura de material poético inédito. Ademais, avanzounos que moi pronto aparecerá parte da súa produción publicada por Galaxia.

Á verdade é que quen tivemos a sorte de asistir (profes e alumnado interesado de 4º e de 1º Bacharelato) aprendemos non só do poeta, senón tamén das reflexións d@s alumn@s do club de lectura TIRA DA PÁXINA.

Esta sesión resultou unha dobre delicia: unha, polo valor intrínseco do tratamento do feito poético, e outra, pola condición dos participantes.

En canto sexa posible, colgaremos o vídeo e transcribiremos a conversa con Antón.

Para o profesorado do instituto de antes e de agora, ocasións coma esta reconfortan moitísimo.

Así que estamos tod@s de noraboa, moi especialmente Parabéns para Tareixa! que coordina con tan boa man o club de lectura, por contarmos con xente nova de probada valía no noso centro.

Graciñas e parabéns, Antón, pola túa colaboración tan cálida e por compartir con nós o teu éxito.

E graciñas e parabéns a Lara, Antía, Nerea, Cristina e Ismael polo seu excelente traballo!

Velaí o vídeo deste acto tan especial

 

OS NOSOS LIBROS DE MANUEL MARÍA

En Bibliomalveiras temos un bo lote de libros dos moitos que escribiu Manuel María, o escritor a quen se honra no día das Letras Galegas deste ano 2016.

No seguinte folleto podedes ver que obras temos no noso catálogo.

FOLLETO LIBROS MANUEL MARÍA