Archivo del sitio

CONTOS DO ALÉN EN BIBLIOMALVEIRAS

A semana pasada con motivo do día das bibliotecas que se celebra sempre o 24 de outubro, foron baixando por separado á biblioteca os tres grupos de 1º da ESO para seguir afondando no coñecemento da organización da biblioteca e na procura dos seus recursos.

 

Hoxe día 30 de outubro, sen embargo, os tres grupos asistiron conxuntamente en Bibliomalveiras a unha actividade que tamén é propia da biblioteca: a animación á lectura e á transmisión oral das historias da nosa cultura. Ademais, este acto permitiunos poñer en práctica o lema das bibliotecas escolares deste curso APRENDENDO A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR.

 

E así, co gallo da celebración do samaín e tendo en conta a cristianización desta festa pagá adicando este día aos “fieis defuntos” (que se celebra o día 2 de novembro segundo o santoral católico), o alumnado de Valores Éticos de 1º ESO B, xunto coa súa profe Pilar Conde, presentounos unha lectura de casos de LENDAS TRADICIONAIS ARREDOR DOS MORTOS.

 

Para ambientar a sesión, a biblioteca preparou unha escenografía ao xeito (ollo ás marabillosas cabazas, prendidas no interior, que forman parte das que se presentan ao concurso de cabazas do samaín do centro)

 

e @s artistas vestíronse para a ocasión con roupas negras: capas, panos, pañoletas…

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

As lendas do alén selecciondas do libro LENDAS GALEGAS DE TRADICION ORAL foron lidas, léronse e relatáronse de memoria outros relatos recollidos polo alumnado de Valores Éticos entre os seus familiares e, ao final, bastantes asistentes como público tamén quixeron compartir con nós historias que lles sucederan en primeira persoa ou que lles contaran na familia.

 

Nun momento dado, o público estaba tan metido en fariña escoitando a escuras estas lendas do máis alá que se sobresaltou un ouco co primeiro flash das fotos que fomos sacando.

E por certo, algo de maxia de ultratumba logramos: fixádevos como se lles viraron os ollos brancos a algunhas persoas…

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios

A galiña azul estivo en Bibliomalveiras

 

Pois sí, aproveitando que este é o ano no que as LETRAS GALEGAS honran a Carlos Casares, a profe de Galego de 1º ESO A, Pilar Conde, e mais este grupo obsequiaron ao resto do alumnado do primeiro nivel cunha marabillosa representación da afamada obra deste autor: A galiña azul.

O acto (tras varios aprazamentos forzosos) tivo lugar o venres 2 de xuño, na última sesión.

galiña azul.6JPG

Á verdade é  que todas as persoas do grupo e maila profesora encarnaban a algún personaxe, xa fora con maior ou menor protagonismo.

E non repararon en detalles de vestiario, atrezzo e esceario.

Nin escatimaron en exercicio físico. Moi profesionais!

Disque son a Compañía da galiña, e que houberon de superar moitos, moitísimos nervios; pero son unha compañía magnífica que nos fixo pasar un rato estupendo e ademais así, sendo el@s como páxinas vivas, “limos” o libro de Casares.

Tan profesionalmente acolleron a actividade, que ata se nos ía entregando

programa

segundo chegabamos á biblioteca un programa de man.

BRAVO!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aí vos queda o vídeo da representación íntegra: