Archivo del sitio

MES DAS LETRAS

O MES DAS LETRAS que celebramos desde o 23 de abril ao 17 de maio e que neste curso incluimos a instalación dos rótulos identificativos das árbores do noso espazo verde,

 

 

 

 

rematou este ano coa visita a Bibliomalveiras de Xavier Senín, escritor, tradutor, editor, colaborador xornalístico e, entre outros moitos cargos desempeñados, ex Director Xeral do Libro da Xunta de Galicia.

IMG_5153

Xavier Senín achegouse onda nós para trasladarns os seus fondos coñecementos sobre María Victoria Moreno,

IMG_2114

quen fora a súa amiga persoal, e da que ven de publicar unha biograía en colaboración con Isabel Soto: María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, 2018, Edicións Xerais.

FullSizeRender(60)

Este acto foi organizado polos profesores de galego Pilar conde e Miguel Barros, que á súa vez son amigos de Xavier. e desta fermosa cadea de amizades beneficiouse o alumnado de 1º da ESO.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os libros escritos por María Victoria Moreno cos que contamos na biblioteca son estes:

A CARA OCULTA DOS VERSOS

A CARA OCULTA DOS VERSOS mostra a intervención artística nun conxunto de poemarios realizada pola pintora MARÍA  ISABEL  PINTADO. 

Esta exposición enmarcada no contexto do MES DAS LETRAS (do 23 de abril ao 17 de maio) permanecerá instalada na biblioteca desde o días 8  ata o venres, 11 de maio.

IMG_5014

Esta artista presentou a súa exposición explicando o sentido e mailo contido da súa obra (na que conxuga a lectura reflexiva da poesía e a inspiración convertida en arte plástica) ao alumnado do Bacharelato de Artes de 1º e 2º de Bacharelato na tarde deste martes.

 

Durante as xornadas seguintes, e a excepción do servicio de préstamo nos recreos, a biblioteca quedará exclusivamente destinada ás visitas á exposición do alumnado  acompañado do correspondente profesorado.

A artista foi presentada por Nerea Loureiro, alumna de 2º de Bacharelato C e membro do Club de lectura TIRA DA PÁXINA.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

MES DAS LETRAS 2018

Como todos os anos, este último 23 de abril entramos no MES DAS LETRAS que se prolongará ata o 17 de maio.

23 abril Quijote

A primeira actividade de seu, programada en colaboración co Club de lectura TIRA DA PÁXINA, consiste nunha exposición na que se mostran as intervencións artísticas da pintora Mª Isabel Pintado nunha colección de poemarios.

O fermoso cartel para publicitar esta exposición foi realizado por Ana Mª Dopico,  alumna de 2º Bacharelato C e membro do Club de lectura

IMG_4922

8-11 maio

Ramón no Carril

 

Cartel Ramón

Coa mestría e a calidez á que nos ten afeit@s, Ramón enmarcou o contexto histórico, cultural e literario no que Carlos Casares produciu a súa obra literaria e xornalística ao longo de varias décadas da súa vida, arrancando na dictadura franquista e ata a súa morte.

Ademais, tróuxonos exemplares dos libros deste autor ao que se homenaxea neste ano e permitiu que leramos proxectados na pantalla anacos escollidos previamente por el.

Que sorte que tivemos de contar tamén esta vez coa xenerosidade e a valía de Ramón!

 

Antón co club de lectura TIRA DA PÁXINA»

Tal e como estaba previsto, celebrouse o acto de presentación do poemario de Antón Blanco, A oseira, en Bibliomalveiras.

La Voz de Galicia fíxose eco do acto na edición de Arousa cunha nota redactada de modo moi afortunado e certo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/26/span-langglprimeiro-poemario-anton-blancospan/0003_201704A26C119916.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/04/27/anton-blanco-regresa-carril/0003_201704A27C11996.htm

 

E o Faro de Vigo tamén deu conta do acto

IMG_1660 (2)_LI

Os membros do club de lectura estiveron á altura de tan especial ocasión e formuláronlle a Antón moitas e moi intelixentes cuestións que el foi atendendo con detalle e moita xenerosidade.

Cada membro do club leu cadanseu poema escollido de A oseira, e Antón obsequióunos coa lectura de material poético inédito. Ademais, avanzounos que moi pronto aparecerá parte da súa produción publicada por Galaxia.

Á verdade é que quen tivemos a sorte de asistir (profes e alumnado interesado de 4º e de 1º Bacharelato) aprendemos non só do poeta, senón tamén das reflexións d@s alumn@s do club de lectura TIRA DA PÁXINA.

Esta sesión resultou unha dobre delicia: unha, polo valor intrínseco do tratamento do feito poético, e outra, pola condición dos participantes.

En canto sexa posible, colgaremos o vídeo e transcribiremos a conversa con Antón.

Para o profesorado do instituto de antes e de agora, ocasións coma esta reconfortan moitísimo.

Así que estamos tod@s de noraboa, moi especialmente Parabéns para Tareixa! que coordina con tan boa man o club de lectura, por contarmos con xente nova de probada valía no noso centro.

Graciñas e parabéns, Antón, pola túa colaboración tan cálida e por compartir con nós o teu éxito.

E graciñas e parabéns a Lara, Antía, Nerea, Cristina e Ismael polo seu excelente traballo!

Velaí o vídeo deste acto tan especial

 

ANTÓN BLANCO presenta «A oseira»

Este mércores, 26 de abril de 2016, na 4ª sesión terá lugar a presentación en Bibliomalveiras do primeiro poemario do antigo alumno do instituto Antón Blanco, titulado A oseira . Este acto inscríbese no contexto do MES DAS LETRAS, que desde hai anos no noso instituto se inicia co 23 de abril (día do libro) e abrangue ata o 17 de maio, día das Letras Galegas.

Antón_Blanco_Casás_na_presentación_de_A_oseira_en_Ourense_7-7-2016

A actividade está organizada polo equipo de profes da biblioteca e polos membros do club de lectura TIRA DA PÁXINA en quen recaerá  a maior parte da conducción do acto, coordinados pola súa profesora Tareixa Escariz.

Como asistentes a esta presentación tan especial para o centro, apuntáronse voluntariamente case medio cento de persoas de 4º ESO e 1º de Bacharelato moi interesadas en compartir un rato inesquecible con Antón, para coñecelo mellor e gozar dos seus poemas.

A oseira

O libro xa foi presentado na libraría Espazo Lector Nobel de Vilagarcía (27 de xuño de 2016), na libraría Chan da pólvora, en Compostela (1 de xullo de 2016), en Ourense (7 de xullo de 2016) e en Vigo (28 de setembro de 2016).

Para Bibliomalveiras e para o instituto, como non pode ser doutro xeito, supón unha enorme satisfacción e un orgullo contar cun dos novos potas galegos tan louvado pola crítica, e que por riba foi alumno non hai tanto neste centro.

Antón Blanco Casás resultou distinguido co PREMIO MINERVA DE POESÍA no 2014,  e con tal motivo daquela adicóuselle un acto no que estivo acompañado polos membros do Taller de poesía do instituto, dirixido por Augusto Guedes, ao que el tamén pertencía.

FullSizeRender (5)

Antón constitúe todo un referente de prestixio como persoa, como estudante e como poeta.

DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL.

Este domingo celébrase o Día do libro como todos os 23 de abril. A data ten que ver coa festa catalana do San Xurxo, pero coincide tamén co aniverdario do pasamento de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, quen morreron en 1616.

Neste ano, o Premio Cervantes que se outorga co motivo desta efemérides foi recollido polo novelista catalán Eduardo Mendoza.

FullSizeRender (3)

En Bibliomalveiras e no instituto en xeral dá comezo o MES DAS LETRAS que irá correndo cara o Día das Letras Galegas.

Así que nas vindeiras semanas sucederánse diferentes actividades especialmente vencelladas á poesía, por unha banda, e a honrar á figura e a obra de Carlos Casares, por outra.

E por certo, estreamos cartelería propia divulgando os servizos da biblioteca que ata agora só figuraba como infografía no blog.

OUTRO NOVO MES DAS LETRAS

Cando chega o 23 de abril, data do aniversario dos pasamentos de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, dáse inicio no instituto do Carril ao MES DAS LETRAS que se prolonga ata o 17 de maio, día no que se celebra o venturoso aniversario da publicación do  poemario de Rosalía de Castro titulado Cantares Gallegos.

IMG_1117

Neste 2016, demos comezo a esta serie de actividades que se concentran nestas semanas coa convocatoria dos certames de videopoemas e monólogos científicos.

O venres 22 proxetouse na pantalla do vestíbulo da planta baixa o primeiro capítulo da serie de TVE de EL QUIJOTE, para lembrar ao seu autor no cuarto centenario da súa morte.

Nesta derradeira semana de abril un estupendo grupo de alumnas de 2º de Baharelato de Artes e da materia de Historia Universal de 1º de Bacharelato, ofreceron respectivamente

  • unha lectura dramatizada de pasaxes de El Quijote a cada un dos grupos de 1º ESO,IMG_1109
  • e un fermoso recital poético de obras escollidas de autoras contemporáneas, destinado ao alumnado de 4º da ESO.

IMG_1116.JPG

Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO quixo ir devolver a visita ao 2º de Bacharelato para lerlles tamén un capítulo da Segunda Parte de El Quijote.

 

Sócrates+Elías2Sócrates+Elías

En todos os casos, o público soubo aprezar a calidade literaria dos textos seleccionados e disfrutou do bo facer das súas compañeiras maiores.

As auxiliares de Bibliomalveiras elaboraron e pegaron anuncios propoñendo lecturas que elas mesmas disfrutaron.

 pared donde los árboles cantan

 

 

 

Pared a praia dos afogados.png

 

 

 

 

 

El señor de los anillos.png

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pero non so contan as letras, tamén se miman as matemáticas

IMG_1114

E así Sin título

E así imos entrando no mes de maio

IMG_1118IMG_1119

 

 

El señor de los anillos.png

Presentación do libro A PORTA DE EUROPA

IMG_0682

Este martes, 12 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a afortunada oportunidade de recibir a Sabela Muñiz.

IMG_0665

Esta escritora non só veu a Blibliomalveiras para presentar o seu libro, senón tamén para achegarnos a súa experiencia creativa, o proceso de elaboración literaria, os esforzos da edición e da distribución e outros aspectos vencellados ao seu traballo.

IMG_0675

A porta de Europa, de Sabela Muñiz, e a segunda novela desta xoven autora vilagarciá publicada por Redelibros Editorial.

IMG_0664

Trátase dunha novela negra innovadora, que mestura suspense e ficción, pero na que se poden recoñecer perfectamente persoas, escenarios e situacións reais da sociedade galega a través do relato do enfrontamento de dúas familias de narcos pelexando polo control do territorio. Por outra banda, tamén ofrece a posibilidade de reflexionar sobre cuestións tan relevantes como a relixión, política, costumes, leis, narcotráfico, etc.

IMG_0677 IMG_0678 IMG_0681

Resolución dun crime literario: El extraño caso del Doctor Jekyll y Míster Hide

Algunhas persoas están a recibir bonitiñas recompensas seguindo os concursos da resolución de relatos literarios. Por se se anima alguén, de momento estamos con este:

concurso jekyll

imagejekyll