Archivo del sitio

OS DEREITOS DAS MULLERES

HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN

Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.

A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.

No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.

Charla con Coral Piñeiro tras a proxección do documental sobre Mariví Villaverde

Enlace á noticia do acto no FARO DE VIGO

https://www.farodevigo.es/arousa/2023/04/22/aprendizaje-debio-suceder-coral-pineiro-ies-o-carril-marivi-na-pel-da-memoria-86328871.html

8 de marzo. Día das mulleres

Hai polo menos cinco mandamentos sociais, políticos e relixiosos cos que se somete ás mulleres, pero contra os que se rebelan moitísimas arredor do mundo aprendendo unhas das outras a desobecelos, aprendendo a desaprendelos:

Non protestarás.

Non gozarás.

Non existirás.

Non decidirás.

Non desagradarás.   

Cinco mandamientos que (mal)educan a las mujeres | Planeta Futuro | EL PAÍS (elpais.com)

INICIATIVA DO IES O CARRIL PARA O 8 DE MARZO

21 de marzo: DÍA DA POESÍA

Arredor desta efemérides vanse ir desenvolvendo tres actividades especiais nas paredes do instituto.

De momento, no corredor da biblioteca hai colocadas unhas cartulinas para que quen o desexe deixe escrito un endecasílabo feliz, aínda que sexa de mentira.

Instalarase nesta semana, tamén no corredor da biblioteca, unha exposición con traballos elaborados polo alumnado de 4º ESO centrado nunhas decenas de mulleres poetas que compoñeron as súas obras en castelán, baixo o lema UN CANON DEL SIGLO XXI. Por arrimar o interese pola poesía ás actividades do centro con motivo do 8M que se estenden a todo o mes, escolléronse solo mulleres opoetas por esta vez. E tamén se fai así por compensar a presencia marcadamente masculina dos autores varóns nos libros de literatura.

Para a vindeira semana, está planeada outra exposición de poesía, esta de caligramas creados por todo o alumnado de ESO, que se estenderá por varias paredes de varios andares porque moito alumnado se sumou a esta iniciativa.

8M: Actividades organizadas polo profesorado do grupo de Igualdade do instituto do Carril

No marco da conmemoración do 8M o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES O Carril participou o venres 18 de marzo pola mañá nun encontro cos colectivos feministas “O Soño de Lilith” e “Feministas de Catoira” no auditorio municipal de Vilagarcía.

Daisy Alcalde e Alejandra Muñiz, representantes da asociación vilagarciana “O Soño de Lilith”, e Vanessa Pérez e Cristina Longo, voceiras de “Feministas de Catoira”, expuxeron a traxectoria das dúas asociacións, as súas motivacións e os obxectivos fundamentais do seu traballo para a concienciación a prol da igualdade e responderon ás preguntas dun alumnado que se amosou participativo e moi interesado. Explicaron e defenderon un feministo transversal onde a loita feminista vai da man da ecoloxía, do antirracismo e da defensa dos dereitos LGTBI+. Subliñaron, pois, a importancia de construír un mundo máis xusto sen opresións e no que as diferenzas non supoñan desiguais oportunidades, tratos ou dereitos.

Daisy Alcalde e Cristina Longo son antigas alumnas do noso instituto.

Este acto veuse a sumar ás actividades que nesta semana organizou o grupo de Igualdade do instituto do Carril, que acolle neste momento a exposición da V Edición de Festivala: mulleres creando, facilitada pola asociación “O Soño de Lilith” coa colaboración do concello de Vilagarcía.

Entre outras actividades, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o labor e as reivindicacións da asociación de mariscadoras “Amarcarril” da man de Inma Otero, Rita Vidal e Pupe Jueguen, que visitaron o centro o pasado xoves 17, achegando materiais divulgativos e mesmo ferramentas de traballo.

Os actos do 8M completaron o coñecemento da situación actual das mulleres coa análise da historia dos seus dereitos. Esta quere ser graficamente plasmada nun estudo do alumnado de 3º ESO, que está a elaborar a “Liña do tempo dos dereitos das mulleres” para reflectir o difícil camiño da reivindicación.

8-M: DÍA DA MULLER

Como comprobamos neste poema de Elvira Sastre, tamén a poesía sirve para reflexionar arredor de quen somos mulleres:

SOMOS MUJERES

Miradnos.

Somos la luz de nuestra propia sombra,

el reflejo de la carne que nos ha acompañado,

la fuerza que impulsa a las olas más minúsculas.

Somos el azar de lo oportuno,

la paz que termina con las guerras ajenas,

dos rodillas arañadas que resisten con valentía.

Miradnos.

Decidimos cambiar la dirección del puño

porque nosotras no nos defendemos:

nosotras luchamos.

Miradnos.

Somos, también, dolor,

somos miedo,

somos un tropiezo fruto de la zancadilla de otro

que pretende marcar un camino que no existe.

Somos, también, una espalda torcida,

una mirada maltratada, una piel obligada,

pero la misma mano que alzamos

abre todas las puertas,

la misma boca con la que negamos

hace que el mundo avance,

y somos las únicas capaces de enseñar

a un pájaro a volar.

Miradnos. Somos música,

inabarcables, invencibles, incontenibles, inhabitables,

luz en un lugar que aún no es capaz de

abarcarnos, vencernos, contenernos, habitarnos,

porque la belleza siempre cegó los ojos

de aquel que no sabía mirar.

Nuestro animal es una bestia indomable

que dormía tranquila hasta que decidisteis

abrirle los ojos con vuestros palos,

con vuestros insultos, con este desprecio

que, oídnos:

no aceptamos.

Miradnos.

Porque yo lo he visto en nuestros ojos,

lo he visto cuando nos reconocemos humanas

en esta selva que no siempre nos comprende

pero que hemos conquistado.

He visto en nosotras

la armonía de la vida y de la muerte,

la quietud del cielo y del suelo,

la unión del comienzo y del fin,

el fuego de la nieve y la madera,

la libertad del sí y el no,

el valor de quien llega y quien se va,

el don de quien puede y lo consigue.

Miradnos,

y nunca olvidéis que el universo y la luz

salen de nuestras piernas.

Porque un mundo sin mujeres

no es más que un mundo vacío y a oscuras.

Y nosotras estamos aquí para despertaros

y encender la mecha.

MUJERES: historias de Feminismo (Diversidad, Empoderamiento y Sororidad), por marpadron.com

Neste enlace atópanse un monte de documentos interesantísimos

http://marpadron.com/

Pero se cadra cómpre resaltar un listado de pelis para ver sen maior problema se se dispón de conexión a internet:

http://educagenero.org/25-peliculas-sobre-mujeres-y-feminismo

  • Ágora (2009)
  • Antonia´s Line (1995)
  • Bar Bahar (In Between, 2016)
  • Brave (2012)
  • Criadas y Señoras (The Help, 2011)
  • Figuras ocultas (Hidden Figures, 2016)
  • Flores de otro mundo (1999)
  • La fuente de las mujeres (La source des femmes, 2011)
  • La vida empieza hoy (2010)
  • La vida secreta de las abejas (The Secret Life of Bees, 2008)
  • La vida secreta de las palabras (The Secret Life of Words, 2005)
  • Las Chicas de la Lencería (Die Herbstzeitlosen, 2006)
  • Las Horas (The Hours, 2002)
  • Las mujeres de verdad tienen curvas (Real Women Have Curves, 2002)
  • Lejos del cielo (Far from Heaven, 2002)
  • Madres e Hijas (Mother and Child, 2009)
  • Million Dollar Baby (2004)
  • Mujer contra Mujer (It These Walls Could Talk 2, 2000)
  • Mustang (2015)
  • Persépolis (2007)
  • Quiero ser como Beckham (Bend It Like Beckham 2002)
  • Sufragistas (Suffragette, 2015)
  • Te doy mis ojos (2003)
  • Thelma & Louise (1991)
  • Tomates Verdes Fritos (Fried Green Tomatoes, 1991)

Adxuntamos este pdf.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO «MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO»

NORABOA!!!

Dos premios deste concurso resultaron merecedoras

1. Ainhoa Fuentes Lorenzo (3ºESO B)
2. Desiré Raúl dos Anjos (3ºESO A)

As dúas recibiron os correspondentes agasallos conxuntamente coas personas que acadaron os premios dos concursos de fotografía «Mulleres traballando»

CONCURSO «MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO»