Archivo de la categoría: O Carril

Clase maxistral de Historia e Memoria democrática impartida por Marcelino Abuín

Enquisa do alumnado de ORATORIA arredor das actividades de lecer para a mocidade en Vilagarcía de Arousa.

O grupo de Oratoria de 3º ESO convida ao alumnado do IES O Carril a participar nunha sinxela enquisa anónima, aloxada na plataforma de formularios de Google, para elaborar despois un pequeno informe arredor das actividades de ocio que se ofrecen no concello de Vilagarcía de Arousa destinadas á mocidade.

Despois, comprométense a compartir a síntese dos resultados.

Animádevos a participar, só cómpre clicar no enlace e comezar. Pouquiño rato vos demorará. Graciñas por anticipado.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeVaR45nyXKVBQw1aGEeS0fhN5onEpu1Tt9gd6FY8ZmWMnmwg/viewform?usp=share_link

ENQUISA SOBRE O ACOSO NAS REDES ÁS RAPAZAS.

ROTEIRO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA POLO CARRIL

Un grupo do alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Carril, tivo a oportunidade de realizar o venres, 10 de xuño de 2022, un roteiro organizado polo Departamento de Historia e pola Biblioteca, para coñecer in situ parte da Memoria Democrática de Vilagarcía de Arousa, da man de pesrsoas que saben moito desta materia e que se esforzan por divulgar e compartir os seus coñecementos e de transmitir, para fortalecer, valores democráticos: Margarita Teijeiro Suárez, Antonio Caeiro e Xosé Castro Ratón. Incansables activistas os tres, comprometidos con múltiples iniciativas e que son responsables entre outras actividades das vencelladas ao Faiado da Memoria e á Memoria Democrática de Vilagarcía.

Dos ROTEIROS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA existentes no concello de Vilagarcía de Arousa, que mellor que empezar a coñecelos polo do Carril. E de feito, nin dou tempo a saír do Carril.

Esta tamén é unha actividade de lectura no sentido máis amplo do concepto.

8M: Actividades organizadas polo profesorado do grupo de Igualdade do instituto do Carril

No marco da conmemoración do 8M o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES O Carril participou o venres 18 de marzo pola mañá nun encontro cos colectivos feministas “O Soño de Lilith” e “Feministas de Catoira” no auditorio municipal de Vilagarcía.

Daisy Alcalde e Alejandra Muñiz, representantes da asociación vilagarciana “O Soño de Lilith”, e Vanessa Pérez e Cristina Longo, voceiras de “Feministas de Catoira”, expuxeron a traxectoria das dúas asociacións, as súas motivacións e os obxectivos fundamentais do seu traballo para a concienciación a prol da igualdade e responderon ás preguntas dun alumnado que se amosou participativo e moi interesado. Explicaron e defenderon un feministo transversal onde a loita feminista vai da man da ecoloxía, do antirracismo e da defensa dos dereitos LGTBI+. Subliñaron, pois, a importancia de construír un mundo máis xusto sen opresións e no que as diferenzas non supoñan desiguais oportunidades, tratos ou dereitos.

Daisy Alcalde e Cristina Longo son antigas alumnas do noso instituto.

Este acto veuse a sumar ás actividades que nesta semana organizou o grupo de Igualdade do instituto do Carril, que acolle neste momento a exposición da V Edición de Festivala: mulleres creando, facilitada pola asociación “O Soño de Lilith” coa colaboración do concello de Vilagarcía.

Entre outras actividades, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o labor e as reivindicacións da asociación de mariscadoras “Amarcarril” da man de Inma Otero, Rita Vidal e Pupe Jueguen, que visitaron o centro o pasado xoves 17, achegando materiais divulgativos e mesmo ferramentas de traballo.

Os actos do 8M completaron o coñecemento da situación actual das mulleres coa análise da historia dos seus dereitos. Esta quere ser graficamente plasmada nun estudo do alumnado de 3º ESO, que está a elaborar a “Liña do tempo dos dereitos das mulleres” para reflectir o difícil camiño da reivindicación.

Lecturas compartidas do club de lectura TIRA DA PÁXINA co CEIP ROSALÍA DE CASTRO

O grupo de 2º ESO do noso club de lectura TIRA DA PÁXINA cumpriu onte, martes 19 de novembro, co compromiso contraído co CEIP Plurilingüe ROSALÍA DE CASTRO no pasado curso. No terceiro trimestre fora o alumnado de 6º de Primaria do club de lectura OS LÓSTREGOS deste centro quen acudira a Bibliomalveiras para participar nunha primeira sesión de lecturas compartidas.

As «artistas» fixeron dous pases para o alumnado de Educación Infantil e tanto na primeira como na segunda sesión o seu público estivo igual de atento que de participativo. E ¡ollo! que esta xentiña miúda non disimula se algo non lle gusta.

Regina, a coordinadora do club de lectura OS LÓSTREGOS, en especial e máis o resto do profesorado organizaron unha agarimosa acollida que facilitou moitísimo a actividade. Ademais, esta mesma profe aproveitou para facerlles ás alumnas do instituto unha entrevista para a radio do colexio.

As nosas rapazas reveláronse como unhas perfectas contacontos que cantaron e animaron ás nenas e nenos do cole. Acompañadas polo mestre, Miguel Barros, que regresou por uns instantes ao seu antigo centro, por Manuela e por Pilar, a coordinadora do club de lectura do instituto e consagrada «teatreira» onde as haxa, resultaron ser dignas «titiriteiras» discípulas súas.

A ver se repetimos outra vez a experiencia de lecturas compartidas de ida e volta.

¡¡¡Noraboa!!!

https://www.ivoox.com/44627744

<a href=»https://www.ivoox.com/entrevista-club-lectura-tira-da-paxina-audios-mp3_rf_44627744_1.html» title=»Entrevista Club de Lectura Tira da Páxina»>Ir a descargar</a>

Enlace ao blog do CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO

O EQUIPO DOS RÓTULOS AGASALLADO

O profesorado da Biblioteca e Xela quixemos premiar o traballo do equipo de rapazas e rapaces de 1º ESO que duurante todo o curso, capitanead@s por David, dedicaron moitos dos seus tempos do recreo a serigrafiar as plaquiñas de madeira cos rótulos identificativos de todas as especies arbóreas que nos faltaban e de todas as especies arbustivas do espazo verde do noso instituto.

Aínda falta colocar a maioría delas no seu sitio, pero xa as temos todas feitas. Así que no vindeiro curso organizaremos unha pequena festa para inaugurar a instalación ao completo de todas.

Noraboa e moitas grazas a tod@s e a Xela e a José Manuel Longo tamén.

OS LÓSTREGOS DO CEIP DO CARRIL EN BIBLIOMALVEIRAS

Despois de ter que aprazar a visita do club de lectura do colexio do Carril pola cicloxénese explosiva que nos visitou algo fóra de temporada o xoves pasado, día 6 de xuño, recibimos a Os lóstregos, a súa profe Regina e máis a Merche en Bibliomalveiras. Xa o adiantamos:

FOI UN ÉXITO ROTUNDO!

QUE BEN O FIXERON!!!!!

Así pois, este venres 14 de xuño, entre as 11.45 e ás 12.45 h. o alumnado de 1º ESO do Club de lectura “Tira da páxina” do IES  do Carril “Miguel Ángel González Estévez” recibiu aos membros do club de lectura «Os lóstregos» do colexio CEIP PLURILINGÜE “ROSALÍA DE CASTRO” tamén do Carril. Tamén participou como público parte do alumnado de 1º ESO.

Este acto inscríbese na modalidade de lecturas compartidas desenvolvidas por cada un dos dous clubs de lectura. Pero ademais de promocionar e premiar o gusto pola lectura, o profesorado implicado nesta colaboración pretende reforzar a relación entre o alumnado e o profesorado de ambos os dous centros, toda vez que este colexio de Infantil e Primaria está adscrito a este instituto. Daquela, pódese considerar que os membros do club de lectura «Os lóstregos» que cursan 6º de Primaria, realizaron a súa primeira actividade na biblioteca do que nuns meses vai ser o seu novo centro de ensino secundario.

O club de lectura «Os lóstregos» do colexio “ROSALÍA DE CASTRO” botou a andar no ano 2017 e os seus integrantes actuais coordinados pola profesora responsable deste club, Regina Álvarez Barreiro, son Antía, Martina, Lucía, Lara, Hana, Alexandra, Fátima, Javi Torres, Javi Castro, Jairo, Félix, Dani, Sofía e Ainhoa.

Pola súa banda, o Club de lectura “Tira da páxina” xa cumpriu os 10 anos de existencia e neste curso conta con tres grupos de alumnado, un de Bacharelato, outro de 2º e 3º de ESO  e este de 1º ESO a quen lle tocou facer de anfitrión para os rapaces e rapazas que a bo seguro se converterán en colegas á volta do verán.

Esta colaboración entre os dous clubs de lectura nace coa intención de medrar no tempo e de feito xa hai programadas novas actividades para o vindeiro curso escolar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

No blog da biblioteca do colexio do Carril tamén fixeron unha entrada e colgaron un vídeo da actividade:

http://abibliotecadepanchoeflora.blogspot.com/

Recepción do freixo de Xela o 12 de marzo

O espazo verde do IES Carril (está colgada neste blog a súa versión electrónica)  foi editado neste centro no ano 2016 para reflectir un longo proceso que, desde o ano 1994, transformou o solar no que se edificaron as instalación do instituto nun fermoso, diverso e acolledor espazo verde. Nos últimos tres anos chegaron novas incorporacións que non están recollidas, claro está, no noso libro: un carballiño, unha fotinia, un arce.

 

Desta volta tocounos un freixo que regala Xela Cid no seu derradeiro curso antes de se xubilar. E como había que plantalo en tempo, plantouse xa na primeira semana de febreiro. Vaia, que o plantaron entre Xela e mais un grupiño de 1º ESO capitaneados por Kevin e David, quen ademais se encargan con tesón de realizar os rótulos identificadores das árbores deseñados por Maica Fernández, e máis axudan ao profe Xosé Manuel Longo a colocalos despois no seu emprazamento correspondente.

 

Este vindeiro día 12 de marzo, no segundo recreo, celebrarase a recepción oficial do novo exemplar, se o tempo climatolóxico non se pon moi bravo, na parte traseira a onde dan as ventás dos despachos de dirección e máis as da aula de volume. Estades tod@s convidad@s.

bb9dd0bf-a211-478a-b942-4f9f8d976acf

Documental sobre Cortegada, por Antón Costa

En las clases de LCL de 1º de ESO, la profe Clara Piñeiro le propuso al alumnado la preparación de un trabajo oral para exponer en el aula.

Antón Costa decidió elaborar un vídeo documental sobre la isla de Cortegada que, situada frente a O Carril, pertenece al Parque Nacional das Illas Atlánticas desde su declaración en 2002.

 

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Cortegada en Patrimonio de Vilagarcía

Turismo de Galicia