Archivo de la categoría: Novo do trinque

OS DEREITOS DAS MULLERES

HISTORIA DUNHA LOITA SEN FIN

Bibliomalveiras en colaboración co grupo de traballo de Igualdade (integrado por parte do profesorado do instituto) elaborou un cartaz para ilustrar a conquista dos dereitos acadados polas mulleres en España ao longo do século XX e o que levamos do XXI.

A través de códigos QR pódese ir accedendo directamente á información aloxada nun espazo virtual.

No propio recurso electrónico só precisas clicar nos puntos amarelos para abrir as páxinas cos correspondentes documentos que conteñen textos, imaxes e vídeos.

Enquisa do alumnado de ORATORIA arredor das actividades de lecer para a mocidade en Vilagarcía de Arousa.

O grupo de Oratoria de 3º ESO convida ao alumnado do IES O Carril a participar nunha sinxela enquisa anónima, aloxada na plataforma de formularios de Google, para elaborar despois un pequeno informe arredor das actividades de ocio que se ofrecen no concello de Vilagarcía de Arousa destinadas á mocidade.

Despois, comprométense a compartir a síntese dos resultados.

Animádevos a participar, só cómpre clicar no enlace e comezar. Pouquiño rato vos demorará. Graciñas por anticipado.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeVaR45nyXKVBQw1aGEeS0fhN5onEpu1Tt9gd6FY8ZmWMnmwg/viewform?usp=share_link

MIRADAS CADUCAS, de CLEOBULINA´S FILMS

As alumnas de Literatura Univdersal de 1º de Bacharelato crearon este fermoso vídeo para explicar a orixe dos mitos do amor romántico co obxecto de desmontalos, claro.

O traballo foi presentado no Auditorio Municipal, o 24 de novembro con motivo da celebración conxunta de todos os centros escolares de Vilagarcía de Arousa de actividades para contribuir desde a educación á eliminación das violencias machistas.

Agardemos que esta marabillosa produtora nos regale outros traballos.

Noraboa, rapazas!

Performance musical na biblioteca

Neste primeiro día de decembro, un grupo de alumnado de Música retomou a iniciativa das intervencións artísticas na biblioteca durante os recreos.

Este é o primeiro dos performances por sorpresa neste curso. Pero non será o único nin o último.

Desta vez, o agasallo consistiu en interpretar Hijo de la luna, de José María Cano, tema musical nada fácil, por certo.

Bravo pola vosa valentía e graciñas pola xenerosidade.

ENQUISA SOBRE O ACOSO NAS REDES ÁS RAPAZAS.

ROTEIRO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA POLO CARRIL

Un grupo do alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Carril, tivo a oportunidade de realizar o venres, 10 de xuño de 2022, un roteiro organizado polo Departamento de Historia e pola Biblioteca, para coñecer in situ parte da Memoria Democrática de Vilagarcía de Arousa, da man de pesrsoas que saben moito desta materia e que se esforzan por divulgar e compartir os seus coñecementos e de transmitir, para fortalecer, valores democráticos: Margarita Teijeiro Suárez, Antonio Caeiro e Xosé Castro Ratón. Incansables activistas os tres, comprometidos con múltiples iniciativas e que son responsables entre outras actividades das vencelladas ao Faiado da Memoria e á Memoria Democrática de Vilagarcía.

Dos ROTEIROS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA existentes no concello de Vilagarcía de Arousa, que mellor que empezar a coñecelos polo do Carril. E de feito, nin dou tempo a saír do Carril.

Esta tamén é unha actividade de lectura no sentido máis amplo do concepto.

SUXESTIÓNS MAIO

LETRAS GALEGAS 2022 NO IES O CARRIL

E-LBE.2, a plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais para escolares

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia puxo en marcha E-LBE.2, a plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais escollidos segundo os intereses dos escolares. Este servizo está vencellado ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos públicos integrados no PLAMBE. Ese é o caso do IES O Carril. Hai dispoñibles 3000 contidos dixitais en galego e castelán para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos e mesmo de modo simultáneo (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar.

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

CALIGRAMAS

Como se adiantaba nunha entrada anterior, xa está instalada a exposición de caligramas presentados á convocatoria do concurso, unha das actividades organizadas no instituro con motivo do DÍA DA POESÍA.

Os caligramas están pendurados no segundo andar. Para elixir de entre todos os presentados aos gañadores, alumnado e profesorado podemos votar.