Archivo del sitio

La importancia de llamarse Ernesto

O alumnado de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato creou estes marabillosos figuríns a partir do estudio da obra de Óscar Wilde La importancia de llamarse Ernesto.

E se alguén sente interese,na biblioteca hai dispoñible un lote de exemplares do libro

Funcións de teatro desde a casa

A Deputación de Pontevedra pon á nosa disposición unha carteleira de teatro moi interesante. O fabuloso da iniciativa é que ante os problemas derivados das medidas sanitarias impostas pola pandemia, facilita o acceso á gravación de cada función.

https://www.depo.gal/prendendo-butacas-na-casa

Este programa conformado por oito funcións (de compañías fundamentalmente da provincia de Pontevedra) en formato virtual ten por finalidade tender unha ponte no Nadal entre os profesionais do teatro e o público.

Calendario de funcións

Cada función estará dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra, cada unha delas durante 24 horas desde as 10 da mañá do mesmo día.

“As mulleres do porvir”, de Dorotea Bárcena, un texto dramático a propósito da violencia machista no s. XIX

A obra propón unha xuntanza de “zoom” entre Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán para resolver o asasinato dunha muller á que matou o seu marido.

Dorotea Bárcena, unha das grandes figuras da dramaturxia galega, escribíu a obra en 2003.

https://es.wikipedia.org/wiki/Dorotea_B%C3%A1rcena

O día 23 de novembro, ás portas do día contra as violencias machistas, o Consello da Cultura Galega (CCG) decicíu confluír o cabodano da morte de Dorotea Bárcena co bicentenario do nacemento de Concepción Arenal nun produto audiovisual que conecta estas dúas mulleres pioneiras coas outras dúas grandes escritoras do panorama estatal.

MAQUETAS ESCENOGRÁFICAS

Nesta Semana da ciencia podemos desfrutar no vestíbulo de preciosas maquetas de escenografías de obras de teatro, realizadas polo alumnado de ARTES ESCÉNICAS de 2º BAC coa súa profesora Susana Suárez.

Ao principio expuxéranse na Biblioteca, pero alí non lucían o suficiente e ademais había problemas coas outras actividades programadas para celebrarse alí.

IMG_7022

A galiña azul estivo en Bibliomalveiras

 

Pois sí, aproveitando que este é o ano no que as LETRAS GALEGAS honran a Carlos Casares, a profe de Galego de 1º ESO A, Pilar Conde, e mais este grupo obsequiaron ao resto do alumnado do primeiro nivel cunha marabillosa representación da afamada obra deste autor: A galiña azul.

O acto (tras varios aprazamentos forzosos) tivo lugar o venres 2 de xuño, na última sesión.

galiña azul.6JPG

Á verdade é  que todas as persoas do grupo e maila profesora encarnaban a algún personaxe, xa fora con maior ou menor protagonismo.

E non repararon en detalles de vestiario, atrezzo e esceario.

Nin escatimaron en exercicio físico. Moi profesionais!

Disque son a Compañía da galiña, e que houberon de superar moitos, moitísimos nervios; pero son unha compañía magnífica que nos fixo pasar un rato estupendo e ademais así, sendo el@s como páxinas vivas, «limos» o libro de Casares.

Tan profesionalmente acolleron a actividade, que ata se nos ía entregando

programa

segundo chegabamos á biblioteca un programa de man.

BRAVO!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aí vos queda o vídeo da representación íntegra: